Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Política Monetaria e Sistema Financeiro Código 611G01024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Profesorado
Martín Legendre, Juan Ignacio
Pena Lopez, Jose Atilano
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
juan.ignacio.martin.legendre@udc.es
atilano.pena@udc.es
jose.manuel.sanchez@udc.es
Web http://politicamonetariaysistemafinanciero.blogspot.com.es
Descrición xeral O principal obxectivo deste curso é proporcionar un marco de análise que permita o estudo sistematizado dos mercados, instrumentos e institucións financeiras, así como do papel dos bancos centrais na instrumentación da política monetaria, en xeral, e na estabilidade financeira en particular. Para iso introdúcense e desenvolven unha serie de conceptos básicos que se espera contribúan á comprensión por parte do alumno de procesos e elementos tales como a determinación do prezo dos activos, a estrutura e funcionamento dos mercados financeiros e o papel da política monetaria na economía.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Demostrar o papel crucial que desempeña un Sistema Financeiro no marco dunha economía moderna A2
A3
A4
A8
A11
A12
C1
- Analizar as características fundamentais (liquidez, rendibilidade e risco) dos principais instrumentos financeiros A2
A3
A4
A11
A12
C1
- Avaliar a influencia dos principais determinantes dos prezos dos activos financeiros A2
A3
A4
A5
A7
A11
C1
- Recoñecer os principios básicos que deberían guíar a xestión das entidades bancarias A1
A2
A11
A12
C1
C5
C6
- Xustificar a necesidade de regulación e supervisión dos sistemas financeiros A2
A11
A12
C1
- Coñecer as principais vías de influencia da política monetaria sobre o prezo dos activos negociados nos mercados financeiros. A2
A11
A12
C1
- Comprobar o importante papel dos intermediarios financeiros no mecanismo de transmisión da política monetaria A2
A11
A12
C1
- Resolver casos prácticos que esixen a aplicación de principios elementais de valoración de activos. A2
A11
A12
C1
- Usar informacións e datos relevantes co fin de investigar a realidade das institucións e os mercados financeiros. A10
A11
A12
C1
- Diagnosticar o tono da política monetaria e o grado de presión financeira ao que está sometido o sector privado da economía. A2
A11
C1
- Manexar fuentes documentais en inglés A11
- Mostrar interese polas cuestións relacionadas co campo de estudo da Política Monetaria e Sistema Financeiro B6
B9
C4
C7
C8
- Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia B4
B5
C1
C4
- Colaborar activamente na realización de traballos en equipo A6
A13
B8
C4
- Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro B7
C4
C5
- Avaliar críticamente os principais problemas e desafíos aos que se enfrenta a política monetaria na zona euro A1
A2
A9
B1
B2
B3
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.SISTEMA FINANCEIRO: UNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN - Introdución

- Sistema financeiro: concepto, estrutura e funcións

- Instrumentos financeiros

- Mercados financeiros

- Institucións financeiras
TEMA 2. MERCADO DE BONOS E TAXAS DE XURO - Introdución

- Bonos: concepto, clases, prezo e rendimento

- O mercado de bonos e a determinación das taxas de xuro

- Riscos asociados aos bonos

- Estrutura temporal das taxas de xuro
TEMA 3. MERCADO DE ACCIÓNS - Introdución

- Acción: concepto, características e rendemento

- Valoración de accións

- O papel do mercado de accións na economía
TEMA 4. MERCADO DE DIVISAS E TIPOS DE CAMBIO - Introdución

- Divisas e tipos de cambio: conceptos básicos

- Factores determinantes dos tipos de cambio

- Intervención dos bancos centrais nos mercados de divisas


TEMA 5. BANCOS E XESTIÓN BANCARIA - Introdución

- O balance dos bancos comerciais

- Principios básicos da xestión bancaria

- Regulación bancaria
TEMA 6. POLÍTICA MONETARIA - Introdución

- Papel do sistema financeiro no mecanismo de transmisión monetaria

- Política monetaria e inflación de activos

- A política monetaria na Eurozona

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A8 B7 B9 17 34 51
Lecturas A2 A8 A11 C6 0 10 10
Solución de problemas A2 A9 A13 B3 B4 C1 C6 10 14 24
Discusión dirixida B4 B6 C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2
Proba de resposta múltiple A2 A4 B1 B5 2 20 22
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 5 10 15
Proba mixta A3 B8 C1 2 20 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se usan como fonte de profundización nos contidos traballados.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida
Traballos tutelados Actividade deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Proba mixta Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.


Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.

Realizaranse tutorías individualizadas a través de correo electrónico, Teams y Moodle.

As Titorías de Grupos Reducidos (TGR), que poderán impartirse de forma presencial ou online, dividiranse en 3 sesións por grupo de 1 hora de duración cada sesión, e prevese que a súa programación teña lugar en torno ás semanas 7 e 13 do cuadrimestre.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B8 C1 O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico-práctico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recollidos no programa e desenvolvidos nal aula

A parte teórica do exame poderá incluir preguntas tipo test.

Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos.

50
Proba de resposta múltiple A2 A4 B1 B5 Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. Ao longo do curso faranse duas probas obxectivas tipo test. 20
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 Actividades deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. 30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames: durante a realización dos exames está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá ursarse esta conexión co exterior e/our o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante a realización das probas presenciais.

2. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

Cualificación
de Non Presentado
: Outorgarase esta
cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.

O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguriá o mesmo sistema de avaliación que o que está a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

Primeira oportunidade: na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua+exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da mesma

Na proba mixta, que se realizará na convocatoria oficial (data do calendario oficial de primeira oportunidade, na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse  especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 4 puntos.

Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada de decembro
: Na data e hora establecidas no calendario académico oficial para
a realización da proba de avaliación correspondente á segunda oportunidade,
realizarase un exame que constará de dúas partes. Por un lado, unha primeira
parte xeral, que representa un 50% da nota final que se suma a cualificación
obtida polo/a alumno/a nas probas de avaliación continua realizadas ao longo do
cuadrimestre. Por outro lado, unha segunda parte específica para que os
alumnos/as que o desexen poidan recuperar a cualificación correspondente ás
probas e actividades contempladas na evaluación continua programadas e realizadas
ao longo do cuadrimestre (probas test, problemas e outras actividades
avaliables). A realización desta parte específica consistirá nunha serie de
preguntas, exercicios e/ou casos prácticos cos que se avaliará a adquisición do
tipo de competencias requeridas para superar as probas de avaliación continua
realizadas durante o cuadrimestre. Esta parte do exame permite acadar un máximo
do 50% da nota final. Deste xeito, todos/as os/as alumnos/as estarán en condicións
de acadar na segunda oportunidade un 100% da cualificación. Esta mesma
posibilidade darase aos estudantes da oportunidade adiantada.

Nota: o alumno/a que realiza a
parte específica da proba de avaliación final programada para a segunda
oportunidade enténdese que renuncia a cualificación obtida pola realización das
probas e actividades avaliables contempladas no proceso de avaliación continua
desenvolvido durante o cuadrimestre.

D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. Neste caso, os criterios de avaliación rexerase pola realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a nota. Nesta proba incluiranse preguntas teóricas e prácticas e o alumno terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

- Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES (2008). Guía del Sistema Financiero Español. Madrid: Ediciones Empresa Global
BANCO CENTRAL EUROPEO (2004). La política monetaria del BCE. Banco Central Europeo
BANCO CENTRAL EUROPEO (2005). Burbujas del precio de los activos y política monetaria. Burbujas del precio de los activos y política monetaria, Boletín Mensual del Banco Central Europeo,
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (2005). El análisis de la economía española. Madrid: Alianza Editorial
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (1997). La política monetaria y la inflación en España. Madrid: Alianza Editorial
PAREJO GAMIR J.A. et al. (u.e.). Manual del Sistema Financiero Español. Barcelona: Ariel
MISHKIN, F.S. (2014). Moneda, Banca y Mercados Financieros. Pearson
ANDREU, J.M. (2000). Sobre los fundamentos del dinero y la banca. Madrid: Dikinson

Bibliografía complementaria DE GRAUWE, P. (2009). Economics of monetary union. Oxford: Oxford University Press
CECCHETI, S.G. y SCHOENHOLTZ, K. l. (2017). Money, Banking and Financial Markets. Boston: McGraw-Hill
BALL, L. (2009). Money, Banking and Financial Markets. New York: Worth Publishers
MISHKIN, F.S. (2004). The Economics of Money, Banking and Financial Markets. Londres: Pearson-Addison Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Principios de Macroeconomía/611G01005
Política Económica/611G01013
Macroeconomía/611G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019

Materias que continúan o temario
Finanzas Internacionais/611G01037
Mercados e Intermediarios Financeiros/611G01038

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías