Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A9 |
Identificar e utilizar bioindicadores. |
A20 |
Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades. |
A22 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A27 |
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
A32 |
Desenvolverse con seguridade no traballo de campo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B10 |
Exercer a crítica científica. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. |
A4 A9 A20 A22
|
B1 B5 B7 B8
|
|
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. |
A2 A4 A20 A22 A26 A27 A30 A31 A32
|
B1 B4 B6 B11
|
|
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. |
A1 A2
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. |
A1
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. |
|
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10
|
|
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. |
A1 A2
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. |
A27
|
B6 B8 B9 B10
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque I. Os fungos. Sistemática e evolución |
Tema 1.- Carácteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Carácteres xerais, reprodución, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Carácteres xerais, reprodución e ciclos. Clasificación. Exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Carácteres xerais, reprodución, ciclos, modos de vida. Clasificación e características de Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reprodución e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque II. As algas. Sistemática e evolución |
Tema 6.- Carácteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reprodución e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: carácteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: carácteres xerais, clasificación, hábitat, reprodución, ciclos e utilidades. Características diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Carácteres, reprodución e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta e Streptophyta: carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e exemplos de Prasinophyceae, Chlorophyceae e Ulvophyceae (Chlorophyta) and Charophyceae, Zygnematophyceae e Coleochaetophyceae (Streptophyta). A orixe dos embriófitos.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque III. A conquista do medio terrestre. Evolución e sistemática de embriófitos |
Tema 12.- Introdución ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Adaptación ó medio terrestre.
Tema 13.- Arquegoniadas non vasculares (briófitos s. lat.). Musgos, hepáticas e anthoceros: carácteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reprodución, orixe, filoxenia e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthocerophyta, Marchantiophyta e Bryophyta. Filoxenia de briófitos.
Tema 14.- Introdución ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 15.- Euphyllophytina p.p. (Monilófitos; antigos Pteridophyta) e Lycophytina: carácteres xerais, ecoloxía, reprodución, ciclo vital, orixe e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Lycopsida, Psilophytopsida, Psilotopsida, Equisetopsida, Marattiopsida e Polypodiopsida. Filoxenia de fieitos.
|
TEORÍA (SEMINARIOS) |
Seminario 1 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos s. l. e fieitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (2 horas) |
PRÁCTICAS (SAÍDAS Ó CAMPO) |
Saída ao campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural terrestre.
Saída ao campo 2. Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
|
PRÁCTICAS (LABORATORIO) |
Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 4.-Observación, identificación e conservación de algas diatomeas e dinoflaxelados.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas pardas.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de algas verdes e briófitos s.l.
Práctica 7.- Observación, identificación e conservación de fieitos. |
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) |
Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos s. lat. e fieitos).
Esta actividade confígurase coma alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo. |
APRENDIZAXE-SERVIZO |
O alumnado terá a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento da diversidade de criptógamas en espazos naturais de interese para a súa conservación. Esta actividade está configurada como alternativa á realización dos casos prácticos |
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B3 B8 B9 |
23 |
46 |
69 |
Seminario |
A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 |
8 |
10 |
18 |
Prácticas de laboratorio |
A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 |
14 |
0 |
14 |
Estudo de casos |
A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 |
0 |
16 |
16 |
Traballos tutelados |
A22 A26 A27 B3 B8 |
0 |
16 |
16 |
Saídas de campo |
A2 A20 A22 A27 A32 |
12 |
3 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O/A profesor/a impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións, documentos, vídeos, etc que porá á disposición do estudantado nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña. |
Seminario |
O/A estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o/a profesor/a. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo de cada estudante someterase a discusión e avaliación. |
Prácticas de laboratorio |
O/A estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión ou cuestionario que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías. |
Estudo de casos |
O/A estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación. Realizará tamén informes (en pdf) referidos ás actividades levadas a cabo en ambas localidades.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía na que se combinan actividades de formación dos/das estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os/As estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados nas criptógamas mariñas.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servicio) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso. |
Saídas de campo |
Realizaranse dúas saídas ao campo (6 h cada saída) guiadas polo profesorado co obxecto de que o estudantado se familiarice cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas e que adquira destrezas no estudo de flora e metodoloxía de mostraxe. Estudiaranse ambientes propicios para criptógamas mariñas e litorais e criptógamas de bosque húmido, e o profesorado impartirá docencia práctica en base aos espécimes que se atopen ese día. A asistencia ás saídas de campo é voluntaria, así como a entrega de un informe (en pdf) das actividades realizadas para a súa avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
Estudo de casos |
Saídas de campo |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Atenderase á/ao estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas.
No caso de estudantes con dispensa académica empregarase diferentes mecanismos de atención persoalizada -presencial ou non presencial- para atender de xeito personalizado aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 |
Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. |
0 |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B3 B8 B9 |
Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. |
45 |
Prácticas de laboratorio |
A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 |
Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. |
25 |
Estudo de casos |
A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 |
O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de estudo de casos ou a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral.
|
15 |
Saídas de campo |
A2 A20 A22 A27 A32 |
Cualificarase a asistencia e participación, así como a calidade do informe das actividades realizadas (voluntario). |
0 |
Traballos tutelados |
A22 A26 A27 B3 B8 |
O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou o estudo de casos. A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.
|
15 |
|
Observacións avaliación |
A/o estudante deberá prestar gran atención á distribución de
actividades amosada no cadro de planificación. É fundamental que a/o estudante
asuma que para superar a materia terá que dedicarlle aproximadamente unhas 51
horas presenciais e case 100 horas de traballo autónomo, estas últimas
distribuidas entre as seguintes actividades: redacción de informes, preparación
dos seminarios e horas de estudo para o exame de teoría. As/os estudantes que asistan ás
saídas de campo voluntarias poderán entregar tamén de xeito voluntario un
informe (en pdf) das actividades realizadas para a súa avaliación. Deste xeito,
a porcentaxe máxima desta actividade con respecto á cualificación final da
materia pasará do 1% por asistencia e participación nas saídas a un máximo de 10%. A asistencia ós seminarios non é
obligatoria pero avaliarase o traballo levado a cabo
polo/pola estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e
participación nos mesmos con ata un 1% de cualificación final. Todos os/as
estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. Para
superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en
alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/o
estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na
proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e
de 4 sobre 10 no resto das avaliacións obrigatorias. A nota global do curso non
deberá ser inferior a 5. Para obter a cualificación de "non presentado"
a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades
avaliables programadas. Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o
estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar
unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba
de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas
prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación
indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións
obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso
académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que
repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte.
Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o
profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a
súa cualificación. No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado
adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que a/o
estudante poida optar a superar a materia. A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2023/2024
as seguintes datas importantes : Prácticas de laboratorio: entre setembro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación) Saídas de campo (voluntarias): martes 26 de
setembro e sábado 30 de setembro de 2023. Entrega
(voluntaria) do informe das saídas de campo –en pdf- (data límite): venres 14
de outubro de 2023. Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicados con antelación). Entrega dos informes de casos prácticos -en pdf- e realización de
exame de herbario: luns 18 de decembro de 2023. Entrega dos informes dos traballos titorizados -en
pdf-: luns 18 de decembro de 2023 CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: A guía
docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada
de decembro será a do curso anterior.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A principio de curso os profesores porán a disposición do estudantado unha lista de referencias máis completa, especialmente referida a grupos concretos dentro da materia BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA: ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona. BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona. CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs. DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias. FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona. GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris. GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill , Madrid . PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York. RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas. RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña. SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona. SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona. STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS: EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor. GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona. MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025 |
|
Observacións |
Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao. Perspectiva de Xénero Segundo se recolle nas distintas normativasde aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízose actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Programa Green CampusFacultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores |
|