No caso dos alumnos con dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non se valorará
negativamente a súa falta de asistencia a clase, aínda que quedan obrigados a
presentar os informes e realizar os exames nas mesmas condicións que os alumnos
a tempo completo. Como regra, no seu caso,
rixe o mesmo sistema de avaliación na segunda oportunidade, especialmente no
relativo ós exames. Seguindo as instruccións das autoridades académicas
competentes, lembramos dunha banda, en caso de plaxio, que a actividade en
cuestión non será avaliada; e doutra banda, que a realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa (o
estudante será cualificado con “suspenso” [nota numérica 0] na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda, e para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario).
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|