Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
B10 |
|
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os principios que rexen o funcionamento das leis financeiras utilizadas na práctica, xunto coa súa aplicación a operacións financeiras concretas. |
A1 A2 A8 A9 A11
|
|
C4 C5
|
Coñecer e identificar o concepto de operación financeira, así como dos seus compoñentes, custos e rendementos. Saber utilizar estes conceptos en operacións financeiras concretas e, particularmente, nos conceptos de TAE e Custo Amortizado. |
A3 A4 A8 A9 A11
|
|
C1
|
Coñecer, valorar e desenvolver operacións de préstamo, tanto dende o punto de vista do prestamista coma do prestatario. |
A8 A9 A11 A12
|
|
C7
|
-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
|
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
|
Ser capaz de valorar rendas financeiras así como identificar en que operacións económico-finaniceras e para que han de ser aplicados tales valores. |
A5 A6 A8 A9 A11
|
|
C8
|
Utilizar as ferramentas informáticas axeitadas para lograr máis eficienica nos cálculos necesarios nos apartados anteriores. |
A9 A10 A11
|
|
C6
|
- Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
A7
|
B6 B7 B8 B9 B10
|
C2 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Leis financeiras. Conceptos xerais |
1. Concepto de ben económico.
2. A actividade económica e a actividade financeira.
3. Concepto de capìtal financeiro e representación gráfica.
4. Proxección financeira: concepto e clases.
5. Leis financeiras: concepto, características e propiedades.
6. Equivalencia e orde financeiras.
7. Magnitudes derivadas.
8. Sistemas financeiros. Concepto e clases.
9. Operacións con capitais financeiros
|
Leis financieiras utilizadas na práctica. |
1. Capitalización simple e composta.
2. Desconto simple comercial e racional ou matemático. Desconto composto comercial e racional.
3. Capitalización continua.
4. Tipos de interese equivalentes.
5. Suma financeira e capital unificado. |
Operacións financeiras. |
1. Concepto, clases e compoñentes. O equilibrio financeiro.
2. Reserva matemática ou saldo financeiro. Concepto e métodos de determinación.
3. Custos e rendementos efectivos.
4. Aplicacións prácticas. O concepto de TAE. O custo e rendemento efectivos nas normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade. O cadro de Custo Amortizado de acordo ás normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade. |
Valoración de rendas. |
1. Concepto, compoñentes e clases de rendas.
2. Valoración de rendas. Método xeral e casos particulares.
3. Aplicacións prácticas. Obtención do Valor Actual Neto ou Valor Capital dun investimento. Constitución de capitais. |
Operacións de préstamo. |
1. Concepto de préstamo. Tipoloxía dos préstamos.
2. O equilibrio financeiro nas operacións de préstamo.
3. Cadros de amortización. Concepto, clases e obtención destes segundo as diferentes tipoloxías.
4. Valor financiero de un préstamo.
5. Características comerciais dos préstamos: a carencia e o reembolso anticipado.
6. O cálculo do custo efectivo para o prestatario, do rendemento para o prestamista e da TAE e o CER segundo normativa do Banco de España. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A5 A6 A8 A11 B2 B3 C2 |
2 |
11 |
13 |
Proba de resposta breve |
A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 |
2 |
6 |
8 |
Solución de problemas |
A7 A8 A11 B2 B1 B3 C3 |
25 |
50 |
75 |
Seminario |
A3 A4 A8 A9 A10 A11 A12 B3 C6 |
3 |
6 |
9 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A6 A8 A11 A12 B6 B7 B8 B10 B9 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
14 |
30 |
44 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.
2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.
3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que a Xunta de facultad fixe oficialmente. |
Proba de resposta breve |
1. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.
2. O exame pode ser oral ou escrito. De non dicirse nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos.
3. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cuantos subgrupos con1. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple ou unha combinación delas.
|
Solución de problemas |
Solución de problemas
Solución de problemas
1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.
2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.
3. Na solución dos exemplos prácticos poderase intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención.
4. Formularanse exercicios a realizar en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha revisión dos exercicios na que poderase intervir e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que se formulen sobre o contido destas .
|
Seminario |
Son un total de 4 horas adicionais de docencia que se impartirán ao longo do cuadrimestre en pequenos grupos de estudantes.
Realizaranse en tres sesións de 80 minutos nos meses de outubro, novembro e decembro respectivamente a través de Microsoft Teams ou presencialmente e fóra do horario habitual de clase na data e hora acordadas co profesor.
Os obxectivos do seminario son:
a) Comentar calquera dúbida teórica sobre a parte da materia explicada ata ese momento
b) Resolución de exercicios da parte de materia explicada ata ese momento.
|
Sesión maxistral |
Sesión maxistral
1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de que orientar na preparación da materia.
2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e á súa extensión, de modo tal que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se profundará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.
3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión poderíase remitir a consultar á bibliografía, aínda que nese caso nas clases presenciais orientaráselle acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
1. Na sesión maxistral, poderase intervir, despois de pedir a palabra, para preguntar, aclarar ou presentar o seu punto de vista sobre o tema que se está a debater no momento da súa intervención.
2. Na resolución de problemas e nos seminarios (TGR), que se realizarán na forma descrita no apartado de metodoloxía, poderase intervir segundo o indicado no devandito apartado.
3. Nos horarios de titoría fixados por cada docente, atenderase, previa solicitude de cita e cos límites establecidos pola normativa de dedicación docente da facultade da UDC para aclarar aquelas dúbidas que xurdan para a preparación da materia. .
4. Sen mencionar a persoa que evacuou a consulta, esta pode publicarse en Moodle, xunto coa súa resposta, para que outros estudantes poidan aproveitalo. Todo isto se o profesor o considera adecuado e de interese xeral.
5. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia, acordarán ao comezo do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación. Para iso, debes contactar co profesor durante os dez primeiros días do cuatrimestre no que se imparte a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta breve |
A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 |
1. Dúas probas ao longo do cuadrimestre.
2. O primeiro inclúe os ítems 1 e 2 e supón o 25 % da nota na avaliación final da primeira oportunidade, o segundo inclúe o ítem 3 e supón o 20 % da nota da avaliación final na primeira oportunidade.
2. Consisten nun exame seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías
|
45 |
Proba mixta |
A5 A6 A8 A11 B2 B3 C2 |
1. Trátase dunha proba única para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.
2. Na primeira oportunidade, realizarase un exame dos puntos 4 e 5 do programa, que suporá o 55 % da nota da avaliación final.
Na segunda oportunidade realizarase un exame da materia total e supón o 100% da nota de avaliación.
3. Estas probas realizaranse nas datas oficiais seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías.
4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACION: 1. Calificación de non presentado: Corresponde a quen só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: A avaliación destes rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Para a realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario específico compatible coa súa dedicación C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade. Aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente mencionados neste apartado: dúas probas
ao longo do cuadrimestre e unha terceira na data do exame oficial.
2. Segunda oportunidade. Haberá un único exame
que inclúe todo o temario e suporá o 100% da nota final desta oportunidade. As
cualificacións obtidas nas probas realizadas para optar á primeira oportunidade
non se terán en conta en ningún caso para optar a esta segunda oportunidade.
3. Convocatoria anticipada. Realizarase unha
proba mixta dirixida a avaliar todas as competencias e contidos da materia. O
resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida polo alumno. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora
electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do
exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de
comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos,
anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na
convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia
desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con
independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou
material sinalado utilizáseos ou non no curso desta. As probas non
realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación
de cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o
alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de
avaliación. Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a
coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Aguiar Maragoto, F. J. y Martínez Fernández, P. (2009). Apuntes de Análisis de las operaciones financieras.
J. Enríquez Díaz y R. Pesqueira Sanchez (2020). Matemáticas financieras. Teoría y práctica. Santiago. Andavira
Joaquín Enríquez Díaz (2018). Matemáticas financieras: a través de supuestos prácticos. A Coruña Repronor SL |
BIBLIOGRAFÍA ELECTRÓNICA:
Ramón Pintado, T. María del
Carmen Lozano Gutiérrez y Ramón Llorens, M. C. (2015). Matemáticas de las
operaciones financieras. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/44000
Tomás, N. (2015). Operaciones
financieras en diversos escenarios. Ediciones UNL. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/78509
Montero Espinosa Curso de
matemáticas financieras https://www.youtube.com/channel/UCiSbnw9sZjvuxbp1s3zeIrQ
David Moreno Muñoz, María
Gutiérrez Urtiaga Ramón Pintado, T. María del Carmen Lozano Gutiérrez y
Ramón Llorens, M. C. (2015). Matemáticas de las operaciones financieras.
Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/44000
Giménez Morera, A. Soler Orts,
L. y Pascual Plá, B. (2016). Aplicación práctica de las matemáticas de
operaciones financieras y la contabilidad. Editorial de la Universidad
Politécnica de Valencia. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/57422
Ramón Pintado, T. Lozano
Gutiérrez, M. C. y Ramón Llorens, M. C. (2016). Ejercicios resueltos:
matemática de las operaciones financieras. Conceptos básicos. Universidad
Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/44005
Andrade López, J. C. (2017).
Ejercicios resueltos de matemáticas financieras. Ecoe Ediciones. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/70494?page=15 BIBLIOGRAFÍA ELECTRÓNICA
(INGLÉS):
Lozano Gutiérrez, M. C. y Ramón
Llorens, M. C. (2017). Financial mathematics: fundamental concepts. Universidad
Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/44010 |
Bibliografía complementaria
|
Bravo Monroy, R. (2004). 4 Matemáticas financieras. Teoría y ejercicios. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
González Velasco, M. del C. (2007). Contabilidad Madrid. Editorial Ra-Ma Libro Subir González Velasco, M. del C. 2007 Análisis de las operaciones financieras (Core Syllabus for Actuarial Training in Europe). Pamplona. Editorial Aranzadi, S.A.
Bonilla Musoles, M., Ivars Escortell, A. y Moya Clemente, I. (2006). Matemática de la operaciones financieras. Teoría y práctica. Madrid. Ed. Thomson
Pallerola Comamala, J. (2008). Matemática financiera para el nuevo Plan General de Contabilidad. Madrid. Editorial Ra-Ma
Cabello González, J. M. (2006). Valoración financiera. Teoría y práctica con Excel. Madrid. Delta Publicaciones |
O texto de referencia para seguir o curso é o
libro de Aguiar Maragoto e Martinez Fernández. O enderezo electrónico para
acceder a ela facilitarase ao alumno o día da presentación da materia.
O resto do material recomendado está accesible de
forma virtual ou na biblioteca da facultade. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Contabilidade Financeira I/611G02013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Teoría do Investimento/611G02020 | Teoría do Financiamento/611G02021 |
|
Observacións |
1.- Débese facer un uso sostible dos recursos co fin
de evitar impactos negativos sobre o medio natural. 2.- O comportamento persoal e profesional debe guiarse
por principios éticos. 3.- Terase en conta na medida do posible a perspectiva
de xénero. 4.- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade. 5.- Se se detectan situacións de discriminación por
razón de xénero, proporanse actuacións e medidas para corrixilas. 6.- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente
dificultades para acceder a unha vida universitaria adecuada, igualitaria e
beneficiosa. |
|