Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario |
A13 |
Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación |
B7 |
Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade |
B8 |
Capacidade de razoamento crítico e compromiso ético coa sociedade: sensibilidade fronte aos problemas bioéticos e aos relacionados coa conservación de recursos naturais |
B9 |
Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo |
B11 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en entornos novos |
B12 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados na información, que, por ser incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades éticas e sociais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B13 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, o coñecemento e as últimas razóns que os apoian a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos para a inserción profesional con criterios de innovación |
AI3 AI13
|
BI7 BI8 BI9 BM2 BM3 BM4
|
CM5 CM7 CM8 CM9
|
Coñecer e aplicar a metodoloxía básica para elaborar un plan de negocio |
AI16 AI16
|
BI10 BI10 BI10 BM6 BM6 BM6
|
CM11 CM11 CM11 CM11
|
Coñecer de forma básica os procesos de xestión nas empresas |
AI16 AI16
|
BI10 BI10 BI10 BM6 BM6 BM6
|
CM11 CM11 CM11 CM11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Innovación, emprendemento e autoemprego |
Conceptos básicos de emprendemento e autoemprego
Importancia do emprendemento biotecnolóxico nos avances sociais e económicos dunha sociedade
Situación da UE e de España. Paradoxo europeo.
Tipos de emprendemento segundo o propósito e o seu nivel de innovación |
Metodoloxía de emprendemento e plans de negocio |
Ciclo de vida dunha empresa biotecnolóxica
Etapas do emprendemento biotecnolóxico.
Compoñentes dun modelo de negocio |
As empresas do sector biosanitario e biotecnolóxico |
Características específicas
Casos de éxito
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A3 A13 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B7 B9 C5 C7 C8 C9 C7 |
5 |
40 |
45 |
Seminario |
A13 B8 B11 B12 B13 C5 C8 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A3 A13 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 |
12 |
12 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Atenderanse todos as dúbidas expostas no horario de titorías vía Teams |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A3 A13 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B7 B9 C5 C7 C8 C9 C7 |
Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. |
100 |
|
Observacións avaliación |
1. Condicións de avaliación: Vía Teams/Moodle B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
César Ullastres (2012). Diez casos de éxito de empresas biotecnológicas en España. Genoma
Tomaso Canonici y Antonio Núñez (2019). El líder ante la innovación . Opinno and Parangon Partners
Alexandre Osterwalder & Yves Pigneur (2012). Generación de modelos de negocio. Deusto
Xavier Vence Deza y David Rodeiro Pazos (2014). Innovación y emprendimiento con base en las ciencias. Universidade de Santiago de Compostela |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquecias ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|