Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Actuación e bens das administracións públicas Código 612G01017
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Garcia Perez, Marta Maria
Correo electrónico
marta.garcia.perez@udc.es
Profesorado
Amoedo Souto, Carlos Alberto
Barrio Garcia, Gonzalo
Garcia Perez, Marta Maria
Pernas Garcia, Juan Jose
Correo electrónico
carlos.amoedo.souto@udc.es
gonzalo.barrio@udc.es
marta.garcia.perez@udc.es
jose.pernas@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo desta materia ten como finalidade coñecer as diversas formas de actividade administrativa, a súa incidencia nos dereitos dos particulares, os medios e bens ao servizo da intervención administrativa e as garantías xurídicas da legalidade da actuación administrativa.

Para conseguir os devanditos obxectivos propiciarase a comprensión do ordenamento xurídico con espírito crítico e mentalidade de xurista, facendo especial fincapé no manexo crítico das fontes do ordenamento xurídico administrativo.

Trátase así de manexar as ferramentas xurídicas que permitan aos alumnos e alumnas adaptarse a un ordenamento en constante evolución, sen perder unha visión sistemática. “Ensinar a pensar o dereito administrativo” como pauta normativa das Administracións públicas, en definitiva, orientando a docencia cara a diferentes alternativas de saída profisional, todas eles compatibles e complementarias.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Manexo das fontes do Dereito administrativo. A3
A9
B1
- Acceso ás normas administrativas básicas con facilidade e soltura A6
A7
A9
A13
B4
B5
C3
- Comprensión e resolución de casos prácticos e problemas xurídicos A1
A2
A3
A4
A5
A8
A9
A10
A11
B7
B8
B10
B12
C1
C6
C8
- Redacción de documentos administrativos A11
A14
C1
- Coñecemento da doutrina xurídico administrativa A9
- Coñecemento das principais institucións xurídico-administrativas A1
- Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico A3
- Traballar de forma autónoma e tamén colaborativa B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B2
B3
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
- Lectura crítica B8
- Desenvolver un razoamento lóxico, crítico e creativo B6
B8
C4
C5
C6
C8
- Argumentación xurídica e exposición oral A8
A10
A12
B7
B8
C1
C2
- Mellora da redacción xurídica C1
- Capacidade de negociación e traballo en grupo A15
B10
- Manexo das bases e recursos informáticos útiles en materia xurídica B13
C3

Contidos
Temas Subtemas
I. Formas de actuación administrativa e incidencia nos dereitos subxectivos dos cidadáns
1. A policía administrativa: Evolución histórica e delimitación conceptual. Medios e técnicas da actividade administrativa de limitación.

2. A actividade subvencional ou de fomento: Evolución histórica e delimitación conceptual. Técnicas de fomento, en especial, a subvención administrativa.

3. A actividade prestacional ou de servizo público: Evolución histórica e delimitación conceptual. Notas definidoras. Bases do seu réxime xurídico: Creación e establecimiento. Potestades da Administración. A posición xurídica del usuario. Modos de xestión.

4. A Expropiación forzosa: Evolución histórica. Concepto e natureza. Elementos subxectivos e obxectivos. O contido da expropiación. O xustiprecio. O procedemento expropiatorio. A reversión. Ocupacións temporais.
II. Rexime dos bens públicos 1. O dominio público. Evolución histórico-xurídica. Natureza xurídica. Titularidade e competencias. Réxime xurídico sustantivo. Afectación e desafectación. Mutacións demaniais. Potestades administrativas sobre o dominio público. Utilización dos bens de dominio público.

2. Bens patrimoniais da Administración. Réxime xurídico.
III. A responsabilidad patrimonial das Administracións Públicas 1. Presupostos da responsabilidade patrimonial. 2. O contido do deber indemnizatorio. 3. Os cauces procedimentais para exixir a responsabilidade.
IV. A resolución de controversias coa Administración Pública 1. O proceso contencioso-administrativo: suxeitos, obxecto e procedemento.
2. Outros medios de resolución de controversias.
*** ***
OBSERVACIONS: SIMULTANEIDADE DEREITO - ADE
Na impartición da simultaneidade Dereito-Ade, o programa será o seguinte Programa 1º cuadrimestre, simultaneidade Dereito-Ade, profesor Carlos Amoedo
I. Actuación administrativa e garantía xurídica 1. A Xurisdición Contencioso-administrativa: Ámbito. O proceso contencioso-administrativo: os suxeitos. O obxecto. O procedemento. O réxime de recursos. Procesos especiais.
II. Formas de actuación administrativa e incidencia nos dereitos subxectivos dos cidadáns 1. A policía administrativa: Evolución histórica e delimitación conceptual. Medios e técnicas da actividade administrativa de limitación. A incidencia da Directiva 2006/123/CE , do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, nas técnicas de intervención administrativa.

2. A actividade subvencional ou de fomento: Evolución histórica e delimitación conceptual. Técnicas de fomento, en especial, a subvención administrativa.

3. A actividade prestacional ou de servizo público: Evolución histórica e delimitación conceptual. Notas definidoras. Bases do seu réxime xurídico: Creación e establecimiento. Potestades da Administración. A posición xurídica del usuario. Modos de xestión.

4. A Expropiación forzosa: Evolución histórica. Concepto e natureza. Elementos subxectivos e obxectivos. O contido da expropiación. O xustiprecio. O procedemento expropiatorio. A reversión. Ocupacións temporais. Rexímenes especiais. Requisas.

5. A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas: Presupostos da responsabilidade patrimonial. O contido do deber indemnizatorio. Os cauces procedimentais para exixir a responsabilidade.
III. Rexime dos bens públicos ao servizo da actuación administrativa 1. O marco regulatorio do patrimonio público e as súas formas: do Código Civil á Constitución de 1978, e alén.
2. Os bens demaniais: réxime xurídico
2.1. Tipoloxía de bens demaniais.
a) Afectados a uso xeral
b) Afectados a servizo público
c) Demanio especial.
2.2. O réxime xurídico demanial.
2.3. Formas de utilizacion do dominio público.
3. Os bens patrimoniais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A14 B6 B7 B8 B11 C1 C2 C3 C4 C8 15 30 45
Prácticas clínicas A3 A4 A13 A15 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 20 45 65
Proba obxectiva A1 A7 5 15 20
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación polo/a profesor/a dos aspectos máis relevantes da materia. Os/as estudantes deben completar os coñecementos adquiridos nas explicacións coas lecturas de manuais e o manexo de materiais elaborados polo profesorado e postos a disposición en Moodle ou Teams.
Prácticas clínicas O/a profesor/a plantexará cuestións prácticas ao estudantado, que permitirán reforzar contidos explicados ou abordar materias novas a través do estudo de casos.
Proba obxectiva Realización de probas obxectivas sobre os contidos da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Descrición
O profesorado empregará algunha(s) das seguintes ferramentas:

1) Bloc de Notas (OFFICE 365): os contidos e información do Bloc de Notas será actualizados de modo contínuo en atención ao desenvolvemento dos materiais adaptados, no seu caso, á non presencialidade, e as necesidades e aos tempos que, a criterio do profesor, precisan os alumnos para ir xestionando toda a información e o proceso de aprendizaxe.

2) Chat (TEAMS): pode ser utilizado polo alumno en cada momento. O tempo de resposta será dun máximo de 24 horas.

3) Reunión a través de TEAMS en grupo ou de xeito individual: posibilidade que se ofrece á alumna/o (ou grupo) que precise dunha atención directa a través dunha titoría con audio e video. A temporalización vai depender da demanda das alumnos/os en atención ás súas necesidades.

4) Correo electrónico: os/as estudantes teñen á súa disposición os correos electrónicos do profesorado para facer consultas, solicitar aclaracións, requirir materiais docentes, etc. É un recurso a disposición das persoas que teñen dificultades cos anteriores recursos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A3 A4 A13 A15 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 60% da cualificación final.

Os/as profesores/as dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.

No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia polo sistema de avaliación continua é imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas e obter unha cualificación media nas avaliacións das prácticas de aprobado (30 puntos sobre 60).

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas dos grupos reducidos terán un valor do 50% da cualificación final.
60
Proba obxectiva A1 A7 Ao longo do curso poden realizarse unha ou varias probas obxectivas. Unha destas probas realizarase na data que determine o calendario oficial de exames en xuño e en xullo.

En cada proba estableceranse previa e claramente os criterios para obter as cualificacións e, no seu caso, para liberar unha materia.

No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia, será preciso sacar un mínimo de aprobado na proba obxectiva (20 puntos sobre 40).

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, o exame consistirá nunha proba obxectiva de 40 preguntas tipo test e un caso práctico, que terá un valor do 40% da nota final. Será necesario resolver correctamente 22 preguntas do test para poder sumar a cualificación do exame á das actividades prácticas.
40
 
Observacións avaliación

1) Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización de actividades prácticas.

2) Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que
non leven a cabo as actividades da práctica clínica, poderán realizar un exame final, que terá un valor de 10 puntos, cunha parte teórica e otra práctica. Os alumnos que se atopen nesta
situación deberán comunicalo expresamente ao profesor polo chat de TEAMS ou por
correo electrónico.

3) O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.

4) O plaxio na realización de actividades ou probas determinará a cualificación de suspenso nas mesmas, sen prexuízo doutras responsabilidades que se deriven da aplicación da normativa académica da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica SÁNCHEZ MORÓN, Miguel (2019). Derecho administrativo. Tecnos
ESTEVE PARDO, José (2021). Lecciones de Derecho Administrativo. Madrid
GAMERO CASADO, E. y FERNÁNDEZ RAMOS, S. (2019). Manual básico de Derecho Administrativo, Tecnos. Tecnos
VELASCO CABALLERO e DARNACULLETA GARDELLA (2023). Manual de Derecho Administrativo. Marcial Pons
SANTAMARÍA PASTOR, J.A. (2018). Principios de Derecho Administrativo General, II. Iustel
GARCÍA URETA, Agustín (2019). Temas de Derecho Administrativo, I, II. Madrid

Bibliografía complementaria GARCÍA ENTERRÍA, E. y FERNÁNDEZ-RODRIGUEZ, T. R. (Última edición). Curso de Derecho Administrativo, 2 vols. . Civitas
RODRÍGUEZ DE SANTIAGO, DOMÈNECH PASCUAL, ARROYO JIMÉNEZ (2021). Tratado de Derecho Administrativo. Madrid

RECOMÉNDASE O USO DOS SEGUINTES RECURSOS:

I. LEXISLACIÓN.

1. Fontes oficiais.

A. Unión Europea:
• Diario Oficial de la Unión Europea (antes DOCE), pódese consultar a texto completo, así como case toda a normativa comunitaria vixente,
en castelán, na páxina: http://www.europa.eu.int/eur-lex/es
• Para todo tipo de información sobre a Unión Europea e as súas institucións resulta fundamental a páxina: http://www.europa.eu.int/

B. Estado español:
• Gaceta de Madrid y Boletín Oficial del Estado (este último nomedende o 25 de xullo de 1936). A consulta das normas máis recentes
está dispoñible en internet: http://www.boe.es
• Para o seguimento da tramitación parlamentaria dos proxectos de lei estatais pódense consulta-las direccións de internet do Congreso dos
Deputados e do Senado:
http://www.congreso.es y http://www.senado.es
• Para contactar e consultar información (tamén lexislativa) das institucións e órganos do Estado existen varios portais públicos entre os
que cabe destacar:
http://www.map.es/ (páxina principal do Ministerio de Administracións Públicas)
http://www.administracion.es/ “Portal del ciudadano”, do Ministerio de Administracións Públicas)
http://www.igsap.map.es/ Centro de Información Administrativa do Ministerio de Administracións Públicas

C. Comunidades Autónomas:
• Diarios Oficiales das distintas Comunidades Autónomas. A súa maior parte están dispoñibles en internet. Para a busca de textos normativos
nos diferentes boletíns oficiais resulta moi útil a páxina (privada) de internet: http://www.todalaley.com/

2. Recopilacións privadas.
• Repertorio cronológico de Legislación Aranzadi: dispoñible “on line”, previo pago ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es
• Bases de datos de legislación vigente de La Ley: dispoñible “on line”, previa suscrición, na páxina de internet: http://www.laley.net/
• Así mesmo, existen outras editoriais xurídicas que ofrecen a información normativa –moitas veces gratuíta- a través de internet,
como por exemplo:
http://www.elderecho.com/
http://www.juridicas.com/
http://noticias.juridicas.com/
http://v2.vlex.com/es/
• Para a consulta de diversos aspectos constitucionais, legais, institucionais do Dereito Público español é sumamente interesante a
gran base de datos mantida dende hai uns anos pola Área de Dereito Constitucional da Universidade de Oviedo, que se pode
localizar en: http://constitucion.rediris.es/Princip.html

II. XURISPRUDENCIA.

A colección máis coñecida é a de Thomson-Aranzadi. A súa base específica sobre “Jurisprudencia Contencioso-administrativa” contén unha selección de máis de 74.000 resolucións dictadas polos tribunais sobre esta materia: Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza, Xulgado Central do Contencioso Administrativo e Xulgados do Contencioso Administrativo.

Está dispoñible “on line” ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es.

Así mesmo, a editorial xurídica La Ley ofrece en soporte informático a xurisprudencia dos Tribunais españois previa suscrición; cfr.
http://www.laley.net/

Non obstante, nos últimos tempos o Poder Xudicial español ven realizando un gran esforzo para informatizar os tribunais e a súa producción
xurisprudencial. Gracias a este esforzo, é posible dispoñer en internet das últimas sentencias do Tribunal Supremo na páxina:
http://www.poderjudicial.es/tribunalsupremo/

Dende hai tempo, é posible consulta-los últimos autos e sentencias do Tribunal Constitucional (dende 1980) así como dun buscador temático de
todas as emitidas polo Alto Tribunal na páxina:
http://www.tribunalconstitucional.es/

En canto á xurisprudencia comunitaria europea, en especial do Tribunal de Justicia de las Comunidades Europeas, sito en Luxemburgo, a maior
parte da información obtense en:
http://curia.eu.int/es/content/juris/index.htm

Por último, tamén están dispoñibles en internet as últimas resolucións do Tribunal Europeo de Derechos Humanos, sito en Estrasburgo, na dirección:
http://www.echr.coe.int/

III. PORTAIS E BASES DE DATOS (dispoñibles a través da páxina web da Biblioteca da UDC, pero só coos ordenadores conectados á rede universitaria)

• IUSTEL: promovido por varios Profesores de Dereito das Universidades españolas. A parte de Dereito Administrativo está dirixida polo Prof. MUÑOZ MACHADO. A súa páxina web é: http://www.iustel.com
• TIRANT ON LINE: promovida po dita editorial xurídica valenciana; consultable en: http://www.tirantonline.com/
• ADMIWEB: para a búsqueda de calquera referencia sobre as Administracións Públicas españolas é bastante útil e está ben
estructurada: cfr. http://www.admiweb.org/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Institucións e ordenamento xurídico-administrativo/612G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito Sancionador/612G01020

Materias que continúan o temario
Dereito da Contratación/612G01024

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías