Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender as xustificacións e os obxectivos das políticas económicas sectoriais, das reformas estructurais e das políticas de oferta. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Analizar os instrumentos de política microeconómica dispoñibles para a intervención en materia de política económica sectorial e estrutural. |
A1 A2 A3 A4 A7 A8
|
|
C4 C6 C8
|
Interpretar e analizar as principais aportacións á investigación económica en materia de políticas económicas sectoriais e estructurais e analizar a aplicación práctica deste tipo de políticas. |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12
|
B1 B9
|
C4 C5 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Políticas económicas estruturais |
Tema 1. Fundamentos de política económica estruturais
Tema 2. Políticas económicas de oferta y reforma estruturais
Tema 3. Avaliación de políticas económicas |
Segunda parte: Políticas sectoriais horizontais |
Tema 4. Política de competencia
Tema 5. Política de I+D+i
Tema 6. Política mediambiental
Tema 7. Política de infraestruturas |
Terceira parte: Políticas sectoriais verticais |
Tema 8. Política agraria e de recursos naturais
Tema 9. Política industrial
Tema 10. Política enerxética
Tema 11. Políticas do sector servizos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A13 |
4 |
0 |
4 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
51 |
68 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 |
24 |
48 |
72 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O profesor presentará a materia ao estudante e, se fose o caso, avaliará os seus coñecementos previos. |
Sesión maxistral |
O profesor desenvolverá os contidos básicos dos temas da asignatura. |
Obradoiro |
Estudo de casos aplicados e prácticos sobre políticas económicas sectoriais e reformas estructurais mediante estatísticas, novas de prensa, comentarios en blogs, referencias bibliográficas especializadas na materia, etc. Levaranse a cabo nas sesións de carácter interactivo. Pode incluir preguntas breves de comprensión para realizar na aula. Pode ser obxecto de seminarios, debates ou postas en común. |
Proba mixta |
Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Serán exames escritos sobre os contidos teóricos e prácticos da asignatura. Poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, tipo ensaio, prácticas etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
|
Descrición |
O estudante pode recibir atención personalizada para resolver as súas dúbidas sobre a materia, principalmente en titorías.
As titorías en grupo reducido planificaranse ao longo do curso. Estarán destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumno a través do seguimento e a supervisión das distintas actividades programadas (busca de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos, seminarios etc.).
Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 |
Cuestionario realizado nas clases interactivas adicadas ao estudo de casos, consistente en preguntas breves sobre casos prácticos da materia. As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. |
40 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 |
Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
|
60 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE EVALUACIÓN Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. Implicacións dos casos de fraude na realización de probas e actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN: Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Segunda oportunidade: De acordo coas directrices aprobadas pola Comisión Académica o día 22/10/06, nesta convocatoria o alumnado deberá ser capaz de acadar o 100% da nota. Pois ben, no caso desta materia, haberá unha proba adicional ao exame ordinario, que terá lugar inmediatamente despois deste. Esta proba consistirá en responder a unha serie de preguntas de desenvolvemento (tanto de contido teórico como práctico) durante un tempo máximo de 2 horas. Todas estas preguntas son de resposta obrigatoria, de xeito que unha puntuación de 0 en calquera delas suporía unha puntuación de 0 nesta proba complementaria, na que a puntuación máxima é de 4 puntos. Convocatoria adiantada: 100% examen final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Aranda, E.; Pérez Moreno, S. y Sánchez Andrés, A. (Coords.) (2018). Política económica y entorno empresarial. Madrid: Pearson
Sánchez Andrés, A. y Tomás, J. A. (dir.) (2014). Crisis y política económica en España: Un análisis de la política económica actual. Cizur Menor: Aranzadi
Fernández Albertos, J. y Manzano, D. (2010). Democracia, instituciones y política económica. Madrid. Alianza Editorial
Parejo, J. A; Calvo, A. y Paul, J. (1995). La política económica de reformas estructurales. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces
Martín Mayoral, F. (coord.) (2009). Manual de economía española. Teoría y estructura. Madrid: Pearson Educación
Fernández Díaz, A.; Parejo, J. A. y Rodríguez Sáiz, L. (2011). Política Económica. Madrid: McGraw-Hill
Cuadrado, J. R. (dir) (2023). Política Económica. Madrid: McGraw-Hill
Casares, J. y San Martín, E. (dir.) (2023). Política económica española. Lecciones. Madrid: Civitas
Sánchez Andrés, A.; Ochando, C. y Torrejón, M. (2018). Política económica estructural. Barcelona: UOC
Sánchez Andrés, A. (coord.) (2022 ). Políticas económicas estructurales. Valencia: Tirant lo Blanch
García Reche, A. y Sánchez Andrés, A. (coords.) (2016). Políticas económicas estructurales y de competitividad. Valencia: Tirant lo Blanch |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Política Económica/611G01013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Observacións finais: As referencias bibliográficas que se expoñen como bibliografía básica son as que se utilizan en maior ou menor medida para desenvolver o programa da asignatura nas sesións maxistrais. Durante o curso podería engadirse algunha referencia adicional si se considera axeitado para mellorar a docencia na materia e a comprensión da mesma por parte dos estudantes, sobre todo en aqueles casos nos que se trate dalgunha referencia de nova publicación.
Ao longo do curso o profesor da materia poderá establecer lecturas obligatorias e/ou voluntarias, que serán postas ao dispor do alumnado a través do Campus Virtual ou do Servizo de Reprografía da Facultade con tempo suficente para poder ser utilizadas polos alumnos en clase e ser preparadas para as probas de avaliación establecidas na asignatura. Tamén poderanse establecer lecturas de prensa e revistas.
|
|