Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco |
A2 |
Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións |
A6 |
Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión génica e variabilidade xenética |
A7 |
Capacidade de coñecer e analizar sistemas celulares específicos como células nai, neuronas, células do sistema inmune, ou outras células relacionadas con diversas patoloxías |
A8 |
Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado |
B3 |
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas |
B4 |
Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo: que sexan capaces de manter relacións interpersoais eficaces nun contexto de traballo interdisciplinar e internacional con respecto á diversidade cultural |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprenda os tipos de respostas inmunolóxicas básicas, desencadeadas ante o recoñecemento dun patógeno ou un antígeno, e os mecanismos efectores e reguladores implicados en cada unha delas. |
AI14 AI14 AI14
|
|
|
Aprenda as técnicas e protocolos básicos e adquira a habilidade necesaria para manexar, de forma segura, o material que se utiliza no laboratorio e para organizar o traballo no mesmo. Ademais aprenderá a recoñecer a importancia da súa utilización en diferentes contextos.
|
AI1 AI2
|
|
|
Comprenda os tipos de respostas inmunolóxicas básicas, desencadeadas ante o recoñecemento dun patógeno ou un antígeno, e os mecanismos efectores e reguladores implicados en cada unha delas. |
AI6 AI7 AI8
|
|
|
Ao final do master, espérase que o alumno coñeza os compoñentes moleculares, celulares, tisulares e orgánicos do sistema inmunitario, e comprenda o seu funcionamento integrado en condicións de saúde e de enfermidade |
AI7 AI8
|
|
|
Colabore na realización dun traballo en grupos pequenos (2 persoas máximo), sobre algun aspecto dos contidos do programa teórico da materia. Para elo terá que reunir a información adecuada, organizar o traballo, estudar os recursos dos que dispón e xestionar o tempo para a súa realización. Tras a súa elaboración o traballo será exposto oralmente polos seus autores, empregando a terminoloxía adecuada a materia e apoiándose en ferramentas informáticas. |
|
BI3 BI4 BI6
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Programa do curso teórico: |
Subtemas do programa do curso teórico: |
CAP. 1: Introdución á Inmunología. |
- Curta reseña histórica |
Cap. 2: Compoñentes do sistema inmune. |
- Células do sistema inmune: xénese e liñaxes. Órganos linfoides primarios e secundarios: estrutura e función. Circulación linfocitaria: Tráfico celular e moléculas implicadas.
|
Cap. 3. O sistema inmune innato. |
- Concepto. Caracteristicas. Barreiras físicas, químicas e biolóxicas de defensa. Compoñentes celulares. Compoñentes humorales. Receptores do sistema inmune innato. Mecanismos efectores da inmunidade innata. Fagocitosis e inflamación: fases, células e moléculas efectoras implicadas. Interaccións coa resposta adaptativa. |
Cap. 4. O sistema inmune adaptativo/especifico. |
- Concepto. Características e propiedades (especificidade, carácter clonal, adaptabilidad, memoria). Compoñentes celulares: Linfocitos B e T. Células presentadoras de antígenos. Fases do mecanismo adaptativo. O recoñecemento do antígeno: Receptor superficial dos linfocitos T (RCT) e B (RCB). Fase de activación e proliferación celular: Mecanismo de selección e expansión clonal. Fase de diferenciación celular: Diferenciación dos linfocitos T e B. Fase efectora. Mecanismos inmunitarios: Inmunidade celular. Inmunidade humoral. |
Cap. 5. Antígenos/inmunógenos/haptenos. |
- Concepto de antíxeno. Natureza química. Propiedades. Concepto de inmunóxeno. Concepto de epítopo: natureza e tipos. Haptenos e conxugados hapteno-portador. Tipos de antígenos: secuenciais conformacionais, T dependentes e independentes. Multivalentes, Superantíxenos, Autoantíxenos e Mitóxenos. |
Cap 6. Anticorpos (inmunoglobulinas). |
- Concepto. Estrutura molecular: caracteres. Rexións variables e a súa unión ao antígeno. Rexións constantes e función efectora. Clasificación (clases, subclases). Expresión: Inmunoglobulinas de membrana e secretadas. Funcións biolóxicas e distribución dos anticorpos. |
Cap.7. Reaccións antíxeno-anticorpo. |
-Estrutura do parátopo. Complementa-riedade entre antíxeno e anticorpo. Caracteres da unión antíxeno-anti-corpo: afinidade, avidez e especificidade. Significado biolóxico: neutralización, opsonización, activación do comple-mento, citotoxicidad celular dependente de anticorpo (ADCC). |
Cap. 8. Citoquinas. |
- Concepto. Propiedades xerais. Mecanismos de acción biolóxica. Receptores de citocinas: tipos. Regulación dos efectos das citocinas. Clasificación funcional: citocinas que median as respostas inmunes. |
Cap. 9. O sistema do complemento. |
- Concepto. Compoñentes.
Nomenclatura. Activación do sistema do complemento: Vía alternativa. Vía clásica. Vía das lectinas. Vía lítica. Receptores das proteínas do complemento. Regulación. Funcións biolóxicas. |
Cap. 10. . Moléculas de histocompatibilidade |
- Concepto. Complexo principal de histocompatibilidad (CPH/MHC). Xenes de histocompatibilidad: Propiedades. Estrutura das moléculas de histocompatibilidad: Clases I e II. unión péptido-moléculas do CPH: Caracteres. Polimorfismo das moléculas do MHC na súa unión a péptidos. Expresión das moléculas do MCH. Funcións biolóxicas. |
Cap.11. Procesamento e presentación de antíxenos. |
- As células presentadoras de antígenos: función. Recoñecemento do antígeno peptídico. Procesamiento (degradación) do antígeno: Rutas endocitica (extracelular) e citosólica (intracelular). Ensamblaje dos péptidos ás moléculas do MHC. Presentación e Expresión dos complexos péptidos-clase I/II na superficie das CPA. |
Cap.12. Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos B. |
- Desenvolvemento e maduración na medula ósea: Diferenciación de linfocitos B antíxeno independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD19, 10). O receptor funcional para antíxenos (BCR). Maduración das células B: Procesos de selección clonal negativa e positiva. Produción de linfocitos B maduros virxes. Migración cara a órganos linfoides 2ªrios antíxeno-dependentes: Activación polo antíxeno de linfocitos B. Estrutura e función do receptor BCR. Proliferación da célula B por activación dos linfocitos T Helper (CD4). Diferenciación a células plasmáticas. Migración de células B cara a folículos primarios: Diferenciación de células B activadas en células B de memoria. |
Cap.13: Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos T. |
- Migración de precursores das células T ao timo. Desenvolvemento e diferenciación de linfocitos T antíxeno-independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD3, 4 e 8). Maduración das células T: Mecanismos de selección clonal positiva e negativa. Produción de células T maduras virxes. Migración cara a órganos linfoides secundarios. Activación dos linfocitos T maduros polo antíxeno. O receptor TCR: estrutura e función. Interaccións do receptor da célula T/ligando específico do CMH: Activación dos linfocitos T. Proliferación de linfocitos T maduros. Diferenciación a linfocitos T efectores. Subpoblacions de linfocitos T efectores: Linfocitos T citotóxicos: CD8). Linfocitos T cooperadores (Helper: CD4): Función das subclases Th1 e Th2. Produción de linfocitos T de memoria. |
Cap.14. A resposta inmune. |
- Concepto. Mecanismo de acción. Tipos de respostas. Resposta Inmune Celular. Caracteres da cooperación celular: influencia do Antíxeno e do microambiente, células efectoras implicadas. Resposta Inmune Humoral: Caracteres Fases de activación, proliferación e diferenciación dos linfocitos. Resposta inmune primaria. Memoria inmunológica. Resposta inmune secundaria |
Cap. 15: A tolerancia inmunitaria. |
-Concepto de tolerancia inmunitaria. Propiedades xerais. Mecanismos da tolerancia inmunológica. Tolerancia central e periférica das cels T e B. Mecanismos de indución de tolerancia: Delección clonal, anergia clonal. Ignorancia inmunológica, Células T supresoras/reguladoras. Interaccións célula-célula: axuda e supresión. Tolerancia aos antígenos propios e estranos. |
Programa do curso práctico: |
Prácticas a desarrollar en el laboratorio (INIBIC): |
Práctica 1 |
- Protocolo para a extracción das distintas poboacións de células sanguíneas no sangue periférico:
* Separación de leucocitos por gradiente de densidade con Histopaque.
* Obtención de células mononucleares do sangue periférico (linfocitos e monocitos).
* Obtención de granulocitos.
* Obtención de plaquetas |
Práctica 2. |
- Citometría de fluxo: Determinación antixénica das células do sistema inmunolóxico.
- Illamento de linfocitos T mediante Sorter. |
Práctica 3 |
- ELISA (Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas): Detección de anticorpos específicos ou citoquinas solúbeis en soros. |
Práctica 4. |
Inmunohistoquímica: Identificación de marcadores antixénicos en mostras tisulares conxeladas ou en parafina, a través de técnicas de fluorescencia ou enzimáticas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A2 A1 |
7 |
7 |
14 |
Proba obxectiva |
A6 A7 A8 |
3.5 |
0 |
3.5 |
Sesión maxistral |
A6 A7 A8 B6 |
14 |
28 |
42 |
Seminario |
B3 B4 B6 |
4.5 |
9 |
13.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
O alumno dispora de 10 horas prácticas de laboratorio presenciais e obrigatorias, ao finalizar as clases teóricas. Nelas realizaranse distintas actividades experimentais (demostracións, problemas) que lle van a permitir abordar algúns aspectos dos coñecementos teóricos adquiridos nas sesions maxistrais. Ademais adquirirán as habilidades manuais adecuadas para o desenvolvemento de metodoloxías experimentais sinxelas propias das técnicas inmunolóxicas. As prácticas realizaránse no INIBIC, onde disporán da infrastructura adecuada aos obxectivos da práctica, e tamén terá lugar o exame práctico, cando aquelas finalicen |
Proba obxectiva |
Realizarase un exame final sobre os contidos teóricos da materia que pode combinar diferentes tipos de preguntas: cuestións tipo test de resposta múltiple, preguntas curtas, de ordenación, de completar, de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunhas destas preguntas. A data e lugar de celebración do examen final (Convocatoria Oficial de Mayo) avisarase con antelación.
Si o alumno suspendeu, ou no presentouse o examen da Convocatoria de Mayo, terá a posibilidade de presentarse na Convocatória do mes de Xullo, cuya data e lugar de celebracion avisarase con anterioridade
|
Sesión maxistral |
Durante o curso o profesor impartira entre 14-15 sesions maxistrais, presenciais e obrigatorias, sobre algúns dos contidos correspondentes ao programa. Nelas explicaranse os fundamentos teóricos básicos da materia empregando ferramentas informáticas. Para un mellor aproveitamento das mesmas, recoméndase que o alumno lera con antelación, os aspectos fundamentais dos temas mencionados nos textos recomendados, e tamen na plataforma Moodle. O calendario e horario definitivo das sesions maxistrais comunicarase con antelacion na paxina web da materia.
|
Seminario |
-A comenzos do curso o profesor suxerirá ao alumno a realización dun estudo tutorizado en pequenos grupos (2 alumnos máximo) sobre algún aspecto dun tema do programa teórico de inmunoloxia. O alumno o organizará, elaborará e discutirá, ao longo do curso, baixo a supervisión do profesor (3 tutorías máximo). O alumno recibirá con antelación o material obxecto do seminario, que se orientará cara aspectos actuais relacionados coa inmunoloxía, coa fin de que procure a información precisa. Efectuarase unha posta en común, dirixida polo profesor, na que se discutirán e resolverán cuestións relacionadas cos seus contidos e elaboraranse as conclusións ás que deben chegar todos vos integrantes do grupo. O resultado do estudo feito será exposto po lo seus autores o resto dá clase, durante 1 hora, empregando ferramentas informáticas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Seminario |
Proba obxectiva |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
- O alumno pode consultar as súas dúbidas puntuais durante as sesións maxistrais e, máis extensamente, nas postas en común dos seminarios. Ademais, contará con titorías personalizadas, para solucionar calquera dúbida relacionada coa materia teórica, práctica e coas actividades programadas na disciplina. Dada a finalidade destas titorías, intentarase que o horario sea o máis axeitado para o profesor e o alumno, concertándose previamenteentre ambos los dous.
Aqueles estudantes con dedicación a tempo parcial ou exención académica só terán que realizar a parte práctica da materia dun xeito indispensable para ser avaliados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A6 A7 A8 B6 |
- A asistencia ás clases maxistrais é fundamental para o dominio dos contidos da materia.
|
0 |
Seminario |
B3 B4 B6 |
- Avaliarase o traballo en grupo, tendo en conta a asistencia e participación nas diferentes actividades a desenrolar durante a elaboración do traballo tutelado, a adecuación ao tema proposto, o seu desenvolvemento, a capacidade de comprensión e exposición, e a bibliografía utilizada. Todo elo representará o 20% da cualificación final.
|
20 |
Proba obxectiva |
A6 A7 A8 |
-Ao rematar as clases teóricas realizarase un exame final dos contidos teóricos da materia. A asistencia ás clases teóricas e a participación nas súas actividades é obligatoria, e suporá o 60% da cualificación final.
- Coa proba obxectiva, o alumno demostrará o grao de coñecemento e destrezas adquirido ao longo do curso, asi como a capacidade de síntese e abstracción desenvolvidos. |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A1 |
- Ao rematar as clases prácticas realizarase un exámen final dos contidos traballados nelas, no propio laboratorio do INIBIC. A asistencia ás clases prácticas (obrigatoria) e a participación en todas as súas actividades constitúe un requisito fundamental para a superación destas, e suporá o 20% da cualificación final da materia.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
- A asistencia ás clases teóricas e prácticas e a elaboración e exposición do traballo tutelado non é condición imprescindible para ser avaliado tanto na Convocatoria ordinaria de Xuño coma na proba de Xullo. É necesaria a asistencia e participación en, polo menos, o 80 % de cada unha das actividades presenciais da materia.
- A avaliación da materia basearase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico, e a participación do alumno na elaboración dun traballo dirixido sobre algún aspecto do programa teórico da materia. - Na convocatoria da primeira oportunidade realizarase un exame teóricofinal e no Laboratorio do INIBIC terá lugar o examen práctico para a avaliación da aprendizaxe. Todas as actividades formativas terán unha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final teranse en conta os seguintes criterios: 1. Avaliación da aprendizaxe teórica. A nota obtida neste apartado suporá o 60 % da nota final. 2. Avaliación da aprendizaxe práctica. A nota obtida neste apartado suporá o 20 % da nota final. 3. Avaliación da participación do alumno na elaboración do traballo tutelado, da súa asistencia ás tutorias programadas co profesor para a resolución de dúbidas durante o seu desenvolvemento e o resultado obtido na exposición final do mesmo suporá o 20% da nota final. **Para superar a materia na convocatoria de maio, a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un do tres apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.
Os alumnos que non aproben a materia na convocatoria de maio, ou non se presentaron á mesma, poderán tentalo de novo na proba de Xullo. Neste caso, a avaliación consistirá: 1. Nunha proba escrita sobre os contidos teóricos da materia. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá o 80 % da nota final.
2. Nunha proba práctica de idéntica natureza á mencionada anteriormente. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá un 20% da nota final. **Para superar a materia na convocatoria de Xullo, a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un dos dous apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.
A cualificación de NON PRESENTADO, aplicarase unicamente no caso de que o alumno/a non participase en ningunha actividade da materia (sesións maxistrais, clases prácticas, traballo tutelado e probas obxectivas), ou ben non se presentou na convocatoria final de Xullo.
Os estudantes que soliciten ser avaliados na convocatoria extraordinaria de
decembro, tanto os contidos teóricos como os criterios de avaliación
corresponderanse aos do curso 2020-2021.
A realización fraudulenta de
probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación
de suspenso "0" na correspondente convocatoria, invalidando así a
cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación da convocatoria
extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica
- (*) Abbas, A. K.; Lichtman, A. H; Pillai, S. (2012). " Inmunología celular y molecular" . 7ª ed. Elsevier: Barcelona.
- (*) Murphy, K.P. (2012). " Janeway´s Immunobiology. 8ª ed. Garland Science.
- Regueiro G, J.R.; López L, C.; González R, S.; Martínez N, E. (2010). " Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario". 4ªed. Médica Panamericana. |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria
- Abbas, A. K.; Lichtman, A. H; Pillai, S. (2009). " Inmunología celular y molecular" . 6ª ed. Elsevier: Barcelona.
- Delves, P.J.;Martin, S.; Burton, D.;Roitt, I. (2008). " Roitt Inmunología. Fundamentos". 11 ed. Panamericana.
- Janeway, C.A.; Travers, P.; Walport, M.; Shlomchik,M.J.(2006)." Immunobiology. The immune system in health and disease". 6ed. Garland Science Publishing.
- Parham, P. (2006). " Inmunología" 2ª ed. Médica Panamericana.
BIBLIOGRAFÍA PARA PRÁCTICAS
- Autor : Campos Ferrer, A. (2004). "Manual de prácticas de inmunología" Masson: Barcelona.
PÁGINAS WEB RELACIONADAS CON INMUNOLOGÍA
- RevistaInmunología. Libre acceso en la página de la Sociedad Española de Inmunología: http:www.inmunologia.com
- J. Peña: http://www.inmunologiaenlinea.es
- Sociedad Española de Inmunología http://www.inmunologia.org/home.php.
- http://pathmicro.med.sc.edu/book/immunolo-sta.htm
- http://www.whfreeman.com/catalog/static/whf/kuby/con_index.htm
- http://users.rcn.com/jkimball.ma.ultranet/BiologyPages/T/TOC.html
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Técnicas Celulares/610441001 | Técnicas Moleculares/610441002 | Señalización Celular/610441004 | Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Microbioloxía Molecular/610441011 | Xenética Humana/610441017 |
|
Materias que continúan o temario |
Células Nai e Terapia Celular/610441010 |
|
Observacións |
- Asistencia e participación activa nas distintas actividades da disciplina.
- Ler ou traballar con antelación o tema das charlas / tarefas e tomar as notas correspondentes durante a súa presentación.
- O estudo e revisión periódica da materia, a medida que avanza, utilizando o material bibliográfico para comprender e profundar na información recibida nas clases.
- A busca de información en diversas fontes para a preparación, presentación e defensa de traballos supervisados.
- A aclaración de posibles dúbidas nas titorías co profesor |
|