Materia obrigatoria centrada nos cultivos celulares animais e vexetais, así como nos fundamentos e aplicacións de técnicas de microscopía, análise de imaxe, citometría de fluxo e análise de cromosomas.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A1
Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco
A2
Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións
A13
Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación
B3
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B4
Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio
C1
Capacidade de expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3
Capacidade de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C9
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Coñecer os fundamentos teóricos nos que se basean técnicas relativas a microscopía (e análise de imaxe), cultivos celulares (vexetais e animais), citometría de fluxo e citoxenética.
AI1 AI2
CM1 CM8
Adquirir as destrezas básicas no manexo e uso da aparataxe e instrumental requirido para o desenvolvemento de técnicas celulares.
AI1 AI2 AI13
CM3
Coñecer as aplicacións de distintas técnicas celulares.
AI2
CM1 CM8
Deseñar, planificar e desenvolver experimentos en relación coas técnicas aprendidas.
AI1 AI2
BI3 BI4
CM3 CM9
Contidos
Temas
Subtemas
Microscopía e análise de imaxe
Fundamentos, técnicas e aplicacións de microscopía óptica e electrónica.
Microscopía de fluorescencia e de varrido confocal: técnicas avanzadas de fluorescencia e aplicacións.
Introdución ás técnicas de procesado e análise de imaxe.
Cultivos celulares
Introdución aos cultivos celulares. Tipos de cultivos. Requirimentos dos cultivos celulares. Cuantificación de parámetros celulares. Contaminacións. Citotoxicidade.
Cultivos in vitro de tecidos vexetais. Calos. Cultivo de células vexetais en suspensión.
Citometría de fluxo
Principios e métodos xerais de citometría.
Preparación de mostras e estandarización de protocolos de análise.
Análise funcional de células.
Técnicas Citoxenéticas
Obtención de preparacións cromosómicas. Tinción e bandeo cromosómico. Hibridación in situ fluorescente (FISH) estándar. Técnicas avanzadas de FISH.
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
A2
14
28
42
Prácticas de laboratorio
A2 A1 A13 B3 B4
28
42
70
Traballos tutelados
A2 B3 B4 C1 C3 C8 C9
0
19
19
Proba mixta
A2 B3
2
15
17
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
Exposición por parte do profesor dos fundamentos e aspectos teórico-prácticos relacionados coas distintas técnicas empregadas en Bioloxía Celular.
Prácticas de laboratorio
As prácticas representan unha parte indispensable da materia e nelas abordaranse aspectos prácticos e aplicacións das distintas técnicas celulares. Desenvolveranse en laboratorios e instalacións específicas: laboratorios da Facultade de Ciencias, laboratorios do Instituto de Investigacións Biomédicas (INIBIC) e Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.
O alumno desenvolverá protocolos de laboratorio e asistirá a demostracións de uso de equipos de investigación.
Traballos tutelados
Elaboración de traballos e/ou resolución de cuestionarios e problemas sobre aspectos concretos das técnicas utilizadas.
Proba mixta
Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou de resposta curta sobre aspectos teóricos, prácticos e aplicacións das técnicas tratadas.
Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Titorías personalizadas ou en grupo dedicadas á resolución de dúbidas e a proporcionar orientación sobre as actividades programadas. As tutorías personalizadas poderán ser realizadas vía telefónica e/ou telemática.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Proba mixta
A2 B3
Valorarase a adquisición de coñecementos sobre os fundamentos teóricos e aplicacións, claridade das explicacións, capacidade de integrar e relacionar a información tratada e a capacidade de interpretar datos e resolver problemas.
50
Prácticas de laboratorio
A2 A1 A13 B3 B4
Valorarase a implicación, a destreza nas tarefas planificadas e o coñecemento dos riscos potenciais que leva consigo o desenvolvemento destas.
20
Traballos tutelados
A2 B3 B4 C1 C3 C8 C9
Valorarase a capacidade de deseñar e planificar experimentos, interpretar datos e/ou resolver cuestionarios.
30
Observacións avaliación
A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser avaliado.
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade da convocatoria, as cualificacións obtidas nos traballos tutelados e prácticas conservaranse para a segunda oportunidade.
As matrículas de honra outorgaranse preferentemente entre os estudiantes (presenciáis e non presenciáis) presentados na avaliación correspondente á primeira oportunidade da convocatoria.
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.
Fontes de información
Bibliografía básica
CULTIVOS CELULARES
Basra, A.S. (2000). Plant growth regulators in agriculture and horticulture. Their role and commercial uses. Ed. Food Products Press.
Benítez Burraco, A. (2005). Avances recientes en Biotecnología vegetal e ingeniería genética de plantas. Editorial Reverté.
Boulton, A.A. e col. (1992). Practical cell culture techniques. Humana Press.
Butler, M. (2008). Animal cell culture and technology. Taylor & Francis, 2nd edition.
Capes-Davis, A. (2021). Freshney's culture of animalcells: a manual of basic technique and specialized applications.Wiley-Blackwell. 8th edition.
Collin, H.A. e Edwars, S. (1998). Plant cell culture. Guilford Bios Scientific Publishers.
Doyle, A. e Griffiths, J.B. (2000). Cell and tissue culture for medical research. John Wiley and Sons.
Fedoroff, S. e Richardson, A. (1992). Protocols for neural cell culture. Humana Press.
Hammond, J., McGarvey, P., Yusibov, V. (1999). Plant Biotechnology. New products and Applications. Springer Verlag.
Loyola-Vargas, V.M. e Vázquez-Flota F. (2006). Plant cell culture protocols. Humana Press. 2nd Edition.
Pollard, J.W. e Walker, J.M. (1997). Basic cell culture protocols. Humana Press.
Shaw, A.J. (1996). Epithelial cell culture. A practical approach. Oxford University Press.
Taji, A., Kumar, P., Lakshmanan, P. (2002). In vitro plant breeeding. Food Products Press.
Trigiano, R.N. e Gray, D.J. (2004). Plant development and biotechnology. CRC Press.
Tzfira, T. e Citovsky, V. (2006). Agrobacterium-mediated genetic transformation of plants: biology and biotechnology. Curr. Opin. Biotechnol. 17:147–154.
Vunjak-Novakovic, G.& Freshney, R.I. (2006). Culture of cells for tissue engineering. Wiley-Liss, Inc.
TÉCNICAS DE MICROSCOPÍA E ANÁLISE DE IMAXE
Watt, Ian M. (1996). The principles and practice of electron microscopy. Cambridge University Press
Hoppert, M. (1998). Electron microscopy in microbiology. Bios Scientific Publishers
Bozzola, John J. (1999).Electron microscopy : principles and techniques for biologists. Jones and Bartlett Publishers.
Dykstra, Michael J. (2003). Biological electron microscopy theory, techniques, and troubleshooting. Kluwer Academic/Plenum Publishers
Robin Harris. (1991). Electron microscopy in biology a practical approach. Oxford University Press.
Hunter, Elaine Evelyn. (1984). Practical electron microscopy a beginner's illustrated guide. Praeger, cop.
Slayter, Elizabeth M. (2000). Light and electron microscopy. Cambridge University Press
Herman, B. (1998). Fluorescence microscopy. Bios Scientific Publishers
Donat-P. Häder. (1992). Image analysis in biology. CRC Press, cop.
Pertusa, JF. (2003). Técnicas de Análisis de imagen. Aplicaciones en Biología. Publicaciones de la Universidad de Valencia.
CITOMETRÍA DE FLUXO
Ormerod, M.G. (2009). Flow Cytometry: A Basic Introduction. 2a Ed. IRL Practical Approach series. Oxford University Press.
En esta materia terase presente a perspectiva de xénero, non se tolerarán actitudes sexistas e fomentaranse os valores de respecto e igualdade.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir una contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da “Declaración Ambiental da facultade de Ciencias (2020)”, os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías