Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión génica e variabilidade xenética |
A8 |
Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado |
A12 |
Capacidade para comprender, detectar e analizar a variación xenética, coñecer os procesos de genotoxicidad e as metodoloxías para a súa avaliación, así como realizar estudos de diagnóstico e risco xenético |
B3 |
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas |
B5 |
Capacidade para redactar, representar, analizar, interpretar e presentar documentación técnica e datos relevantes no campo da rama de coñecemento do máster na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión internacional |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo: que sexan capaces de manter relacións interpersoais eficaces nun contexto de traballo interdisciplinar e internacional con respecto á diversidade cultural |
B9 |
Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo |
C1 |
Capacidade de expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C2 |
Capacidade para coñecer e empregar axeitadamente a terminoloxía técnica do campo de coñecemento do máster, na lingua nativa e en inglés, como lingua de difusión internacional neste campo |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Traballar en grupo de forma colaborativa |
|
BI6
|
|
Saber expresarse en público |
|
BI9
|
|
Dominar a linguaxe científica propia da disciplina e comunicarse de xeito efectivo |
|
BI5
|
CM1 CM2
|
Capacidade para buscar e interpretar información toxicolóxica de calquera tipo empregando ferramentas informáticas e a rede internet |
AI6
|
BI3
|
CM6
|
Coñecer os procesos físico-químicos que experimenta un tóxico cando se incorpora ao organismo e os factores que condicionan as fases de absorción, distribución, metabolización e eliminación |
AI6 AI8 AI12
|
|
|
Coñecer as distintas relacións existentes entre a concentración de tóxicos no lugar de acción e os efectos producidos nos sistemas biolóxicos, e os factores que afectan á toxicidade das sustancias |
AI6 AI8
|
|
|
Coñecer a relación existente entre os procesos de xenotoxicidade e o desenvolvemento de cancro |
AI6 AI12
|
|
|
Coñecer como se realiza a avaliación da exposición a axentes xenotóxicos e as avantaxes da biomonitorización fronte a avaliación ambiental |
AI12
|
|
|
Coñecer as diferentes metodoloxías para avaliar a xenotoxicidade e o papel dos polimorfismos xenéticos como biomarcadores de susceptibilidade individual |
AI6 AI12
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Principios xerais de Toxicoloxía |
1. Conceptos básicos en Toxicoloxía.
2. Toxicocinética (procesos ADME).
3. Toxicodinamia (curvas dose-resposta, índices de toxicidade, factores que afectan á toxicidade).
|
II. Toxicoloxía xenética |
4. Xenotoxicidade e relación con cancro.
5. Avaliación do risco xenético I: Análise da exposición a axentes xenotóxicos.
6. Avaliación do risco xenético II: Metodoloxías de avaliación da xenotoxicidade.
7. Avaliación do risco xenético III: Susceptibilidade individual.
|
III. Toxicoxenética reproductiva |
8. Técnicas para estudar o dano cromosómico e do ADN en espermatozoides.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A8 A12 |
12 |
21 |
33 |
Prácticas a través de TIC |
B3 C2 C6 |
2 |
3 |
5 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A12 B3 B6 C6 |
5 |
5 |
10 |
Traballos tutelados |
A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 |
0 |
20 |
20 |
Seminario |
B3 B5 B6 B9 C1 |
2 |
3 |
5 |
Proba mixta |
A6 A12 B3 B5 C1 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Introdución polos profesores dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes. |
Prácticas a través de TIC |
Práctica realizada utilizando equipamento informático sobre a busca e manexo de información toxicolóxica en internet. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Laboratorio de Xenética Molecular e Radiobioloxía do Centro Oncolóxico de Galicia, nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético. |
Traballos tutelados |
Traballos tutelados en grupos sobre un tema relaconado coa materia. A petición dos estudantes realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle. |
Seminario |
Seminario bibliográfico no que os alumnos presentarán ante a clase os traballos realizados. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto. |
Proba mixta |
Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou preguntas tipo test. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A solicitude dos alumnos, realizáranse titorías para concretar os puntos a tratar en cada traballo, así como para resolver dúbidas e cuestións, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como nas competencias transversais e nucleares da titulación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A6 A12 B3 B5 C1 |
Exame: cuestionario con preguntas de resposta curta e/ou tipo test. Cómpre aprobar este exame para superar a asignatura. |
40 |
Prácticas a través de TIC |
B3 C2 C6 |
Asistencia obrigatoria. Valorarase asistencia e participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido. |
4 |
Sesión maxistral |
A6 A8 A12 |
Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame. |
12 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A12 B3 B6 C6 |
Asistencia obrigatoria. Valorarase asistencia e participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido. |
4 |
Traballos tutelados |
A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 |
Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os membros do grupo. Valorarase sempre que se aprobe o exame. |
40 |
Seminario |
B3 B5 B6 B9 C1 |
Asistencia obrigatoria para presentar o traballo tutelado.
No caso de non poder asistir por motivos xustificados, a presentación do traballo realizarase a través da plataforma Teams. |
0 |
|
Observacións avaliación |
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, asistir ás prácticas a través de TIC e de laboratorio, obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia. Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame. Ademáis, se os alumnos non asistiron ás prácticas obrigatorias deberán entregar un cuestionario sobre as actividades que se traballaron nelas. En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos
idiomas, prevalecerá a versión en español.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
LIBROS: Greim, H.; Snyder, R. (2007) Toxicology and risk assessment: a comprehensive introduction. Chichester: John Wiley & sons. Klaassen, C.D.; Watkins III, J.B. (2005) Fundamentos de Toxicología de Casarett y Doull. Madrid: MacGraw Hill. Marquardt, H. ; Schäfer, S.G.; McClellan, R.O.; Welsch, F. (1999) Toxicology. San Diego: Academic Press. Repetto, M.; Repetto, G. (2009) Toxicología fundamental. Madrid: Díaz de Santos. Riviere, J.E. (2006) Biological concepts and Techniques in Toxicology. An integrated approach. New York: Taylor & Francis. Stine, K.E; Brown, T.M. (2006) Principles of toxicology. 2nd edition. Londres: CRC Press Taylor & Francis. ARTIGOS: Albertini, R.J.; Anderson, D.; Douglas, G.R.; Hagmar, L.; Hemminki, K.; Merlo, F.; Natarajan, A.T.; Norppa, H.; Shuker, D.E.G.; Tice, R.; Waters, M.D.; Aitio, A. (2000) IPCS guidelines for the monitoring of genotoxic effects of carcinogens in humans. Mutat. Res.463: 111-172. Cimino, M. C. 2006. Comparative overview of current international strategies and guidelines for genetic toxicology testing for regulatory purposes. Environmental and Molecular Mutagenesis 47:362-390. Gallo, V.; Khan, A.; Gonzales, C.; Phillips, D.H.; Schoket, B.; Györffy, E.; Anna, L.; Kovács, K.; Moller, P.; Loft, S.; Kyrtopoulos, S.; Matullo, G.; Vineis, P. (2008) Validation of biomarkers for the study of environmental carcinogens: A review. Biomarkers 13: 505 - 534. Imyanitov, E.N.; Togo, A.V.; Hanson, K.P. (2004) Searching for cancer-associated gene polymorphisms: promises and obstacles. Cancer Lett.204: 3-14. Srám, R.J. y Binková, B. (2000) Molecular epidemiology studies on occupational and environmental exposure to mutagens and carcinogens, 1997-1999. Environ. Health Perspect.108: 57-70. Young, R. 2002. Genetic toxicology: Web resources. Toxicology 173:103-121. |
Bibliografía complementaria
|
|
LIBROS:
Barile, F.A. (2008) Principles of Toxicology Testing. Florida: CRC Press.
Córdoba, D. (2001) Toxicología. Bogotá: Manual Moderno.
DeCaprio, A. (2006) Toxicologic biomarkers. New York: Taylor and Francis.
Hamadeh, H.K.; Afshari, C.A. (2004) Toxicogenomics. Principles and Applications. New Jersey: Wiley-Liss.
Hodgson, E.; Levi, P.E. (1997) A textbook of modern toxicology. Connecticut: Appleton and Lange.
IPCS (1993) Biomarkers and risk assessment: concepts and principles. International Programme on chemical safety. Environmental Health Criteria 155. World Health Organization. Geneva.
Mendelsohn, M.L.; Mohr, L.C.; Peeters, J.P. (1998) Biomarkers. Medical and workplace applications. Washington D.C.: Joseph Henry Press.
Mendelsohn, M.L.; Peeters, J.P.; Normandy, M.J. (1995) Biomarkers and occupational health: progress and perspectives. Washington D.C.: Joseph Henry Press.
National Research Council of the National Academies (2006) Human biomonitoring for environmental chemicals. Washington D.C.: The National Academies Press.
Niesink, R.J.M. (1996) Toxicology: principles and applications. Boca Raton-Florida: CRC Press.
Repetto, M. (1995) Toxicología avanzada. Madrid: Díaz de Santos.
ARTIGOS:
Albertini, R.J.; Nicklas, J.A.; O'Neill, J.P. (1996) Future research directions for evaluating human genetic and cancer risk from environmental exposures. Environ. Health Perspect104 (Suppl 3): 503-510.
Au, W.W.; Oh, H.Y.; Grady, J.; Salama, S.A. y Heo, M.Y. (2001) Usefulness of genetic susceptibility and biomarkers for evaluation of environmental health risk. Environ. Mol. Mutagen.37: 215-225.
Autrup, H. (2000) Genetic polymorphisms in human xenobiotica metabolizing enzymes as susceptibility factors in toxic response. Mutat. Res.464: 65-76.
Bonassi, S. (1999) Combining environmental exposure and genetic effect measurements in health outcome assessment. Mutat. Res.428: 177-185.
Butterworth, B.E.; Bogdanffy, M.S. (1999) A comprehensive approach for integration of toxicity and cancer risk assessments. Regul. Toxicol. Pharmacol.29: 23-36.
Garte, S. (2001) Metabolic susceptibility genes as cancer risk factors: time for a reassessment? Cancer Epidemiol. Biomarkers Prev.10: 1233-1237.
Gyorffy, E., Anna, L., Kovacs, K., Rudnai, P., and Schoket, B. (2008) Correlation between biomarkers of human exposure to genotoxins with focus on carcinogen-DNA adducts. Mutagenesis 23:1-18.
Ingelman-Sundberg, M. (2001) Genetic variability in susceptibility and response to toxicants. Toxicol. Lett.120: 259-268.
Lang, M. y Pelkonen, O. (1999) Metabolism of xenobiotic and chemical carcinogenesis. Metabolic polymorphisms and susceptibility to cancer. IARC Scientific Publications No. 148. International Agency for Research on Cancer. Lyon. pp: 13-22.
Norppa, H. (2001) Genetic polymorphisms and chromosome damage. Int. J. Hyg. Environ. Health204: 31-38.
Pavanello, S. (2003) Metabolic and DNA repair variations in susceptibility to genotoxins. Polycyclic Aromatic Compounds23: 49-107.
Pavanello, S. y Clonfero, E. (2000) Biological indicators of genotoxic risk and metabolic polymorphisms. Mutat. Res.463: 285-308.
Seidegard, J. y Ekström, G. (1997) The role of human glutathione transferases and epoxide hydrolases in the metabolism of xenobiotics. Environ. Health Perspect.105: 791-799.
Talaska, G.; Maier, A.; Henn, S.; Booth-Jones, A.; Tsuneoka, Y.; Vermeulen, R.; Schumann, B.L. (2002) Carcinogen biomonitoring in human exposures and laboratory research: validation and application to human occupational exposures. Toxicol. Lett.134: 39-49.
Thier, R.; Brüning, T.; Roos, P.H.; Golka, K.; Ko, Y. y Bolt, H.M. (2003) Markers of genetic susceptibility in human environmental hygiene and toxicology: the roles of selected CYP, NAT and GST genes. Int. J. Hyg. Environ. Health206: 149-171.
Thybaud, V., Le Fevre, A.-C., and Boitier, E. 2007. Application of toxicogenomics to genetic toxicology risk assessment. Environmental and Molecular Mutagenesis 48:369-379. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma virtual Moodle e a preparación do traballo obrigatorio e a súa exposición. -Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos. -Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta asignatura entregaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel: Non se utilizarán plásticos. Realizaranse impresións a doble cara. Utilizarase papel reciclado. Evitarase a realización de borradores. |
|