A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.
2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
Cualificación de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Segunda Oportunidade:
Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade. O alumnado poderá recuperar o 100% da nota na segunda oportunidade. Para iso será necesario entregar e presentar oralmente o estudo de caso (nesta ocasión existe a posibilidade de que o alumno/a traballe de xeito individual) e realizar o exame.
Convocatoria adiantada:
No caso de que o alumnado solicitase a convocatoria adiantada, este será avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: