Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Contabilidade Código 611G01020
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
flora.muino@udc.es
Profesorado
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
flora.muino@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros. A1
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A12
B2
B7
C2
C3
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A1
A2
A3
A4
A5
A9
C2
C3
C5
Analizar e interpretar o contido dos estados financeiros. A1
A2
A3
A9
A10
A12
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C6
C7
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A7
A9
B1
B3
B5
B6
B8
C3
C6
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. A7
A11
A13
B4
B9
C1
C7
C8
Ter un comportamento ético nos negocios. A1
A2
C4

Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade
Tema 1: Decisións empresariais e contabilidade financeira
1.1. Actividade empresarial e necesidade de información
1.2. Usos e usuarios da información financeira e non financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información
Tema 2: O balance de situación 2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo 3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Formato da conta de resultados
3.3. Relación entre conta de resultados e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos
Tema 4: O método contable 4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. Rexistro de transaccións. O esquema de cargos e abonos
Tema 5: Rexistros contables 5.1. Anotacións no libro diario
5.2. Traspaso do libro diario ao libro maior
5.3. Balance de comprobación e estados financeiros
Tema 6: O ciclo contable 6.1. O exercicio contable
6.2. Rexistro de transaccións
6.3. Axustes previos ao peche de exercicio
6.4. Preparación de estados financeiros
6.5. Peche de contas temporais
Segunda parte: Análise e interpretación de estados financeiros
Tema 7: O contido dos estados financeiros 7.1. Estrutura e contido dos estados financeiros básicos.
7.2. Estados financeiros comparativos e gráficos para estudar a evolución ao longo do tempo
7.3. Comparacións entre empresas; utilidade das porcentaxes verticais
Tema 8: Estudo da rendibilidade 8.1. Rendibilidade económica
8.2. Rendibilidade financeira
8.3. Débeda e rendibilidade
Tema 9: Solvencia 9.1. Endebedamento
9.2. Cobertura de intereses
9.3. Capacidade de xerar fluxos de efectivo
Tema 10: Liquidez e eficiencia 10.1. Activos e pasivos correntes
10.2. Estudo das rotacións e dos prazos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A8 8 12 20
Discusión dirixida A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 7 12 19
Obradoiro A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 11 22 33
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 B2 B3 C3 11 22 33
Presentación oral A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 3 12 15
Proba mixta A4 A9 A12 B2 B3 C3 1 5 6
Proba práctica A4 A9 A12 B2 B3 C3 2 10 12
Proba obxectiva A4 A9 A12 B2 B3 C3 1 5 6
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 C5 C7 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Prácticas a través de TIC Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula.
Presentación oral Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia.
Proba mixta Proba obxectiva, de ensaio ou unha combinación de ambas, a realizar na data prevista polo centro para o exame final.
Proba práctica Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula (resolución de exercicios e casos prácticos).
Proba obxectiva Proba intermedia de resposta múltiple orientada a avaliar os avances do alumnado coa materia.
Eventos científicos e/ou divulgativos De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Presentación oral
Proba mixta
Proba práctica
Proba obxectiva
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula ou fóra dela teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos casos que se lle propoñen. Esta orientación realizarase na aula, cando o estudante o solicite ou o docente perciba que este ten dificultades para enfocar a cuestión a resolver, pero tamén en titorías individuais, así como a través do foro virtual da materia ou do chat de Teams. Por último, a atención personalizada tamén é moi importante nas titorías en grupo reducido (TGRs), destinadas á orientación e seguimento do traballo de análise de estados financeiros que os estudantes deben realizar en equipo. Estas TGRs non están programadas no horario de docencia publicado pola FEE e desenvolveranse, previsiblemente, nas semanas, 10, 11 e 12 do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 20
Proba mixta A4 A9 A12 B2 B3 C3 No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. 30
Proba práctica A4 A9 A12 B2 B3 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse, aleatoriamente, catro desas probas para seren avaliadas. 40
Proba obxectiva A4 A9 A12 B2 B3 C3 Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. 10
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións.

b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia.

c) Asista con aproveitamento aos eventos académicos de interese para a materia programados pola FEE.

d) Participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. 

A participación activa na aula/foro, xunto coa asistencia con aproveitamento a eventos académicos (avaliarase a través dun pequeno cuestionario), permitirá ao estudante compensar con ata un punto a cualificación total obtida nas probas escritas de avaliación continua realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (cinco puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice a proba obxectiva ou algunha das probas prácticas será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase e en eventos académicos. Isto é, dos seis elementos a ter en conta (unha proba intermedia, catro probas prácticas e participación), elixiranse os cinco que presenten as maiores cualificacións.

Proba substitutiva das actividades de avaliación continua. 

Os estudantes en réxime de dedicación parcial que non podan asistir a clase e aqueles que na segunda oportunidade non desexen conservar a nota de avaliación continua acadada na primeira oportunidade, poderán realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final. 

NORMATIVA DE AVALIACIÓN

a) Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. 

b) Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado que só teña participado en actividades de avaliación que supoñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito no apartado 7 desta guía) e 30% exame final.

b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar a proba substitutiva das actividades de avaliación continua descrita anteriormente. 

c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación.

IMPLICACIÓNS DA FRAUDE ACADÉMICA










Lémbrase ao alumnado
que, de acordo co Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.









Fontes de información
Bibliografía básica Molina, H., Ramírez, J. N., Bautista, R. y De Vicente, M. (2014). Análisis de Estados Financieros para la Toma de Decisiones. Delta Publicaciones
Sutton, T. (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Archel, P., Carrasco, F., Lizarraga, F., Sánchez, S. y Cano, M. (2022). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Pirámide
Reverte Maya, C. (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Wild, J. (2018). Financial Accounting Fundamentals. McGraw Hill
Phillips, F., Libby, R., and Libby, P.A. (2012). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2015). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2019). Introducción a la Contabilidad. Sanz y Torres
Rivero Menéndez, M. J. y Camacho Miñano, M. M. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson Education

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2010). Contabilidad. Pearson
Arquero Montaño, J.L., Jiménez Cardoso, S. y Ruiz Albert, I. (2021). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G01004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Sustentabilidade

1. Todo o intercambio de documentos e traballos entre profesorado e alumnado realizarase en formato dixital, preferentemente Moodle.

2. Promoveranse os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Perspectiva de xénero

3. Incorpórase a perspectiva de xénero a través do uso de linguaxe non sexista, o emprego de exemplos e casos prácticos onde mulleres e homes se presenten como semellantes na súa relevancia profesional, o uso de bibliografía de autores de ambos os sexos, promovendo a intervención en clase de alumnas e alumnos, ...

4. Traballarase para modificar prexuízos e actitudes sexistas e para fomentar valores de respecto e igualdade.

5.- No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Atención á diversidade

6. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías