Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación continua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes:
1) A asistencia ás clases presenciais e realizar as actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais. O criterio de avaliación denominado "sesión maxistral" enténdese como rexistro da asistencia activa ás sesiones presenciais.
2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das materias na aula.
3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do mestrado, que serán avaliadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas.
4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Entre estas actividades, atópase a realización de seminarios que poderán realizarse fora do horario das clases presenciais. A asistencia será valorada positivamente. Poderá reservarse unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno.
Calificación final: Para a superación da materia, os alumnos deben acadar a calificación de 5 ou superior.
Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cuando soamente participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.
Avaliación en primeira oportunidade
Ao tratarse dun Mestrado semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda oportunidade. A mera asistencia a clase non será en ningún caso obxecto de avaliación, nin en primeira nin en segunda oportunidade.
Avaliación en segunda oportunidade
A avaliación en segunda oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias:
- aos alumnos/as que non alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final
- aos alumnos/as que suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os criterios de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases, nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final.