Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e manexar algúns dos principais métodos estatísticos para o tratamento e análise de calquera tipo de información económica, numérica ou cualitativa, temporal ou de sección cruzada. |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. |
A1 A3 A4 A5 A7 A12
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Estimar e interpretar os parámetros do modelo clásico de regresión. Comprender o funcionamento do modelo e en que situacións aplicalo. |
A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Utilizar as ferramentas informáticas adecuadas para realizar os cálculos e estimar os modelos a que se refiren as competencias anteriores, tanto na parte de Métodos Estatísticos como na parte de Introdución á Econometría. |
A9 A10 A11
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1) Análise de datos cuantitativos |
- Preparación de datos
- Análise previa para métodos estatísticos e econométricos: gráficas e medidas
- Medidas de concentración |
2) Análise de datos cualitativos |
- Análise previa con variables cualitativas: graficas e táboas
- Contrastes de independencia
- Medidas de asociación para variables nominais e ordinais
- Metodos estatisticos para variables cualitativas |
3) Econometría e modelos econométricos |
- Definición de Econometría
- Os modelos econométricos e os seus elementos
- Clases de modelos |
4) O modelo de regresión lineal clásico |
- Modelo de regresión lineal uniecuacional
- Estimacion do modelo mediante mínimos cadrados ordinarios.
- Interpretacions dos estimadores e inferencia
- A bondade do axuste. Medidas |
5) Análise da Varianza |
- Conceptos xerais
- Un factor: efectos fixos e información completamente aleatorizada
- Dous factores: efectos fixos e información completamente aleatorizada
|
6) Introdución ás series temporais |
- Procesos estocásticos: definición, características xerais e exemplos
- Series temporais: descomposición
- Series temporais: Introdución aos modelos ARIMA |
Tema transversal: EXCEPTO grupo con clase en INGLES
Introdución á programación con R. |
Introdución á programación con R. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A7 A11 B8 B9 C5 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A2 A3 A4 A7 A12 C4 |
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
A7 A10 B1 |
6 |
15 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A12 C3 C6 C8 |
4 |
10 |
14 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A13 B2 |
4 |
10 |
14 |
Solución de problemas |
A9 B3 C7 |
6 |
15 |
21 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13 C1 C3 C6 C7 C8 |
4 |
12 |
16 |
Proba mixta |
A4 A5 B4 B5 B6 B7 C1 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O curso comezará cunha presentación da materia, na que se exporá con detalle o traballo a desenvolver polo alumnado e os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral |
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
|
Obradoiro |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
|
Prácticas a través de TIC |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado. Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda. De xeito trasversal tamén se introducirá ao alumnado no traballo en estatística e econometría con medios informáticos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo. Antes da entrega do traballo ou de boletíns de exercicios en grupo, adicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou dificultades atopadas. Deste xeito créase un debate entre eles, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito critico.
Realizaranse traballos en grupo nos que os alumnos deberán resolver distintas cuestións teórico-prácticas relativas aos temas implicados; ao seu remate, o grupo deberá amosar o realizado, con diferentes posibilidades de exposición (oral ou escrita); a elección do método dependerá da evolución da docencia. |
Solución de problemas |
Atencion persoalizada ao alumnado para a resolucion das dúbidas que puidesen aparecer, non só na resolucion de exercicios se non en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
|
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela unha cualificación mínima para computar as outras actividades que se avalían.
Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor poderá propoñer probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas a través de TIC |
Obradoiro |
Proba mixta |
|
Descrición |
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. Consistirán, fundamentalmente, en:
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas do alumnado.
As TGR, poderán impartirse de forma presencial ou on line, en función das circunstancias docentes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A7 A10 B1 |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
|
20 |
Proba mixta |
A4 A5 B4 B5 B6 B7 C1 |
Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela unha nota mínima para computar as outras actividades que se avalían.
Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final, sen prexuicio da posiblidade dunha proba final na primeira e segunda oportunidade. |
50 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13 C1 C3 C6 C7 C8 |
En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará un ou varios traballos en grupo (en caso de ser máis de 1, como mínimo existirá 1 en grupo, pero algún dos demais podería ser individual), enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A
proba mixta considerarase fundamental na avaliación, polo que será
necesario obter nela unha nota mínima para computar as
outras actividades que se avalían.
Estes
criterios de avaliación corresponden tanto á primeira como a
segunda oportunidade.
Os mesmos criterios aplicaranse ao alumnado con dedicación parcial.
De calquera xeito ao estudantado con dedicación parcial
recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da
súa situación.
En
caso de que haxa estudantes que opten pola convocatoria adiantada, o
sistema de cualificacións será o mesmo que figura no esquema anterior. Neste caso as actividades
do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de
21 días antes do exame de convocatoria adiantada.
A
orde que seguen os temas nesta guia docente pode ser modificado ao
impartilo na aula, en función das necesidades docentes que poidan
xurdir.
Algunhas observacións
xerais de avaliación, colocadas de maneira homoxénea co resto das guias docentes
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: Ao estudante poderáselle pedir que acredite a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACION: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao estudante cando só participe de actividades de avaliación que teñan una ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, polo tanto o exame final, considerado como Proba Mixta seguirá sendo o 50% da nota. Para acadar o 100% da nota nesta segunda oportunidade o profesorado indicará que actividades de avaliación serán necesarias realizar. O estudantado que escolla esta alternativa deberá ter en conta que a nota final de avaliación continua será a que obteña nesta segunda oportunidade, perdéndose o obtido durante a primeira. 3. Convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: as que figuran ao inicio destas observacions. Ademais: en caso de realización de fraude (copiar, plaxio, ...) a persoa que o realice recibirá a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ruiz-Maya, L., Martín Pliego, F. J., Montero, J. M., y Uriz, P. (1995). Análisis estadístico de encuestas: datos cualitativos. AC
Gujarati, D.M. (2003). Basic Econometrics. Mc Graw-Hill
Uriel, E., Contreras, I., Moltó, T. y Peiró, A. (1990). Econometría. El modelo lineal. AC
Casas, J.M., Domínguez, J., García, C., Martos, E.I., Rivera, L.F., y Zamora, A.I. (2010). Estadística para las Ciencias Sociales . Centro de Estudios Ramón Areces
Ezequiel, J. U. (2019). Introducción a la econometría. . https://www.uv.es/uriel/libroes.htm
Uriel, E. y Peiró, A. (2000). Introducción al Análisis de Series Temporales. AC
Aparicio, J., Martinez, M., & Morales, J. (2004). Modelos lineales aplicados en R (http://umh3067.edu.umh.es). Universidad Miguel Hernandez. Dto. Estadística, Matemáticas e Informática
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2012). Statistics for business and economics, 8/E.. Pearson: Boston. |
O libro Aparicio J. et al. (2004) podese descargar en http://umh3067.edu.umh.es |
Bibliografía complementaria
|
Esteban, M. V., Moral, M. P., Orbe, S., Regúlez, M., Zarraga, A., & Zubia, M. (2008). Econometría Básica Aplicada con GRETL (https://addi.ehu.es/bitstream/handle/10810/12496/08-09est.pdf?sequence=1&isAllowed=y). Sarriko On, Universidad del País Vasco
Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Wooldridge, J. (2005). Introducción a la Econometría. Un enfoque moderno. Thomson
Stock, J.H. & Watson, M.W (2011). Introduction to Econometrics. Pearson
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill
Wickham, H., & Grolemund, G. (2016). R for data science: import, tidy, transform,visualize, and model data (https://r4ds.had.co.nz/). O'Reilly Media, Inc
Heiss, F. (2016). Using R for Introductory Econometrics. Florian Heiss (http://www.urfie.net/read/index.html) |
O libro Heiss, F. (2016). Using R for Introductory Econometrics. Florian Heiss realiza os exercicios do Wooldrige con R, e pódese consultar online en:http://www.urfie.net/read/index.html O mesmo ca os libros Wickham, H., & Grolemund, G. (2016) (en https://r4ds.had.co.nz/); Esteban, M.V. et al (2008) (en https://addi.ehu.es/bitstream/handle/10810/12496/08-09est.pdf?sequence=1&isAllowed=y) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estatística I/611G01006 | Matemáticas I/611G01009 | Matemáticas II/611G01010 | Estatística II/611G01014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Econometría I/611G01022 | Econometría II/611G01027 |
|
Observacións |
DOCENCIA EN INGLÉS O grupo A desta materia será impartido íntegramente en inglés. - Observacions relacionadas con Green Campus
1.
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase en soporte informatico 2.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos
persoais e profesionais.
|
|