Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento |
A2 |
Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais |
A3 |
Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais |
A4 |
Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional |
A5 |
Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados |
A7 |
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio |
A10 |
Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional |
A13 |
Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo |
B9 |
Capacidade de resolución de problemas |
B11 |
Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita |
B12 |
Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma |
C2 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C5 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. Cuestións procesuais. Dilixencias preliminares, proba anticipada e medidas cautelares.
Obxectivos: Coñecer as actuacións previas que debe realizar un letrado antes de presentar a demnada; coñecer os requisitos e presupostos procesuais, coñecer o funcionamento das dilixencias preliminares, a proba anticipada e as medidas cautelares. Coñecer os diferentes tipos de procesos civís.
Habilidades: Asegurarse das cuestións procesuais e en particular da lexitimación, a conciliación, as dilixencias preliminares... Elixir a pretensión que se debe exercitar e precisar a petición.
Actitudes: ilustrar ao cliente sobre o distinto alcance das diferentes accións posíblesi. Procurar garantir o éxito da pretensión (dilixencias preliminares e proba anticipada). Concienciarse da necesidade de establecer correctamente a contía do procedemento. procurar asegurar a tutela cautelar.
2. Demanda, contestación e reconvención. Xuízo ordinario.
Obxectivos: Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo ordinario. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que se tramitan por esta vía. Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo ordinario. Elixir a pretensión a exercitar e precisar a petición. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos forenses de demanda, contestación e reconvención.
Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo ordinario. Procurar garantir o éxito da pretensión. Tomar conciencia da relevancia e das peticións e a posibilidade de solicitude de alternativas e subsidiarias. Tomar conciencia da rigorosidade dos prazos. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procesos nos que se intervén como avogado.
2. A proba.
Obxectivos: Coñecer a distinción entre feitos demostrados e demostrables. Implicar ao cliente na chega dos medios de proba. Dominar a técnica probatoria. Dominar a técnica da oratoria forense e do interrogatorio.
Actitudes: Valorar a conveniencia da achega ao preito dos distintos medios de proba. Acostumarse a elaborar un listado cos documentos imprescindibles e demais medios de proba nos casos habituais.
4. Fase oral do procedemento civil.
Obxectivos: coñecer a distinción entre feitos novos ou de nova noticia. Coñecer o sistema de recursos e impugnación de documentos.
Habilidades: Desenvolverse con solutra, como avogado do actor e do demandado na audiencia previa e no acto do xuízo. Dominar a técnica da oratoria forense.
Actitudes: argumentar en sustento da posición defendida. Dominar a técnica da oratoria forense.
5. Xuízo verbal.
Obxectivos: Coñecer o ámbito as fases e o funcionamento do xuízo verbal. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que se tramitan pola vía do xuízo verbal.
Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo verbal. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos para o xuízo verbal. Desenovlverse con solutra como avogado de actor e demandado na vista. Dominar a técnica da oratoria forense.
Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo verbal. Perder o medo ás actuacións nos trámites orais. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procedementos nos que se vai intervir como parte. Valorar a conveniencia de opoñerse ou conformarse coas pretensións deducidas de adverso.
6. Xuízo monitorio e cambiario.
Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación os procedementos especiais e ter un esquema claro do procedemento. Coñecer o ámbito, fases e funcionamento dos xuízos monitorio e cambiario.
Habilidades: Saber concretar o obxecto das pretensións que se tramitan polas vías dos procesos especiais. Asegurar os presupostos procesuais. Preparar axeitadamente os documentos que deben acompañar á petición inicial. Saber precisar a petición. Elaborar os escritos básicos dos procedementos. Prever a posible estratexia que pode adoptar o demandado.
Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía procesual privilexiada. Valorar a conveniencia de pagar, non contestar ou opoñerse ao xuízo.
7. Terminación do proceso.
Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación as distintas vías de finalización do proceso. Coñecer as posibilidades de actuación procesual e material en cada un dos supostos.
Habilidades: Saber valorar as sentencias dictadas en orde á interposición dos recursos que correspondan. Diferenciar entre aplanamento, renuncia e transacción. Prever as consecuencias dos distintos tipos de terminación do procedemento.
Actitudes: Acostumarse a analizar as sentenzas. Adquirir o hábito de analizar con detemento o xeito más adecuado de terminación do proceso en función dos intereses dos patrocinados.
8. Recursos.
Obxectivos: Coñecer os sistema de recursos no proceso civil. Coñecer a técnica de tramintación dos recursos máis habituais.
Habilidades: Elaborar escritos de preparación, interposición, impugnación e oposición de recursos. Asegurarse das cuestións procesuais. Elixir a motivación e precisar a petición. Valorar a oportunidade de impugnar o recurso, opoñerse, viabilidade de propoñer proba ou celebrar vista. Dominar a técnica do infrome nas vistas dos recursos tanto dende o punto de vista do avogado recorrente como do recurrido.
Actitudes: Acostumarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais e valorar a oportunidade de recurrilas dende o punto de vista coste/beneficio. Ser quen de elixir o medio de impugnación axeitado en cada caso concreto. Acostumarse a utilizar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos do recurso. Tomar conciencia da reigorosidade dos prazos procesuais. Acostumarse a formular de xeito responsábel os recursos.
9. Execución.
Obxectivos: Coñecer o funcionamento do proceso de execución civil nas súas diferentes modalidades.
Habilidades: Desenvolver a execución provisional e definitiva en todos os seus trámites. Valorar o xuízo de execución, cuestións procesuais, a posible integración do patrimonio do debedor, medidas de investigación e localización de bens.
Actitudes: Valorar a conveniencia da execución provisional. Valorar a transcendencia da execución definitiva. Procurar garantir o éxito da pretensión executiva. Valorar a oportunidade de realizar os bens por medios diferentes á poxa.
10. Compravenda.
Obxectivos: Coñecer as peculiariedades dos contratos. Coñecer as características básicas da compravenda inmobilidaria. Coñecer as medidas de aseguramento.
Habilidades: Manexar o xeito de contratación e as súas cláusulas. Diferenciar as peculiariedades da compravenda imobiliaria e de bens de consumo.
Actitudes: Analizar o tipo de contrato máis axeitado ás necesidades do cliente. Adquirir hábito de analizar con detemento as cláusulas dun contrato. Valorar a comveniencia de asegurar o pagamento e a entrega.
11. Xuízos simulados.
Cada alumno/a recibirá cando menos un caso no que deberá actuar asesorando ao seu cliente mentres outro compañeiro fará o mesmo dende a óptica da parte contraria. Ambas partes deberán facer e presenar, nos termos previstos legalmente, os escritos e actividades propias dun avogado en exercicio. A tramitación simulada dos procedementos levarase a cabo diante dun xulgado ou tribunal.
|
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5 AM7 AM10 AM13
|
BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM9 BM11 BM12
|
CM1 CM2 CM5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Cuestións procesuais. Dilixencias preliminares, proba anticipada e medidas cautelares. |
Xurisdición e competencia.
Capacidade e lexitimación.
Procedemento e contía.
A utilización das dilixencias preliminares. A proba anticipada
As medidas cautelares como aseguramento da tutela xudicial.
|
2. Demanda, contestación e reconvención. Xuízo ordinario.
|
Procedemento a seguir segundo o caso concreto. Ámbito e especialidades.
Achega documental.
Fundamentación xurídica.
A súplica ou petición principal e as peticións alternativas e subsidiarias.
Formulación de feitos novos e achega de novos documentos.
|
3.A proba |
Distinción entre feitos demostrados e feitos demostrables.
Medios, valoración, proposición, práctica e impugnación.
Documentos notariais, rexistrais.
Proba de peritos.
|
4.- Fase oral do procedemento civil |
Audidencia previa.
Vista.
Feitos novos ou de nova noticia.
Impugnación de documentos.
Recurso de reposición na audiencia previa e protesta a efectos de apelación.
Conclusións. |
5.- Xuízo verbal |
Especialidades.
Supostos de aplicación do xuízo verbal.
Fases do proceso.
|
6.- Xuízo monitorio e cambiario. |
Supostos de exercicio da acción monitoria e cambiaria.
Características.
Requisitos e ámbito obxectivo.
Especialidades procesuais: postulación, competencia, demanda, oposición e consecuencias da falla de oposición. |
7.- Terminación do proceso |
Sentenza.
Aplanamento.
Renuncia.
Transacción.
Caducidade.
Consecuencias de cada unha das modalidades de terminación. |
8.- Recursos |
Reposición.
Apelación.
Revisión.
Casación.
Estudo do seu contido, formalización, motivos e oposición.
Depósito para recurrir |
9.- Execución. |
Execución provisional.
Execución definitiva.
Modalides e trámites.
Oposición á execución.
Execución hipotecaria: trámites ata a subhasta e adxudicación. |
10.- Compravenda. |
Formación dos contratos de compravenda.
Opción de compra.
Cláusulas típicas.
Compravenda inmobilidaria (aspectos notariais e rexistrais). Medidas de aseguramento do pago.
Responsabilidades do vendedor.
Compravenda de consumo.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A5 A10 B5 C2 C5 |
12 |
30 |
42 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 |
18 |
40 |
58 |
Análise de fontes documentais |
A10 B11 B12 |
10 |
0 |
10 |
Prácticas clínicas |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 B2 B3 B11 |
18 |
0 |
18 |
Proba obxectiva |
A13 B2 B11 |
2 |
0 |
2 |
Aprendizaxe colaborativa |
B4 B9 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais |
Estudo de casos |
Estudo, resolución e discusión dos casos prácticos na aula e como parte do traballo autónomo do estudantado. |
Análise de fontes documentais |
Particularmente sentenzas dos distintos órganos xurisdicionais e escritos elaborados polos avogados no exercicio dirario da súa profesión.
|
Prácticas clínicas |
Particularmente, no relativo ao exercicio profesional do avogado realizaranse xuízos simulados. |
Proba obxectiva |
Para a evaliación do alumnado ademais do que supón a avaliación continua durante o desenvolvemento do modulo tense en conta o resultado dunha proba mixta que, se ben pode variar dun curso a outro, basicamente está composta de preguntas tipo test, preguntas curtas, algunha pregunta a desenrolar e a resolución de casos prácticos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Fomentarase a realización das actividades e casos prácticos en equipo, de modo que se melloren as destrezas de aprendizaxe colaborativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
Os profesores asesorarán ao estudante tanto para orientalo no estudo de casos como na participación de xuízos simulados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 |
Avaliarase a resolución de casos prácticos realizada polo estudantado. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A10 B11 B12 |
Avaliaranse as actividades de análise e comentario de sentenzas e demais fontes documentais. |
10 |
Prácticas clínicas |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 B2 B3 B11 |
Avaliarase o desempeño do estudantado durante a realización dos xuízos simulados. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
B4 B9 |
Na avaliación terase en conta a participación do estudantado nas actividades realizadas en equipo. |
10 |
Proba obxectiva |
A13 B2 B11 |
Poderá realizarse unha proba obxectiva que avalíe o coñecemento do estudantado referido ao contido obxecto da materia. |
50 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|