Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Valorar a importancia do sector da distribución comercial dentro da economía e da variable distribución e o seu carácter estratéxico dentro do marketing, como fonte de avantaxe competitiva, incluido no sector servicios.
- Describir a situación actual e futuras tendencias da distribución con especial referencia aos fenómenos de concentración e internacionalización, impacto das novas tecnoloxías da información e da comunicación (transformación digital) e xestión sustentable da cadea de suministro (RSC).
- Coñecer as diferentes estructuras de comercialización existentes e as diferentes clasificacions dos canales e os intermediarios, tanto offline como online. Comprender as implicacións da omnicanalidade.
- Coñecer as características dos diferentes formatos de comercio que integran un sistema comercial, tanto físicos como online.
- Coñecer as ferramentas comerciais, incluidas as ventas personais, sobre as que se constrúe unha estratexia de distribución comercial exitosa.
- Analizar as decisións de surtido, estratexias de marca de distribuidor, precios, loxística e merchandising das empresas minoristas.
- Coñecer o entorno legal no que se desenvolve a distribución comercial e as suas implicacións éticas, con especial atención á sustentabilidade, á economía circular e á RSC das empresas de distribución. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: MARCO TEÓRICO DA DISTRIBUCIÓN COMERCIAL |
Fontes de información e conceptos básicos
Funcións da distribución comercial nas estratexias de marketing
Introducción á historia do retail contemporáneo
A distribución comercial e o seu papel na economía e na sociedade
Tendencias da distribución comercial a nivel nacional e internacional |
TEMA 2: DESEÑO E ELECCIÓN DO CANAL DE DISTRIBUCIÓN
|
Canles de distribución: definición, funcións, tipos
Avantaxes e desventaxas dos intermediarios
Deseño e selección do canal: obxectivos, etapas e alternativas off-line e on-line
Estratexias multicanal e omnicanalidade
Contratos máis habituais nos canais de distribución |
TEMA 3: DINÁMICA DOS CANLES DE DISTRIBUCIÓN
|
Fluxos do canle de distribución
Terceira tipoloxía de canles de distribución: grado de vinculación
Avantaxes e desventaxas da integración vertical
Estructurando o canle de distribución e xestionando dinámicas de conflicto e colaboración
Marcas de fabricante e marcas de distribuidor |
TEMA 4: INTERMEDIARIOS E FORMATOS COMERCIAIS
|
O surtido
Intermediarios comerciais: tipos
Formatos comerciais: definición
Formatos comerciais maioristas e minoristas: definición, clasificación e tendencias, tanto offline como online
Ciclo de vida e reinvención de formatos comerciáis |
TEMA 6: MERCHANDISING
|
Introducción, concepto e evolución
Disposición do punto de venta
Merchandising sensorial
Animación do punto de venta
Promocións de ventas |
TEMA 7. LOXÍSTICA MINORISTA |
Orixe, importancia e conceptos básicos
Xestión da cadea de suministro e KPIs
Funcións e áreas da loxística
Loxística inversa
Xestión loxística: niveis de servicio e custes de almacenamento, control e manipulación de mercancías
Sistemas de codificación comercial
Trazabilidade |
TEMA 5: DISTRIBUCIÓN SUSTENTABLE, RESPONSABILIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS DE DISTRIBUCIÓN E NORMATIVA LEGAL
|
Sustentabilidade
Responsabilidade social corporativa no sector distribución
Xestión sustentable da cadea de suministro das empresas de distribución
Economía circular e consumo responsable
Normativa básica de aplicación: europea, estatal e autonómica
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A12 B8 C2 C8 |
25 |
50 |
75 |
Seminario |
C4 C5 C6 C7 |
4 |
0 |
4 |
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A6 A8 A9 A11 B1 B2 B3 B5 B7 |
17 |
51 |
68 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Se utilizarán diferentes materiais (casos prácticos, materiais audiovisuais, lecturas) tanto na aula para complementar a docencia teórica e teórico-práctica (prácticas individuais), como fora da aula para preparar os proxectos prácticos en equipo que constitúen o obxeto da avaliación continua.
A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as prácticas con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura dado o seu carácter evaluable, incluidas as presentacións de todos os proxectos prácticos de equipo e as conferencias invitadas. |
Seminario |
Se farán tutorías en grupos reducidos (15 alumnos máximo) para resolver dúbidas da asignatura, e en particular para seguemento dos proxectos prácticos en equipo. |
Proba de resposta múltiple |
Examen tipo test de resposta múltiple donde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan. |
Sesión maxistral |
Se explicarán na aula os fundamentos dos contidos da asignatura utilizando apoios audiovisuais, discusións dirixidas, casos prácticos e outras metodoloxías interactivas.
A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as sesións maxistrais con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura dado o seu carácter evaluable, incluidas as presentacións de todos os proxectos prácticos de equipo e as conferencias invitadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada mediante titorías individuais e titorías en grupo reducido proporcionarase vía Teams, previa solicitude vía email/Moodle.
Se facilitará atención personalizada para resolver dúbidas específicas sobre os contidos da asignatura, recomendar recursos bibliográficos e documentais adicionais para o estudo de casos, e dar seguemento en grupos reducidos ó proxecto práctico en equipo. Igualmente nos seminarios se poden atender dúbidas individualmente, ademais de ter lugar unha aprendizaxe colaborativa.
Na plataforma virtual da UDC se depositarán e/ou indicarán os casos e demáis material docente imprescindible para facilitar ó alumnado o seguemento das sesións de docencia interactiva, co seu correspondente calendario. O material será comentado e ampliado na aula co alumnado asistente de xeito interactivo, e os casos e demáis materiais prácticos asignados serán, primeiro, presentados polos equipos de alumnado responsables, e despóis, obxeto de discusión dirixida en plenario. Por tanto se recomenda a todo o alumnado tanto a asistencia como a lectura dos devanditos materiais con antelación á sesión que corresponda. Asimesmo se recomenda o alumnado a asistencia as tutorías para resolver de modo personalizado cualquera dúbida sobre os casos e demáis traballos susceptibles de avaliación continua.
O obxectivo da atención personalizada consistirá en resolver dúbidas relativas á preparación dos proxectos e casos prácticos, tanto no caso do alumnado matriculado en réximen de dedicación a tempo completo como no caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A12 B8 C2 C8 |
A calificación correspondente á avaliación continua procede da suma de:
- un 10% da calificación obtida a partir da asistencia e/ou participación individual en tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e os seminarios/conferencias invitados. Esta participación poderá controlarse aleatoriamente.
- un 30% da calificación obtida polo alumnado participante nun proxecto práctico en equipo elaborado fora da aula conforme ás indicacións da profesora responsable da materia e asignado previamente polo profesorado responsable da sección, e presentado oralmente en sesión plenaria na aula. O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Facilitaráse a tutoría específica deste traballo en caso de ser necesaria. Todo o alumnado dun mesmo equipo de traballo obterán a mesma calificación. |
40 |
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 |
Realizaráse un examen tipo test, que poderá ser administrado vía Campus Virtual na aula, donde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5,00 nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.
Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto presencial como virtualmente, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de traballos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables.
É importante que o estudantado aborde o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles en moodle (apoios visuais, prácticas individuáis, lecturas recomendadas, lexislación) e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos
É importante complementar esos materiais coa revisión individual polo estudantado dos manuais recomendados da asignatura para aclarar calquera dúbida |
60 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás
aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.). 2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN 1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ó alumnado cando
solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada. 2. ESTUDANTADO CON
RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA Para o estudantado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia
a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final. C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado
Erasmus e de intercambio. No caso do estudantado
non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación
final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou
por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade
para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor
das seguintes 2 cualificacións como cualificación final: a) Cualificación
final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade, b) cualificación
final = suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (da primeira
oportunidade, 40%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a
cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00. En ambos casos solo
será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou
superior a 5,00. 2. CONVOCATORIA ADIANTADA As condicións de avaliación
da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e
Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha
proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final. D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN Os estudantado que suspendan a
proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como
cualificación final en todas as oportunidades. As calificacións obtidas
polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos
en equipo (30%) e participación individual (10%) serán válidas solo
durante o curso académico en cuestión.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Vázquez Casielles, R., Trespalacios Gutiérrez, J.A. (2006): Estrategias de distribución comercial. Diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas, Thomson Paraninfo, Madrid Artículos, capítulos, informes y casos indicados en moodle
GRUPO BILINGÜE
Recommended textbooks: Berman, Barry R. & Evans, Joel R. (2013): Retail Management: A Strategic Approach, Prentice Hall. Levy, Michael & Weitz, Barton A. (2012): Retailing Management, McGraw-Hill.
Papers, chapters, reports and cases indicated in moodle |
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA http://catedrafundacionarecesdcuniovi.es/publicaciones-libros-publicados-es.html Vázquez Casielles et al. (coord.) (2010) Distribución Comercial y Comportamiento del Consumidor, Cátedra Fundación Ramón Areces de Distribución Comercial Vázquez Casielles et al. (coord.) (2011): Estrategias competitivas en canales de distribución comercial tradicional versus on-line Díez de Castro, Enrique y Navarro García, Antonio: “Naturaleza de la distribución comercial” Díez de Castro, E.C., Landa Bercebal, F.J., Navarro García, A. (2006): Merchandising. Teoría y práctica, Pirámide, Madrid. Logística / Soret Los Santos, Ignacio (2010): Logística y operaciones en la empresa, ESIC, Madrid |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución ao Marketing/611G02015 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse acción e medidas para corrixilas. |
|