1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando so participe de actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (resolución de problemas, probas de resposta curta, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais para a proba obxectiva final.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as outras probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
5. Identificación do estudante: O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprabada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Outras observacións de avaliación:
a. Avaliación da Parte I: os contidos desta parte avaliaranse ca entrega de follas de exercicios e/ou proba obxectiva podendo obter un máximo de 7,5 puntos.
b. Avaliación da Parte II: os contidos desta parte avaliaranse ca entrega de follas de exercicios, podendo obter un máximo de 7,5 puntos; e, cunha proba obxectiva podendo obter un máximo de 2,5 puntos.
puntos.
c. Asistencia a clase
obligatoria