A asistencia a clase é obrigatoria.
Na 1ª oportunidade a avaliación será continua e será requisito o ter asistido alomenos ao 75% das horas de docencia presencial. So se excluirán deste cómputo as ausencias debidamente xustificadas polas causas previstas no artigo 12.1 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudios de Grao e Mestrado Universitario.
A cualificación provisional (que será definitiva de cumprirse o requisito de asistencia) da 1ª oportunidade calcularase da seguinte forma:
- Proba práctica: na data oficial de exame cun peso do 30%,
- Boletíns de problemas: 4 boletíns de problemas a realizar na aula, dos que só computarán os tres mellores, cun peso do 15% cada un,
- Exame tipo test: cun peso do 25%.
A cualificación da 2ª oportunidade calcularase da seguinte forma:
- Proba práctica: na data oficial de exame, cun peso do 30%,
- Proba práctica adicional (sustitutoria dos boletíns de problemas), na data oficial de exame cun peso do 45%,
- Test, na data oficial de exame, cun peso do 25%.
O estudantado que cumpra o requisito de asistencia poderá manter a cualificación obtida na 1ª oportunidade no test e/ou nos boletíns de problemas (en conxunto), previa solicitude no prazo que se establecerá ao efecto.
O estudantado con dispensa académica está eximido do requisito de asistencia na 1ª oportunidade. A súa avaliación nas duas oportunidades será como a descrita anteriormente para a 2ª oportunidade (exame, 75%, test, 25%).
Será cualificado con NON PRESENTADO o/a estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. De non cumprirse o requisito de asistencia na primeira oportunidade, a cualificación definitiva será a menor de: i) a cualificación provisional e ii) 4.9 puntos.
Convocatoria adiantada de decembro: A cualificación final do estudantado que solicite a convocatoria adiantada de decembro será a obtida nunha proba obxectiva presencial valorada sobre 10 puntos.
Condicións de realización das exames presenciais: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información nin empregar ningún software/aplicación que non teñan sido permitidos de forma expresa. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de dispositivos. Os alumnos deberán identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de avaliación.
Plataforma virtual: Utilizaráse o Campus Virtual da UDC (http://campusvirtual.udc.gal).
As titorías en grupo reducido empregaranse para a realización das problas de avaliación continua na aula.
En caso de cometer fraude, o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.