Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. |
A3 |
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. |
A6 |
Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais. |
A15 |
Coñecer os indicadores de calidade do chan e do aire, os procesos de distribución de contaminantes e as tecnoloxías de recuperación e aplicación en cada caso. |
A19 |
Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. |
C2 |
Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade. |
C4 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C5 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C7 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C9 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C10 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Mostraxe de contaminantes na atmosfera, plantexamento do procedemento de evaluación da calidade do aire e interpretación dos resultados baseados na normativa aplicable. |
AM1 AM3 AM6 AM15 AM19
|
BM2 BM3 BM5 BM6
|
CM2 CM7 CM9 CM10
|
Cálculos relativos á difusión de contaminantes en diferentes situacións atmosféricas. |
AM1 AM3 AM6 AM15
|
BM3 BM4 BM6
|
CM2 CM4 CM9
|
Ser capaz de propoñer e desenvolver estratexias de tratamento de efluentes gasosos e aire contaminado en xeral |
AM1 AM3 AM15
|
BM2 BM3
|
CM2 CM5 CM7 CM9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Introducción á contaminación atmosférica |
Problemática da contaminación atmosférica. Normativa específica. Redes de vixiancia e control. |
Tema 2.- Metodoloxía analítica para á evaluación da calidade do aire. |
Metodoloxía de referencia para o muestreo e análise dos diversos contaminantes no aire. Casos prácticos e interpretación de resultados. Conclusións de certos estudos e investigacións actuais. |
Tema 3.- Emisións atmosféricas. |
Principais actividades contaminantes do aire. Introducción ao reglamento PRTR. Metodoloxías de mostraxe e análise dos principaiss contaminantes en emisión. |
Tema 4.- Introducción meteorolóxica. |
Presión e temperatura atmosférica: variación coa altura. Ecuación adiabática. Gradiente adiabático. Temperatura potencial. Estabilidade da estratificación do aire: criterios e clases. Inversións térmicas: tipos. |
Tema 5.- Difusión de contaminantes na atmósfera. |
Ecuación xeralizada de dispersión gaussiana. Resolución de casos particulares. Concentración no suelo. |
Tema 6.- Penachos: tipos. |
Condicións atmosféricas. Distribución da concentración ao longo do eixe do penacho. Elevación do penacho. Parámetros. Ecuacións de Briggs para cálculos de penachos. |
Tema 7.- Tecnoloxías de eliminación de partículas. |
Fundamentos. Descripción de equipos. Ecuacións de deseño. Resolución de problemas. |
Tema 8.- Tecnoloxías de eliminación de gases/vapores. |
Fundamentos. Descripción de equipos. Ecuacións de diseño. Resolución de problemas. |
Tema 9.- Tecnoloxías innovadoras. |
Fundamentos. Descripción de equipos. Ecuacións de diseño. Resolución de problemas. Estudo de casos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A15 B2 B4 B6 C2 |
11 |
33 |
44 |
Solución de problemas |
A1 A6 A15 B2 B3 C4 C5 C7 C9 |
4 |
10 |
14 |
Estudo de casos |
A3 A15 A19 B2 B3 B5 B6 C4 C7 C9 C10 |
2 |
8 |
10 |
Saídas de campo |
A15 B3 B6 |
2 |
0.5 |
2.5 |
Proba obxectiva |
A1 A6 A15 B2 B3 B6 C4 C9 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Leccións impartidas polos profesores para presentar conceptos fundamentais e desenvolver os temas. |
Solución de problemas |
Remarcaranse aspectos esenciais dos temas tratados, coa aplicación de esos coñecementos. Por un lado se plantearán problemas co profesorado resolverá na clase e ademáis plantexaranse cuestións/problemas cos/cas estudantes terán que resolver de forma autónoma e que terán que entregar ao profesor nun plazo determinado. |
Estudo de casos |
Os/As alumnos/as terán que ser capaz de desenvolver e propoñer solucións a casos concretos e específicos de contaminación do aire e de tratamiento dos efluentes industriais. Plantexaranse situacións hipotéticas de partida que terá que evaluar e elaborar un informe ao respecto sobre a situación medioambiental dun punto determinado. |
Saídas de campo |
Desprazamento a unha estación de inmisión da calidade do aire para dar a coñecer os sistemas de mostraxe que se empregan na evaluación da calidade do aire. |
Proba obxectiva |
Consistirá na evaluación na adquisición e posta en práctica das competencias relacionadas coa asignatura. Consistirá nun exame escrito que incluirá preguntas tipo test/ pregunta corta y resolución de algún problema/caso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
Atenderase ao alumnado, a título individual, en todos aqueles aspectos teórico-prácticos que así o esixan: orientación sobre fontes documentales, aspectos concretos sobre o estudo de casos prácticos e dudas que se lle presentan tanto nos temas teóricos como na resolución de problemas.
Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A3 A15 A19 B2 B3 B5 B6 C4 C7 C9 C10 |
Ao alumnado plantexaráselle un caso real relativo á calidade do aire. Cos coñecementos adquiridos terá que realizar un informe medioambiental da zona.
|
15 |
Proba obxectiva |
A1 A6 A15 B2 B3 B6 C4 C9 |
O exame constará de preguntas tipo test, de preguntas cortas e da resolución de problemas numéricos.
|
50 |
Saídas de campo |
A15 B3 B6 |
O alumnado elaborará un resumo da visita realizada. O profesorado poderá requerir a búsqueda de información ou a interpretación dalgún dato que se obtén na estación da calidade del aire.
|
5 |
Solución de problemas |
A1 A6 A15 B2 B3 C4 C5 C7 C9 |
Plantexaranse problemas co profesorado resolverá na clase. De maneira complementaria plantexaranse cuestións/problemas co alumnado terá que resolver de forma autónoma e individual e que entregarán ao profesor nun prazo que non superará os 20 días naturais despois do remate da asignatura.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, ou a detección de plaxio nalgunha delas, implicará
que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario. O traballo do alumno será evaluado de forma continua a través da súa participación activa ao longo da impartición da materia. Otorgarase a calificación de non presentado a aquel alumno que non se presente á proba obxetiva. PRIMEIRA OPORTUNIDADE A cualificación final da materia obterase da suma dos sumandos descritos na táboa anterior. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as notas obtidas na solución de problemas, estudos de casos e saídas de campo namentras que a calificación obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeria oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA Manteranse as cualificacións do curso anterior pero as porcentaxes serán as do curso en vigor ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente. ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC): O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas na proba mixta (60%), resolucións de problemas (20%) e estudo de caso (20%). Isto aplica a ambas as oportunidades. Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Kennes,C.; Veiga, M.C (2013). Air pollution prevention and control : bioreactors and bioenergy . ohn Wiley & Sons, New York, USA
Thad Godish (1997). Air Quality. New York, Lewis Publisher
(). Atmospheric Environment.
Kennes, C and Veiga, M.C (2005). Bioreactors for Waste Gas Treatment. Dordrecht, The Netherlands, Kluwer Academic Publishers
Milton, R. Beychock (2005). Fundamentals of Stack gas dispersion. Milton R. Beychock, New Port Beach, California, USA
Reeve, R.N (2002). Introduction to Environmental Analysis. Analytical Techniques in the Sciences. Chichester, UK. John Wiley & Sons
Baird, C (2001). Química Ambiental.. Reverté, Barcelona
Blackadar, A.K. (1997). Turbulence and diffusion in the atmosphere. . New York, Springer- Verlag |
|
Bibliografía complementaria
|
(). http://www.aemet.es/es/portada .
(). http://www.cmati.xunta.es/.
(). http://www.magrama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/.
(). http://www.sogama.es/es.
McIntosh, D.H., (1983). Meteorología básica. . Madrid, Alhambra
Haltiner, G.J. and Martion, F.L. (1957). Meteorología dinámica y física. New York, McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O alumnado deberá ter conceptos claros dos diferentes temas estudados nos cursos conducentes ao Título de Grado, Licenciado ou Enxeñeiro. Poseer coñecementos das ferramentas informáticas (follas de cálculos, procesador de textos, navegación “internet”…) e de inglés. Ademáis é recomendable levar a asignatura ao día pra ir asimilando os conceptos e que a participación do
alumno sexa fructífera. Asimesmo, é fundamental a resolución dos problemas
plantexados, o que implica a comprensión dos diferentes temas tratados na asignatura. Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e
soporte informático b) De realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, cando sexa posible, evitarase a impresión de borradores. |
|