Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Comprender los conceptos, principios, teorías y hechos fundamentales relacionados con la Nanociencia y Nanotecnología. |
A2 |
CE2 - Aplicar los conceptos, principios, teorías y hechos fundamentales relacionados con la Nanociencia y Nanotecnología a la resolución de problemas de naturaleza cuantitativa o cualitativa. |
A3 |
CE3 - Reconocer y analizar problemas físicos, químicos, matemáticos, biológicos en el ámbito de la Nanociencia y Nanotecnología, así como plantear respuestas o trabajos adecuados para su resolución, incluyendo el uso de fuentes bibliográficas. |
B1 |
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio |
B2 |
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio |
B4 |
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado |
B5 |
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía |
B6 |
CG1 - Aprender a aprender |
B7 |
CG2 - Resolver problemas de forma efectiva. |
B8 |
CG3 - Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo. |
B9 |
CG4 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa. |
B11 |
CG6 - Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano/a y como profesional. |
B12 |
CG7 - Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma |
C2 |
CT2 - Dominar la expresión y la comprensión de forma oral y escrita de un idioma extranjero |
C4 |
CT4 - Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía respetuosa con la cultura democrática, los derechos humanos y la perspectiva de género |
C5 |
CT5 - Entender la importancia de la cultura emprendedora y conocer los medios al alcance de las personas emprendedoras |
C7 |
CT7 - Desarrollar la capacidad de trabajar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propuestas que contribuyan a un desarrollo sostenible ambiental, económico, político y social. |
C8 |
CT8 - Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad |
C9 |
CT9 - Tener la capacidad de gestionar tiempos y recursos: desarrollar planes, priorizar actividades, identificar las críticas, establecer plazos y cumplirlos |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento teórico e práctico das fontes de radiación óptica e fundamentos da óptica. |
A1 A3
|
B1 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2
|
Xeneración, traslación e interacción de ondas electromagnéticas. |
A1 A2
|
B1 B2 B7 B8 B9
|
C4 C5
|
Coñecer os dispositivos basados na luz: fotorresistencias, fotodiodos e sensores ópticos. |
A1 A2
|
B7 B11 B12
|
C7 C8
|
Fundamento das comunicacións ópticas e da modulación de ondas. |
A1
|
B1 B5 B7 B9
|
C7 C9
|
Comprender os principios da biofotónica e da nanofotónica. |
A3
|
B8 B9
|
C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I.- Introdución aos fundamentos ópticos e fontes de radiación óptica |
1.1. Raio de luz e índice de refracción. Lei de Snell
1.2. Camiño óptico: principio de Fermat
1.3. Leis da óptica xeométrica
1.4. Superficie de onda
1.5. Propagación da luz en medios dieléctricos e conductores
1.6. Leis de reflexión e refracción.
1.7. Fórmulas de Fresnel |
II.- Xeneración, traslación e interacción das ondas electromagnéticas |
2.1. Ecuacións de Maxwell
2.2. Ecuacións de ondas no baleiro
2.3. Ondas planas e esféricas
2.4. Ondas monocromáticas
2.5. A representación complexa das ondas
2.6. Descomposición espectral da radiación
2.7. Principio de Huygens
2.8. Enerxía das ondas |
III.- Dispositivos optoelectrónicos e detectores |
3.1. Diodos luminiscentes e láser
3.2. Fotorresistencias, fotodiodos, fototransistores, fotosensores capacitivos, e sensores dixitais de imaxe
3.3. Fotomultiplicadores
3.4. Aplicacións de sensores optoelectrónicos |
IV.- Comunicacións ópticas e modulación da luz |
4.1. Fibras ópticas monomodo e multimodo
4.2. Interferómetro de Michelson
4.3. Interferómetro de Fabry-Perot
4.4. Interferómetro de Sagnac
4.5. Óptica integrada |
V.- Nanofotónica e biofotónica |
5.1. Campo lejano campo cercano, límite de la difracción y ondas evanescentes
5.2. Teoría de Mie
5.3. Plasmónica y nanopartículas dieléctricas resonantes
5.4. Nanofotónica no -lineal
5.5. Puntos cuánticos y nanopartículas. Emisión de un único fotón
5.6. Biosensores |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A2 B4 B5 B7 B8 B9 C4 C7 C8 C9 |
4 |
8 |
12 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 B7 B8 B9 B12 C1 C7 C8 |
2 |
3 |
5 |
Seminario |
A2 A3 B2 B7 B8 B9 C8 C9 |
4 |
8 |
12 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 B11 |
2 |
3 |
5 |
Prácticas de laboratorio |
A1 B2 B7 B8 B11 B12 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 B1 B2 B4 B6 B11 B12 C1 C2 C5 |
28 |
49 |
77 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ao alumnado, co fin de que poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. |
Proba mixta |
Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxetivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
Seminario |
Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co el obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa do alumnado. |
Proba obxectiva |
De xeito periódico, nas sesións de solución de problemas, o alumnado realizará unha serie de probas curtas, de tipo test ou de resposta breve, destinadas tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias como ao afianzamento dos contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade permitirá non só realizar un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. |
Prácticas de laboratorio |
Faranse prácticas de laboratorio reais coa participación activa dos alumnos dentro das posibilidades que nos brinda a Facultade. Inclúese a toma de datos e o seu tratamento, así como a entrega dos resultados. |
Sesión maxistral |
Nas clases maxistrais introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de maior dificultade de comprensión para o alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Seminario |
|
Descrición |
O estudantado poderán asistir a titorías cos docentes en datas determinadas. Procurarase orientar ao alumnado na comprensión do problema plantexado e nas estratexias para resolvelo. As horas de titorías serán fixadas de forma conxunta entre docentes e alumnado segundo as súas necesidades e levarase a cabo nos despachos dos docentes ou aulas específicamente dirixidas a este uso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 B2 B7 B8 B11 B12 |
Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Para a realización das prácticas, os alumnos disporán de guións, que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos para a súa realización. Os alumnos elaborarán informes sobre o traballo práctico realizado. Tamén se realizará unha proba curta tipo test para evaluar os coñecementos adquiridos. |
20 |
Solución de problemas |
A2 B4 B5 B7 B8 B9 C4 C7 C8 C9 |
Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 B7 B8 B9 B12 C1 C7 C8 |
Exame final con dous partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta curta e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. |
50 |
Seminario |
A2 A3 B2 B7 B8 B9 C8 C9 |
A avaliación baséase na capacidade de aplicar os diferentes conceptos experimentais e teóricos vistos na materia. A avaliación inclúe: aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas para resolver os casos, análise crítico dos resultados obtidos. |
10 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 B11 |
De cando en vez, poderase realizar ao alumno probas curtas, tipo test ou resposta breve. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento óptimo da materia, os alumnos deberán asistir a todas as actividades presenciais. A realización das prácticas de laboratorio é un criterio básico para a superación da
materia. Neste apartado requirese unha nota mínima de 0.8 (sobre un
máximo de 2) para aprobar a materia. A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.
Matrícula
de honra: no caso de que haxa varios alumnos coa mesma titulación que
poidan optar a MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao número
de alumnos, otorgaraselle a MH o alumno con maior nota final. No caso de ter a mesma nota final, a MH otorgaraselle o alumno con maior nota na proba mixta. Os estudantes avaliados en
segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número deste non foi
cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Cualificación
de "non presentado": aplícase aos alumnos que participasen en
actividades avaliables que supoñan menos (<) do 40% da nota final. Sucesivos cursos académicos. Ou proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volta a
comezar de cero con cada novo curso. PRIMEIRA OPORTUNIDADE A cualificación será a suma das seguintes contribucións: - proba mixta con parte teórica e práctica: ata un máximo de 5 puntos - actividades realizadas nas clases de seminarios, probas obxectivas, etc, así como titorias: ata un máximo de 1.5 puntos - resolución de problemas: ata un máximo de 1.5 puntos - prácticas de laboratorio: ata un máximo de 2 puntos En calquera caso, se non se alcanza unha nota mínima de 4,0/10 en cada unha das partes da proba mixta, suspenderase a materia aínda que a nota final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa igual ou superior a 5. /10 . Nese caso, a nota final será de 4,5 / 10.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Realizarase un exame final que constará de duas partes, teórica e práctica, que puntuarán 4./10 puntos cada unha delas. En total a máxima nota de esta proba será de 8./10 puntos. Os 2./10 puntos restantes corresponderán a nota obtida nas prácticas de laboratorio.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario,
está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se
durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso non
autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
A
realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na
convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida
en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir,
dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización
das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula,
que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24
de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do
estudantado da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Marc Figueras Atienza (2011). Óptica y fotónica. UOC
Sergey V. Gaponenko (2010). Introduction to Nanophotonics. Cambridge, Cambridge University Press
P.N. Prasad (2004). Nanophotonics. New Jersey, John Wiley & Sons
J.M. Cabrera, F.J. López, F. Agulló (1993). Optica electromagnética: fundamentos. Addison-Wesley. |
|
Bibliografía complementaria
|
George W. Hansons (2004). Fundaments of nanoelectronics. Pearson education
Miguel A. Pérez García (2004). Instrumentación electrónica. Paraninfo
Rainer Waser (2013). Nanoelectronics and Information. Technology. Wiley-VCH
Ramon Pallas Areny (2005). Sensores y Acondicionadores de Señal. Marcombo
W Gopel, J. Hesse, J. N. Zemel (1995). Sensors: A Comprehensive Survey. Technology. Wiley-VCH |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Polímeros/610G04028 | Estado Sólido/610G04022 | Fundamentos de Cuántica/610G04015 | Electricidade e Magnetismo/610G04007 | Mecánica e Ondas/610G04002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
As presentacións de clase que se poñen ao dispor do alumnado no Campus
Virtual son unha guía para o estudo dos temas, pero en ningún caso
constitúen o contido total dos mesmos.
Recoméndase encarecidamente utilizar as horas de tutoría para aclarar dúbidas.
Perspectiva de xénero
Tal e como se
recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o
desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa
diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do
alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual.
Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das
sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e
cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático. b) De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|