Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xenética Código 610G02019
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
marta.vila.taboada@udc.es
Profesorado
,
Gonzalez Tizon, Ana Maria
Martinez Martinez, M. Luisa
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
natalia.mallo@udc.es
ana.gonzalez.tizon@udc.es
m.l.martinez@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia proporciona os coñecementos básicos sobre a herdanza e a variación dos seres vivos, así como a base metodolóxica propia da análise xenética mendeliana. Complementa outras materias do grao e aporta a base conceptual necesaria para profundar no estudo da Xenética, contemplado nas materias Xenética Molecular (obrigatoria de 3º curso), Xenética Evolutiva e de Poboacións (obrigatoria de 3º curso), e Citoxenética (optativa).

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Análise xenética mendeliana estudando o xene como unidade da herdanza A1
A12
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
Estudar a base cromosómica da herdanza, a determinación do sexo e herdanza extranuclear e o ligamento e recombinación xénica. A1
A4
A12
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
Estudar os cambios no material xenético A2
A11
A26
A29
B1
B2
B3
B5
B9
Introdución á xenética cuantitativa e das poboacións. A1
A20
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
B6
B8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCIÓN Subdisciplinas xenéticas
Organismos modelo
Contexto histórico da Xenética
TEMA 2. ANALISE XENÉTICA MENDELIANA Os experimentos de Mendel: cruzamentos de monohíbridos e dihíbridos
Concepto de xenotipo e fenotipo
Terminoloxía e simboloxía
Análise de pedigrís
TEMA 3. BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E DETERMINACIÓN DO SEXO Significado xenético da mitose e a meiose
Teoría cromosómica da herdanza
Determinación do sexo
Herdanza ligada ao sexo
Herdanza limitada e influída polo sexo
Compensación de dose xénica
TEMA 4. EXTENSIÓNS DA ANALISE XENÉTICA MENDELIANA Modificacións da dominancia
Alelismo múltiple
Letalidade
Penetrancia e expresividade
Pleiotropía
Epistase e interacción xénica
Efecto de posición
Efectos do ambiente
TEMA 5. LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN EN EUCARIOTAS Ligamento e recombinación dos xenes nos cromosomas
Mapas de ligamento
Interferencia e coeficiente de coincidencia
Función de mapa
TEMA 6. LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN EN BACTERIAS E VIRUS Cartografiado de xenomas bacterianos mediante conxugación, transformación e transdución
Recombinación e construción de mapas en fagos
Estrutura xenética fina: o sistema rII do bacteriófago T4
TEMA 7. HERDANZA EXTRANUCLEAR Herdanza infecciosa
Herdanza organular
Heteroplasmia
TEMA 8. XENÉTICA CUANTITATIVA Tipos de caracteres cuantitativos
Modelo infinitesimal
Compoñenetes da varianza fenotípica
Herdabilidade
TEMA 9. XENÉTICA DE POBOACIÓNS Frecuencias alélicas e xenotípicas
Equilibrio de Hardy-Weinberg e violacións do modelo
TEMA 10. ORGANIZACIÓN DO MATERIAL XENÉTICO NOS CROMOSOMAS Xenomas bacterianos
Tamaño dos xenomas: o paradoxo do valor C
Compoñentes do cromosoma eucariota
Nucleosoma, cromatina e empaquetamento do ADN
Centrómeros e telómeros
Cromosomas politénicos e cromosomas plumosos
O cariotipo
TEMA 11. A MUTACIÓN Tipos de mutacións
Mutación espontánea e inducida
TEMA 12. A MUTACIÓN CROMOSÓMICA (I): CAMBIOS NA ESTRUTURA DOS CROMOSOMAS Delecións
Duplicacións
Inversións
Translocacións
TEMA 13. A MUTACIÓN CROMOSÓMICA (II): CAMBIOS NO NÚMERO DOS CROMOSOMAS Euploidías e aneuploidías
Análise de trisómicos
Poliploidía: autopoliploidía e alopoliploidía
TEMA 14. XENÉTICA DO DESENVOLVEMENTO Control xenético do desenvolvemento embrionario en metazoos: xenes de efecto materno e xenes cigóticos
TEMARIO DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Práctica 1. ESTUDO XENÉTICO DE Zea mays: INTERACCIÓN E EPISTASE
Descrición da forma e a cor de grans de mazarocas de millo (F2) obtidas de diferentes cruzamentos
Formulación de hipóteses que expliquen as proporcións fenotípicas obtidas
Análise estatística dos datos (proba de Chi-cadrado)
Descrición do xenotipo e o fenotipo dos parentales e F1
Explicación xenética e bioquímica das características de cada mazaroca

Práctica 2. MANEXO DE Drosophila sp.
Alimentación e mantemento en laboratorio
Ciclo biolóxico
Exame das moscas: distinción de sexos, fenotipos dalgúns mutantes

Práctica 3. MAPAS DE LIGAMENTO EN Drosophila sp.
Cruzamentos recíprocos de cepas silvestre e mutante e análise da descendencia
Cruzamiento proba e análise da descendencia
Análise estatística dos datos
Cálculo da frecuencia de recombinación
Cálculo da interferencia e o coeficiente de coincidencia

Práctica 4. CROMOSOMAS POLITÉNICOS DAS GLÁNDULAS SALIVARES DE Drosophila sp.
Extracción de glándulas salivares de larvas
Tinción con orceína e obtención de preparacións de cromosomas politénicos

Práctica 5. BIOINFORMÁTICA
Introdución ao NCBI e os recursos bioinformáticos que xestiona
Utilización das bases de datos BOOKS, TAXONOMY, OMIM e PUBMED





Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 15 22.5 37.5
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 2.5 0 2.5
Sesión maxistral A1 A11 A12 A20 A26 A29 B1 B2 B3 24 84 108
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases prácticas comprenderán unha base explicativa por parte do profesor sobre a base conceptual e obxectivos a acadar e o desenvolvemento de tarefas por parte do/a estudante, seguindo un guión subministrado previamente. Preténdese que o/a estudante teña a máxima autonomía, facilitándolle medios e orientación.
Proba mixta A proba mixta consistirá en preguntas de teoría e resolución de problemas.
Sesión maxistral Nas clases maxistrais o profesorado explicará os contidos fundamentais de cada tema do programa e sinalará as actividades asociadas a este. Estas incluirán a consulta de bibliografía, a resolución de boletíns de cuestións e problemas, ou a elaboración dun traballo individual ou grupal.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Realizaranse titorías de forma individualizada ou en grupo. As titorías centraranse na resolución de dúbidas, así como en proporcionar orientación sobre a realización de actividades programadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, redacción e ortografía, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.
80
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR A TODAS AS PRÁCTICAS E APROBAR A PROBA CORRESPONDENTE na que, coma nas outras actividades avaliables, teranse tamén en conta a redacción e ortografía do texto presentado.

20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia cómpre acadar o 50% (5 sobre 10) da puntuación correspondente ás  prácticas e o 50% (5 sobre 10) da puntuación da proba mixta (exame final).

A proba mixta avaliará o coñecemento dos fundamentos teóricos traballados na materia e a resolución de problemas.

A nota final en actas do alumnado que no acadase os mínimos establecidos nunha das partes será a do exame que estivese suspenso.

O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 en prácticas pode optar a aprobar sempre que a cualificación da proba mixta sexa 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5.

O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 na proba mixta pode optar a aprobar sempre que a cualificación de prácticas sexa de 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5. Neste caso, aínda que a puntuación acumulativa fose superior ao 5 sobre 10, a cualificación en acta será de 5,0.

As cualificacións de prácticas aprobadas gardaranse entre a primeira e segunda oportunidade, así como para as dúas oportunidades do seguinte curso académico. Por exemplo, se unha persoa aproba prácticas na 1ª oportunidade do curso 2022/23, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería a segunda (xullo) do curso 2023/24. Se a persoa aproba prácticas na 2ª oportunidade do curso 2022/23, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería igualmente a segunda (xullo) do curso 2023/24.

Gardaranse as cualificacións de 5 ou superior en proba mixta entre a primera e a segunda oportunidade do mesmo curso académico, pero en ningún caso entre cursos académicos.

Considerarase PRESENTADO ao alumnado que realice a proba mixta e/ou o exame de prácticas.

No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia.

Os
estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida poderán
realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as
titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.
No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade, o profesorado adaptará as actividades de avaliación
continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

A realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na materia, de acordo coa normativa da nosa universidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Griffiths AJF et al. (2012) Introduction to Genetic Analysis. WH Freeman, New York Libro

Klug WS, Cummings MR (2011) Essentials of Genetics. Pearson, San Francisco Libro

Pierce BA (2011) Fundamentos de Genética: Conceptos y Relaciones. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires Libro

Pierce BA (2008) Genetics: A Conceptual Approach. WH Freeman, New York Libro

Russell PJ (2010) iGenetics. A Molecular Approach. 3rd edition. Pearson International Edition


Bibliografía complementaria

Atherly, A.G., Girton, J.R. & McDonald, J.F. 1999. The Science of Genetics. Saunders College Publishing, Fort Worth, USA.

Brooker, R.J. 2005. Genetics: Analysis and Principles (2nd ed). McGraw-Hill, Boston, USA.

Falconer, D.S. & Mackay, T.F.C. 2000. Introducción a la Genética Cuantitativa.Acribia, Zaragoza.

Gardner, E.J., Simmons, M.J. & Snustad, D.P. 1998. Principios de Genética  (4ª ed). México DF, México.

Griffiths, A.J.F., Gelbart, W.M., Miller, J.H. & Lewontin, R.C. 2000. Genética Moderna. Interamericana-McGraw-Hill, Madrid.

Lodish, H., Berk, A., Zipursky, S.L., Matsudaira, P., Baltimore, D. & Darnell, J. 2000. Biología celular y Molecular (4ª ed). Panamericana, Madrid.

Pierce, B.A. 2006. Genética. Un enfoque conceptual (2ª ed.) Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.

Russell, P.J. 2002. iGenetics. Benjamin Cummings, San Francisco, USA.

Snustad, D.P. & Simmons, M.J. 2006. Principles of Genetics (4ed). John Wiley & Sons, Inc. New York, USA.

Tamarin, R.H. 2002. Principles of Genetics (7th ed.). McGraw-Hill, Boston, USA.

Bibliografía de Problemas

Benito Jiménez, C. 1997. 360 Problemas de Genética Resueltos Paso a Paso. Síntesis, Madrid.

Jiménez Sánchez, A. 2001. Problemas de Genética para un Curso General (2ª ed). Servicio de Publicaciones Universidad de Extremadura, Cáceres.

Lacadena, J.R., Benito, C., Díez, M., Espino, F.J., Figueiras, A.M., Ochando, M.D., Rueda, J., Santos, J.L., Sendino, A.M., Vázquez, A.M. & Vega, C. 1998. Problemas de Genética para un Curso General. Alhambra, Madrid.

Ménsua, J.L. 2003. Genética. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson Prentice Hall, Madrid.

Ochando, D. 1990. Genética poblacional, evolutiva, cuantitativa. Problemas. Eudesa Universidad, Madrid.

Tormo Garrido, A. 1998. Problemas de Genética Molecular. Editorial Síntesis, Madrid.

Viseras Alarcón, E. 1998. Cuestiones y Problemas Resueltos de Genética (2ª ed). Universidad de Granada, Granada.

Recursos web

Acompañamiento electrónico de libros

HTTP://WWW.WHFREEMAN.COM/MGA/. Modern Genetic Analysis y An Introduction to Genetics Analysis

http://www.ultranet.com/~jkimball/BiologyPages/ Versión online del libro de Biología de JW Kimball.

http://www.mhhe.com/tamarin7. Sitio web con problemas, ejercicios y links a otras páginas.

Animaciones e ilustraciones

http://www.dnaftb.org/dnaftb/ DNA from de beginning. Conceptos básicos de la herencia y biología molecular.

Cursos de Genética online

http://www.ndsu.nodak.edu/instruct/mcclean/plsc431/431g.htm

Bases de datos y herramientas bioinformáticas

http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ National Centre for Biotechnology Information (NCBI) de USA.

http://www.udc.es/biblioteca/ Biblioteca de Universidade da Coruña.

Diccionarios, atlas y glosarios

King, R.C. & Stansfield, W.D. 1990. A dictionary of genetics (4th ed.) Oxford Unversity Press, New York, USA.

Passarge, E. 2001. Color Atlas of Genetics (2nd ed). Thieme, Stuttgart, Germany.

Rieger, R., Michaelis, A. & Green, M.M. 1991. Glossary of genetics. Clasical and molecular (5th ed). Springer-Verlag, Heidelberg, Germany.

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/610G02005
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xenética molecular/610G02020
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Citoxenética/610G02022

Observacións

A asistencia ás clases maxistrais posibilita a comprensión dos temas da asignatura e posibilita o tratamento de dúbidas ou cuestións que poidan xurdir no transcurso das explicacións.

As dúbidas e dificultades que formule calquera aspecto da materia deberán de resolverse o antes posible, formulándose nas clases presenciais ou acudindo ás titorías individualizadas.

A asistencia a titorías (individuais o en grupo) facilita a resolución correcta dos problemas, cuestións ou dúbidas que xurdan no transcurso da preparación da materia, e reforzan a aprendizaxe. Aconséllase ao alumnado que as utilice.

O estudo debe considerar a consulta habitual de polo menos a bibliografía recomendada.

O estudo e traballo en grupo favorece a comprensión e desenvolve o espírito crítico.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías