Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fisioloxía vexetal aplicada Código 610G02029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Carrillo Barral, Néstor
Diaz Varela, Jose
Pomar Barbeito, Federico
Silvar Pereiro, Cristina
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
n.carrillo@udc.es
jose.diaz.varela@udc.es
federico.pomar@udc.es
c.silvar@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura complementa os contidos adquiridos na Fisioloxía Vexetal I e II, dende un punto de vista aplicado. Nos diferentes temas vanse abordar procesos agrarios, experimentais e industriais, onde os conceptos teóricos da Fisioloxía Vexetal teñen unha aplicación práctica.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ampliar o coñecemento e as bases teóricas-prácticas sobre o uso de produtos de orixe vexetal na industria e na saúde humana e animal. A10
A18
A26
A29
A30
A31
B2
B8
Ampliar os coñecementos especializados sobre os mecanismos fisiolóxicos relacionados coa agricultura e a producción vexetal. Coñecer al técnicas existentes para a mellora da producción vexetal. A10
B2
Adquirir unha primeira visión sobre o cultivo in vitro e a biotecnoloxía vexetal A26
B9
Elaborar e expoñer traballos sobre algún aspecto da Fisioloxía Vexetal Aplicada A21
A26
A29
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución: a Fisioloxía Vexetal na Agricultura.
Tema 2. Produtividade vexetal na Agricultura: rendemento e calidade.
Tema 3. Luz, rego, substratos e fertilizantes.
Tema 4. Produtos fitosanitarios: Fitorreguladores, pesticidas, herbicidas, control biolóxico, loita integrada.
Tema 5. Cultivos protexidos.
Tema 6. Colleita e fisioloxía postcolleita.
Tema 7. Propagación vexetativa.
Tema 8. Introdución ós cultivos celulares. Metodoloxía xeral.
Tema 9. Cultivo in vitro de tecidos vexetais.
Tema 10. Aplicacións actuais do cultivo de células e tecidos vexetais.
Tema 11. Teledetección.
Tema 12. Fluorescencia de clorofilas.
Tema 13. Produtos industriais de orixe vexetal.
Tema 14. Metabolitos secundarios e saúde humana
Desenvolvemento dos temas.
Prácticas Prácticas sobre os temas da materia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A18 A21 A26 A29 B2 B3 B8 23 50.6 73.6
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 8 24 32
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 3 0 3
Prácticas de laboratorio A30 A31 20 19.4 39.4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do tema complementada con presentacions en Power Point, videos e/ou esquemas no encerado. Durante o desenvolvemento do tema vanse intercalar preguntas aos estudantes para que reflexionen sobre elas e as contesten oralmente, previamente á sua explicación polo profesor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Realizaránse nos grupos moi reducidos establecidos polo centro. Incluirá a elaboración de materiais audiovisuais sobre o tema traballado
Proba mixta Constará de duas partes, nas cales vanse avaliar os coñecementos adquiridos, tanto teóricos coma prácticos. A proba mixta poderá incluir preguntas para desenvolver un aspecto da teoría, tipo test ou problemas
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os estudantes reuniránse co profesor para a elaboración do traballo de seminario. Ademáis, en horario de titorías, cada alumno poderá comentar co profesor a marcha do traballo, así como todalas dúbidas que se lle presenten. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo escrito.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos.
40% teórico.
20% práctico.
60
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira continua polo profesor. 40
 
Observacións avaliación
A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclue os seminarios e parte da proba mixta
2) Parte práctica, incluída na proba mixta. 

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ten que alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero se obtiver menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso).

Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase únicamente a proba mixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira oportunidade. Se o alumno está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica) e de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba mixta.

A asistencia a prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o alumno non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a asignatura. Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos quenon concorran ás probas mixtas. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida e dispensa académica, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo.

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Hammond, J., McGarvey, P., Yusibov, V. (1999). Plant Biotechnology. New products and Applications. Springer verlag.
Gonzalez–Fontes, A., Garate, A. & Bonilla I. (2010). Agricultural Sciences : Topics in Modern Agriculture . Studium Press LLC.
Patrick, G.L. (2009). An Introduction to Medicinal Chemistry . Oxford
Benítez Burraco, A. (2005). Avances recientes en Biotecnología vegetal e ingeniería genética de plantas.. Editorial Reverté.
BUCHANAN et al. (2015). Biochemistry and molecular biology of plants. Wiley-Blackwell – ASPB
Stenersen, J. (2004). Chemical pesticides mode of action and toxicology. CRC Press
Papageorgiou, G.C. (2010). Chlorophyll a Fluorescence. Springer
Cobb, A.H (2022). Herbicides and Plant Physiology, 3rd ed.. Wiley Blackwell
Slater, A., Scott, N.W. & Fowler, M.R. (2008). Plant Biotechnology: The Genetic Manipulation of Plants. Oxford University
Loyola-Vargas, V.M. e Vázquez-Flota F. (2006). Plant cell culture protocols.. Humana Press. 2nd Edition.
Trigiano, R.N. e Gray, D.J. (2007). Plant development and biotechnology.. CRC Press.
Lucas, J.A. (2020). Plant pathology and plant pathogens. Wiley Blackwell
TAIZ, L., ZEIGER, E., MÖLLER, I.M. & MURPHY, A. (2015). Plant physiology and development, 6th edition.. Sinauer Associates.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller, A.M. & Murphy, A (2022). Plant Physiology and Development, 7th ed.. Oxford University Press.
Bhatla, S.C. & Lal, M.A. (2018). Plant physiology, development and metabolism. Springer
Crozier,A., Clifford,M.N. & Ashihara, H. (2006). Plant Secondary Metabolites. Blackwell
Font Quer, P. (2009). Plantas Medicinales, El Dioscórides renovado. Península
Murphy, D (2011). Plants, Biotechnology and Agriculture.. CABI Publishers
Maarten J. Chrispeels and Paul Gepts (2017). Plants, Genes, and Agriculture. Oxford University
Ustin, S. y Gamon, J. (2010). Remote sensing of plant functional. New Phytologist (2010) 186: 795–816
Hay, R.K.M. & Porter, J.R. (2006). The physiology of crop yield, 2nd Edition.. Blackwell Publishing.

Bibliografía complementaria Sadras, V. & Calderini D. (2009). Crop physiology. Applications for genetic improvement and agronomy.. Academic Press.
Varios autores (2010). Guía práctica de la fertilización racional de los cultivos en España. . Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
Cobb, AH & Reade, J. (2010). Herbicides and plant physiology, 2nd edition.. Wiley-Blackwell.
Gianfagna, T (1995). Natural and synthetic growth regulators and their use in horticultural and agronomic crops. In: Davies, P.J. (Ed.) Plant hormones, pp 751-773.. Kluwer Academic Publishers.
De Liñán, C. (2010). Vademécum de productos fitosanitarios y nutricionales.. Ediciones Agrotécnicas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal II/610G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Resposta das plantas en condicións adversas/610G02030

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías