Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros.
|
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B2 B7
|
C2 C3
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A9
|
|
C2 C3 C5
|
Analizar e interpretar o contido dos estados financeiros. |
A1 A2 A3 A9 A10 A12
|
B2 B3 B4 B5
|
C2 C3 C6 C7
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A7 A9
|
B1 B3 B5 B6 B8
|
C3 C6
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
A7 A11 A13
|
B4 B9
|
C1 C7 C8
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
A1 A2
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
|
Tema 1: Decisións empresariais e contabilidade financeira
|
1.1. Actividade empresarial e necesidade de información
1.2. Usos e usuarios da información financeira e non financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información
|
Tema 2: O balance de situación |
2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación |
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo |
3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Formato da conta de resultados
3.3. Relación entre conta de resultados e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos |
Tema 4: O método contable |
4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. Rexistro de transaccións. O esquema de cargos e abonos
|
Tema 5: Rexistros contables |
5.1. Anotacións no libro diario
5.2. Traspaso do libro diario ao libro maior
5.3. Balance de comprobación e estados financeiros |
Tema 6: O ciclo contable |
6.1. O exercicio contable
6.2. Rexistro de transaccións
6.3. Axustes previos ao peche de exercicio
6.4. Preparación de estados financeiros
6.5. Peche de contas temporais |
Segunda parte: Análise e interpretación de estados financeiros |
|
Tema 7: O contido dos estados financeiros |
7.1. Estrutura e contido dos estados financeiros básicos.
7.2. Estados financeiros comparativos e gráficos para estudar a evolución ao longo do tempo
7.3. Comparacións entre empresas; utilidade das porcentaxes verticais |
Tema 8: Estudo da rendibilidade |
8.1. Rendibilidade económica
8.2. Rendibilidade financeira
8.3. Débeda e rendibilidade |
Tema 9: Solvencia |
9.1. Endebedamento
9.2. Cobertura de intereses
9.3. Capacidade de xerar fluxos de efectivo |
Tema 10: Liquidez e eficiencia |
10.1. Activos e pasivos correntes
10.2. Estudo das rotacións e dos prazos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A8 |
8 |
12 |
20 |
Discusión dirixida |
A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 |
7 |
12 |
19 |
Obradoiro |
A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
11 |
22 |
33 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A9 A10 B2 B3 C3 |
11 |
22 |
33 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 |
3 |
12 |
15 |
Proba mixta |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
1 |
5 |
6 |
Proba práctica |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
2 |
10 |
12 |
Proba obxectiva |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
1 |
5 |
6 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 C5 C7 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Presentación oral |
Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Proba mixta |
Proba obxectiva, de ensaio ou unha combinación de ambas, a realizar na data prevista polo centro para o exame final. |
Proba práctica |
Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula (resolución de exercicios e casos prácticos). |
Proba obxectiva |
Proba intermedia de resposta múltiple orientada a avaliar os avances do alumnado coa materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Presentación oral |
Proba mixta |
Proba práctica |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula ou fóra dela teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos casos que se lle propoñen. Esta orientación realizarase na aula, cando o estudante o solicite ou o docente perciba que este ten dificultades para enfocar a cuestión a resolver, pero tamén en titorías individuais, así como a través do foro virtual da materia ou do chat de Teams. Por último, a atención personalizada tamén é moi importante nas titorías en grupo reducido (TGRs), destinadas á orientación e seguimento do traballo de análise de estados financeiros que os estudantes deben realizar en equipo. Estas TGRs non están programadas no horario de docencia publicado pola FEE e desenvolveranse, previsiblemente, nas semanas, 10, 11 e 12 do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 |
Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
20 |
Proba mixta |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. |
30 |
Proba práctica |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse, aleatoriamente, catro desas probas para seren avaliadas. |
40 |
Proba obxectiva |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que: a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. c) Asista con aproveitamento aos eventos académicos de interese para a materia programados pola FEE. d) Participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. A participación activa na aula/foro, xunto coa asistencia con aproveitamento a eventos académicos (avaliarase a través dun pequeno cuestionario), permitirá ao estudante compensar con ata un punto a cualificación total obtida nas probas escritas de avaliación continua realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (cinco puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice a proba obxectiva ou algunha das probas prácticas será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase e en eventos académicos. Isto é, dos seis elementos a ter en conta (unha proba intermedia, catro probas prácticas e participación), elixiranse os cinco que presenten as maiores cualificacións. Proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Os estudantes en réxime de dedicación parcial que non podan asistir a clase e aqueles que na segunda oportunidade non desexen conservar a nota de avaliación continua acadada na primeira oportunidade, poderán realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final. NORMATIVA DE AVALIACIÓN a) Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
b) Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado que só teña participado en actividades de avaliación que supoñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito no apartado 7 desta guía) e 30% exame final.
b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar a proba substitutiva das actividades de avaliación continua descrita anteriormente.
c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación.
IMPLICACIÓNS DA FRAUDE ACADÉMICA
Lémbrase ao alumnado
que, de acordo co Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Molina, H., Ramírez, J. N., Bautista, R. y De Vicente, M. (2014). Análisis de Estados Financieros para la Toma de Decisiones. Delta Publicaciones
Sutton, T. (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Archel, P., Carrasco, F., Lizarraga, F., Sánchez, S. y Cano, M. (2022). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Pirámide
Reverte Maya, C. (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Wild, J. (2018). Financial Accounting Fundamentals. McGraw Hill
Phillips, F., Libby, R., and Libby, P.A. (2012). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2015). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2019). Introducción a la Contabilidad. Sanz y Torres
Rivero Menéndez, M. J. y Camacho Miñano, M. M. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson Education |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2010). Contabilidad. Pearson
Arquero Montaño, J.L., Jiménez Cardoso, S. y Ruiz Albert, I. (2021). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G01004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Sustentabilidade 1. Todo o intercambio de documentos e traballos entre
profesorado e alumnado realizarase en formato dixital, preferentemente Moodle. 2. Promoveranse os principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Perspectiva de xénero 3. Incorpórase a perspectiva de xénero a través do uso de linguaxe non
sexista, o emprego de exemplos e casos prácticos onde mulleres e homes se
presenten como semellantes na súa relevancia profesional, o uso de bibliografía
de autores de ambos os sexos, promovendo a intervención en clase de alumnas e
alumnos, ... 4. Traballarase para modificar prexuízos e actitudes sexistas e para
fomentar valores de respecto e igualdade. 5.- No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero,
proporanse accións e medidas para corrixilas. Atención á diversidade
6. Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
|
|
|