Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Socioloxía Código 611G01003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Barcón, Alberto
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
alberto.barcon@udc.es
ariadna.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral A Socioloxía Económica céntrase no estudo dos fenómenos económicos a través das referencias teóricas, modelos e variables explicativas propias da Socioloxía. De maneira específica, o curso centrarase no estudo da natureza das relacións sociais de índole económica, así como das institucións encargadas da produción, distribución e consumo de bens e servizos. Neste contexto, o obxetivo é, por unha banda, comprender os fundamentos epistemolóxicos e teóricos desta ciencia social e, por outro, promover a adquisición de criterios científicos, capacidade crítica e experiencia práctica, co fin de capacitar aos estudantes na comprensión e análise especializada da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar en debates e traballos de equipo. A11
A13
B4
C1
C6
C7
C8
Coñecemento dos principais conceptos ou nocións da socioloxía e da socioloxía económica B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C6
C7
C8
Entender as decisións dos principais axentes socioeconómicos e as súas consecuencias macroscópicas (na economía e a sociedade) B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE TEMÁTICA 1: A análise sociolóxica da realidade.
1.1. Aproximación á disciplina sociolóxica.
1.2. Fundamentos teóricos básicos da Socioloxía.
1.3. Categorías sociais e mirada sociolóxica.


UNIDADE TEMÁTICA 2: Ferramentas de análise da realidade social.
2.1. Necesidade dun enfoque interdisciplinar.
2.2. O método en Socioloxía.
2.3. Fundamentos e utilidades das técnicas cuantitativas e cualitativas da investigación social.
UNIDADE TEMÁTICA 3: A análise sociolóxica da empresa.
3.1. A análise da empresa como sistema social.
3.2. Organización formal (funcional e xerárquica) e organización informal.
3.3. A humanización do traballo: teorías da motivación e da satisfacción laboral.

UNIDADE TEMÁTICA 4: A análise sociolóxica da acción económica.
4.1. Disciplinas e especialidades fronteirizas.
4.2. Economía non monetaria e economía informal.
4.3. Investigación da realidade económica.
UNIDADE TEMÁTICA 5: O Mercado como institución social.
5.1. O institucionalismo na economía.
5.2. Modelos de mercados e regulación.
5.3. O capital social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A11 B1 B4 B5 2 8 10
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 16 16 32
Obradoiro A11 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C8 25 25 50
Sesión maxistral B2 B5 B7 27 27 54
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos da materia.
Traballos tutelados Realización de traballos individuais e colectivos nos que se apliquen os coñecementos adquiridos na materia.
Obradoiro Realización de actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
Sesión maxistral Explicación dos contidos teóricos da materia para transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Fomentarase a participación dos estudantes a través de preguntas e / ou discusións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Levarase a cabo un seguemento continuo dos estudantes a través de titorías e atención personalizada como complemento ás actividades que se realizarán na aula.

Recoméndaselles aos estudantes que fagan uso das tutorías para consultar e supervisar as actividades e traballos que deben realizar para conseguir o mellor uso e aprendizaxe da materia.

As tutorías de grupo reducido levaranse a cabo a través de Teams en 4 sesións nas semanas previas ás entregas de traballos e prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 B1 B4 B5 Exame con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos da materia.
40
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Realización de traballos individuais e colectivos nos que se aplicarán os coñecementos adquiridos na materia. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

1. Calificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia: O estudante deberá comunicar esta circunstancia aos profesores da materia ao comezo do curso e, excepto para as datas aprobadas en Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: na convocatoria oficial correspondente á 1ª oportunidade avaliarase aos alumnos matriculados en función dos seguintes criterios: 1) realización, entrega e exposición oral dos traballos e actividades prácticas (60% da calificación); e b) proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento sobre o contido teórico da materia (40% da calificación). Os estudantes teñen que alcanzar o aprobado tanto na parte práctica como na parte teórica da materia para facer a media entre ambas.

2. Segunda oportunidade: na convocatoria oficial correspondente á 2ª oportunidade, os estudantes serán avaliados mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da calificación final.

3. Convocatoria anticipada: no caso de que un alumno solicite a convocatoria anticipada, avaliarase mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será do 100%.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Implicacións do plaxio: 

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Directrices de xénero:

- Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Enguita, M. (1998). Economía y sociología: para un análisis sociológico de la realidad económica. Madrid: Siglo XXI
Goldthorpe, J.H. (2017). La sociología como ciencia de la población. Alianza Editorial
Boudon, R. (2004). La sociología que realmente importa. Papers: Revista de Sociología, (72), pp. 215-226.
Schelling, T.C. (1989). Micromotivos y macroconducta. México: Fondo de Cultura Económica

Berger, P. L., Luckmann, T. (1968). La construcción social de la realidad. Buenos Aires: Amorrortu.

Cristóbal Carle, G. (2023). Lecciones para un CEO. Respuestas a los errores en la gestión empresarial. ESIC Editorial.

Duverger, M. (1962). Métodos de las ciencias sociales. Barcelona: Ed. Ariel. 

Esping-Andersen, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Barcelona: Ariel.

Garmendia, J. A. (Ed.) (1987). Sociología industrial y de la empresa. Madrid: Ed. Apilar.

Giner, S. (1979). Sociología. Barcelona: Ed. Península.

Golthorpe, J.H. (2010). De la sociología: números, narrativas e integración de la investigación y la teoría. Madrid: CIS.

Guiddens, A. (2001). Sociología. Madrid: Ed. Alianza. 

Köhler, H. D. y Artiles, A. M. (2007). Manual de la Sociología del trabajo y de las relaciones laborales. Madrid: Delta Publicaciones.

Macionis, J. y Plummer, K. (2010). Sociología. Madrid: Prentice Hall.

Penalonga, A. (2011). Homo economicus: una explicación del mundo a través de la economía. Madrid: Grupo Planeta.

Portes, A. (2014). Sociología económica, una investigación sistemática (Vol. 9). CIS-Centro de Investigaciones Sociológicas.

Rocher, G. (1980). Introducción a la Sociología General. Barcelona: Ed. Herder. 

Solow, R. M. (1992). El mercado de trabajo como institución social. Madrid: Alianza Editorial.

Watson, T. (1995). Trabajo y sociedad. Manual introductorio a la sociología del trabajo, industrial y de la empresa. Barcelona: Hacer Editorial.

 

Bibliografía complementaria

Finkel, L. (1994). La organización social del trabajo. Madrid: Pirámide.

García Madaria, J. M. (1985). Teoría de la organización y sociedad contemporánea. Barcelona: Ariel Ciencia Política.

Mingione, E. (1994). Las Sociedades Fragmentadas. Una Sociología de la vida más allá del paradigma del Mercado. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.

Rifkin, J. (1996). El fin del trabajo. Nuevas tecnologías contra puestos de trabajo: El nacimiento de una nueva era. Barcelona: Ed. Paidós.

             -(2011). La tercera revolución industrial. Cómo el poder lateral está transformando la energía, la economía y el mundo. Barcelona: Ed. Paidós.

Sayer, A. y Walker, R. (1992). La nueva economía social. Reelaboración de la división del trabajo. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.

Sennet, R. (1998). La corrosión del carácter. Las consecuencias personales del trabajo en el nuevo capitalismo. Barcelona: Anagrama.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Historia Económica/611G01002
Estatística I/611G01006
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008

Materias que continúan o temario
Estatística II/611G01014
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019
Análise Económico das Organizacións/611G01032
Marketing/611G01035
Investigación de Mercados/611G01040

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías