Traballo de xestión dunha carteira ficticia de 1000000€
Na avaliación continua da materia será un requisito indispensable para ser avaliados a asistencia regular coa participación e aproveitamento activo das sesións e actividades organizadas polos coordinadores da materia e Máster.
O sistema de avaliación permanecerá sen cambios tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Observacións de avaliación:
1. Calificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñen un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na oportunidade adiantada é posible recuperar os puntos de avaliación continua (resolución de problemas, probas de resposta curta, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais para a proba obxectiva final.
3. Estudantes con recoñecemento de tempo parcial e exención académica de asistencia: salvo as datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as outras probas acordarase un calendario específico ao comezo do curso de datas compatibles coa súa dedicación.
4. Sobre as condicións da avaliación final: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación có exterior e/o almacenamento de información.
5. Identificación do alumno: O alumno ha de acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.
6. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprabada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: corresponderá unha cualificación de “suspenso”
(nota numérica de 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto
se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.
Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira
oportunidade, se fose necesario.
Outras observacións de avaliación.
Do mismo xeito, se indican a continuación unha serie de "Recomendacións" (optativas), apartado "Observacións", para cumplir o obxectivo de "facultade sostible" ligado ao Green Campus:
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida