Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Organización Industrial Europea Código 611G01033
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Calo Blanco, Aitor
Correo electrónico
aitor.calo@udc.es
Profesorado
Calo Blanco, Aitor
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
aitor.calo@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas para o estudo das interaccións entre os axentes económicos en distintas situacións de contratos, organizacións e mercados mediante a microeconomía e a teoría de xogos a nivel intermedio. Tamén se recollen esquemas compatibles de incentivos e modelos de información asimétrica. Análise das conductas anticompetitivas e monopolísticas na industria.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar o grao de rivalidade competitiva dos sectores e a súas implicacións para a xestión da cadea de valor A1
A2
A6
A10
A12
B1
B2
B6
C2
C3
C5
C8
Saber traballar en equipo e colaborativamente A4
A7
B3
B4
B5
B10
C3
C6
Transmitir os valores de esforzo e de traballo e mais fomentar a iniciativa persoal A11
A13
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber identificar e analizar las principais forzas competitivas dos diferentes sectores a partir de fones de información económica relevante A3
A5
A7
A8
A9
B4
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCIÓN Á TEORÍA DE XOGOS • O problema da interdependencia entre os axentes decisorios, e a decisión de optimización condicionada.
• Xogos non cooperativos fronte a xogos cooperativos.
• Tipos de xogos non cooperativos atendendo á natureza da interacción (estática, dinámica ou repetida), como á información dispoñíbel (perfecta/imperfecta ou completa/incompleta).
• Definición formal, e representación dun xogo en forma normal ou extensiva.
TEMA 2: EQUILIBRIO DE NASH PARA XOGOS NON COOPERATIVOS • Correspondencias de mellor resposta. Estratexias dominantes.
• O Equilibrio de Nash. Existencia do equilibrio de Nash. Interpretación e eficiencia: o dilema do preso. Outros conceptos de resolución: o maximin.
• Exemplos representativos.
• Equilibrios con funcións continuas de mellor resposta.
• Oligopolios de información completa en acción: Cournot; Bertrand.
TEMA 3: XOGOS EN ETAPAS: LIDERADO E VANTAXES ESTRATÉXICAS FRONTE Á ENTRADA • Definición de xogos extensivos con información perfecta ou imperfecta.
• Equilibrio perfecto en subxogos. Indución retrospectiva e ameazas cribles. Refinamentos do equilibrio de Nash.
• Liderado en oligopolios: Stackelberg en cantidades e prezos.
• Outros modelos de liderado: reinterpretación en termos de capacidade e vantaxes estratéxicas das empresas establecidas. Barreiras e disuasión de entrada. A estratexia do prezo límite.
TEMA 4: DIFERENCIACIÓN DE PRODUTO EN XOGOS ESTÁTICOS E DINÁMICOS • Diferenciación horizontal. O modelo de Hotelling
• Diferenciación vertical.
• Publicidade e estratexias de marketing relacionadas. Paquetización de produtos e servizos.
TEMA 5: EQUILIBRIOS EN XOGOS CON INFORMACIÓN INCOMPLETA • Introdución e exemplos.
• Caracterización dun xogo Bayesiano. O equilibrio Bayesiano.
• Oligopolios de información incompleta en acción: Cournot y Bertrand.
TEMA 6: XOGOS REPETIDOS • Conceptos básicos e exemplos.
• Paradoxos nos xogos de equilibrio único con horizonte finito e certo: dilema dos presos e cadeas de almacenaxe.
• Xogos con horizonte infinito ou incerto: estratexias de gatillo e de represalia.
• Múltiples equilibrios e Teorema Folk.
TEMA 7: CÁRTELES E COLUSIÓN EN OLIGOPOLIOS • Colusión en oligopolios: solucións en cantidades e en prezos, e equilibrios perfectos de Pareto.
• Mecanismos de información e colusión entre oligopolistas: discusión da estabilidade.
• Diferentes estratexias de penalización e de credibilidade.
• Dos cárteles e das posibilidades da política antimonopolio.
TEMA 8: MONOPOLIO E EFICIENCIA ECONÓMICA: DESENCADEANTES DA INTERVENCIÓN • Regulación do monopolio: a regulación flexible na UE. A nova ferramenta da competencia (NCT) na UE. Teorías subxacentes do dano.
• Activadores da intervención. Casuísticas e indicadores.
TEMA 9: ECONOMÍAS DE REDE E PLATAFORMAS DIXITAIS • Redes e plataformas. Efectos de escala e de rede.
• Competencia monopolística nas economías de plataforma.
• Mulithoming vs Singlehoming.
TEMA 10: PROPIEDADE INTELECTUAL • Dereitos de autor. Patentes.
• Marcas comerciais.
• Propiedade intelectual: carácter internacional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 B4 B5 C2 C4 C7 C8 12 10 22
Sesión maxistral A1 A2 A4 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C5 C6 26 52 78
Estudo de casos A6 A9 A10 B2 B3 C1 5 30 35
Aprendizaxe servizo A1 A2 A3 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C8 5 0 5
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 5 0 5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

En concreto, realizaránse actividades individuais ou en grupo relacionados con alguno dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor/a para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. Nesta materia, o alumnado poderá desenvolver actividades dentro do proxecto: "Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible"
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Aprendizaxe colaborativa
Aprendizaxe servizo
Descrición
Atención personalizada nas titorías de grupo reducido e nas titorías individuais, especialmente en relación cos traballos e outras actividades plantexadas na aula ou en Moodle ou TEAMS.

As Titorías en Grupo reducido serán virtuais, así como as individuais e grupais, preferentemente e estarán divididas en 2 sesións de 2 horas, e está previsto que a súa programación se desenvolva ao redor das semanas 7 e 13 do cuadrimestre.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A9 A10 B2 B3 C1 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa acadada nas aulas e que resulta da realización dunha serie de estudos de casos ao longo do curso.
Alternativamente, ou como actividades complementarias, esta avaliación continua poderá ser avaliada mediante a realización dun MOOC ou dun proxecto de aprendizaxe-servizo.
30
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 Exame final: Proba que poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. En canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos sobre 10. Esta proba realizarase na data establecida no calendario académico oficial. 70
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os seguintes:

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula de exame con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o indique o equipo docente. 

2. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) AVALIACIÓNS ESPECÍFICAS:

1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección. 

2. Segunda oportunidade: mantéñense os criterios da primeira oportunidade e preservaranse as cualificacións acadadas na avaliación continua. Non obstante, ofrécese a posibilidade de recuperar a parte correspondente a "Estudo de casos". Alternativamente, previa solicitude, o estudante terá a oportunidade de realizar unha proba mixta na data do calendario oficial, equivalente ao 100% da cualificación final.

3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que representará o 100% da calificación final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 

1. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba mixta acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.

2. A detección de fraude, xa sexa plaxio our calquera outra acción, suporá unha cualificación final de 0 puntos. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica GIBBONS, R. (1992). A Primer un game theory. New York. Harvester Wheatsheaf
OSBORNE, M.J. (2004). An introduction to game theory. Oxford University Press
ANTELO, M. (2019). Comportamiento estratégico. Reverté
FERNANDEZ DE CASTRO, J.; DUCH BROWN, N., (2003). Economía Industrial: Un enfoque estratégico. Madrid, McGraw-Hill
VEGA-REDONDO, F. (2000). Economía y juegos. Antoni Bosch
GARDNER, R. (2003). Games for business and economics. Wiley
BELLEFLAMME P.; PEITZ M. (2015). Industrial Organization. Markets and Strategies. Cambridge University Press
PEPALL, L.; RICHARDS, D.J.; NORMAN, G. (2005). Industrial Organization: Contemporary Theory and Practice. Thomson/South-Western
GARDNER, R. (1996). Juegos para empresarios y economistas. Antoni Bosch
BELLEFLAMME, P.; PEITZ, M. (2021). Organización industrial: mercados y estrategias. Bogotá: Editorial Universidad del Rosario
PEPALL, L.; RICHARDS; D.J.; NORMAN, G. (2006). Organización industrial: teoría y práctica contemporáneas. Thomson
TIROLE, J. (1990). Teoría de la Organización Industrial. Ariel, Barcelona
TIROLE, J. (1988). The theory of industrial organization. The MITT Press
GIBBONS, R. (2011). Un primer curso de teoría de juegos. Antoni Bosch

Bibliografía complementaria SERRANO, R.; FELDMAN, A. (2018). A short course in intermediate microeconomics with calculus. Cambridge University Press
FAIÑA MEDIN J.A. (2003). A Teoría de Xogos: O nobel de Economía e moito máis.... A Coruña UDC
MARTIN, S (2002). Advanced Industrial Economics. Blackwell Publishers
PHLIPS, L., (1995). Competition policy: a game-theoretic perspective. Cambridge University Press
MOTTA, M. (2004). Competition policy: theory and practice. Cambridge University Press
SERRANO, R.; FELDMAN, A. (2016). Microeconomía intermedia con cálculo. Madrid: Ibergarceta
MOTTA. M. (2018). Política de competencia: teoría y práctica. Fondo de Cultura Económica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microeconomía e Mercados/611G01012
Teoría Microeconómica/611G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

   a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

   b. Realizarase a través de Moodle ou TEAMS, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías