A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Primeira oportunidade: É imprescindible obter unha cualificación mínima de 3,5/10 no exame final para sumar á cualificación de avaliación continua.
Segunda oportunidade: Na data e hora establecida
no calendario académico oficial para a realización da proba de avaliación correspondente
á segunda oportunidade, realizarase un exame que constará de dúas partes:
Parte xeral, que
representa un 60 % da nota final que se suma a cualificación obtida polo estudante
nas probas de avaliación continúa realizadas ao longo do cuadrimestre. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 3,5/10 no exame final para sumar á cualificación de avaliación continua.
Parte específica para que os estudantes que o desexen poidan recuperar a cualificación correspondente ás probas e actividades contempladas na evaluación continua programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (probas test, problemas e outras actividades avaliables). A realización desta parte específica consistirá nunha serie de preguntas, exercicios e/ou casos práctos cos que se avaliará a adquisición do tipo de competencias requeridas para superar as probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre. Esta parte do exame permite acadar un máximo do 40% da nota final. Deste xeito, os estudiantes estarán en condicións de acadar na segunda oportunidade un 100% da cualificación.
Nota importante: O
estudante que realizan a parte específica da proba de avaliación final
programada para a segunda oportunidade enténdese que renuncia a cualificación
obtida na avaliación continua desenvolvido durante o cuadrimestre.
Convocatoria adiantada: 100% en examen final.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspendo" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primera oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualifiacación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.