Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura, Cultura e Sociedade Código 613584103
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web http://https://www.udc.gal/gl/filo/MLCD/
Descrición xeral Aproximación das relacións entre literatura, cultura e sociedade, prestando especial atención ás escolas teórico-críticas que parten de postulados sociolóxicos, sistémicos e/ou de base marxista

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes AM1
AM7
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que trascenda os limites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural, en especial nos ámbitos hispánico e galego-portugués. AM2
CM2
CM4
Entender a literatura en relación con outros campos culturais e utilizar ferramentas e tecnoloxías apropiadas para o seu estudo AM2
AI3
BP1
BP3
BP5
CM5
Analisar e interpretar tanto textos como mecanismos e procesos de comunicación aplicando diferentes modelos teóricos. AM5
AP1
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM4
AM9
Asumir a importancia e os beneficios sociais da aprendizaxe, e coñecer os medios para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BP2
BP4
BP8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas en entornos novos de forma efectiva, aplicando os coñecementos e habilidades desenvolvidos en contextos interdisciplinares. CM1
CM6
Desenvolver habilidades de xestión da información, de capacidade de síntese, análise e pensamento crítico relacionadas cos propósitos académicos e o desenvolvemento e a creación dun perfil investigador CI1
CI3
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma BP7
Saber utilizar e crear indicadores cualitativos e cuantitativos, incluíndo as estatísticas, para coñecer mellor as desigualdades de xénero e as diferenzas en necesidades, condicións, valores e aspiracións de mulleres e homes. BP2
CM3
CM4
Coñecer e valorizar a diversidade cultural. Entender a importancia de comprender e erradicar as desigualdades AM6
CM3

Contidos
Temas Subtemas
1. Da Literatura para a Cultura 1.1. Cuestións xerais, históricas e metodolóxicas
1.2. Procesos de canonización e construción do coñecemento
2. Teorías sistémicas e sociolóxicas 2.1. Os sistemas culturais (Itamar Even-Zohar)
2.2. Os campos culturais (Pierre Bourdieu)
2.3. As teorias empíricas de base sociolóxica para a análise da cultura
3. Métodos e ferramentas para a análise da cultura 3.1. Análises cuantitativas e cualitativas de base empírica: Bases de dados
3.2. Métodos de análise e representación: Análise de Redes Sociais
4. Planificación cultural e mudanza social 4.1. Obxectivos e resultados dos estudos na cultura
4.2. Aplicacións socioeconómicas e profisionais: Estudos de caso

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A6 A7 B6 B11 C4 C5 1 1 2
Discusión dirixida A2 A5 A6 B5 C3 C6 4 15 19
Traballos tutelados A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 2 10 12
Lecturas A10 C7 1 20 21
Prácticas a través de TIC A2 1 1 2
Glosario A7 A9 C5 2 2 4
Seminario B10 C9 4 10 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o estudantado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou por estudantes dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización de abordaxens concretas relacionadas cos asuntos focados na materia. Estes traballos poderán ser realizados de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio das sesións).
Lecturas Realización dunha seria de lecturas breves (artigos ou capítulos de libro) previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados na materia.
Prácticas a través de TIC Aplicación e teste das TIC aos estudos na cultura.
Glosario Apresentación e discusión colaborativa de conceitos fundamentais para o entendimento das varias ferramentas teórico-metodolóxicas focadas na materia.
Seminario Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma das lecturas atribuídas polo profesor no inicio das sesións ou, eventualmente, dos resultados dalgún dos traballos tutorizados. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos e metodolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contelúdos, destrezas e competencias abordados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Seminario
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do(s) Traballo(s) Tutorizado(s), das Lecturas e dos seminarios. De maneira xeral, recomendase que cada estudante asista polo menos a unha sesión de atendemento previa á realización das abordaxes atribuídas.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o estudantado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está especialmente contemplada para estudantes a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro e para o procedente de fóra do espazo académico europeu.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Lecturas A10 C7 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 30
Seminario B10 C9 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 10
 
Observacións avaliación


  1. A
    avaliación da materia será feita de forma continua na primeira
    oportunidade
    . Nela serán levados en conta non apenas os
    elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén,
    de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas
    e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de
    ensino-aprendizaxe.




  2. Todas
    as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
    prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
    profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
    pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
    prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
    materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
    superior a 5 puntos sobre 10.




  3. Se
    houver criterios específicos de avaliación para algunha das
    tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
    profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
    e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
    igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
    desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.




  4. Todas
    as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
    de formato y corrección lingüística (ortografía, puntuación,
    concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
    léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
    lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
    cualificación segundo os criterios que figuran no documento
    "Exixencias mínimas de corrección lingüística"
    (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
    no Campus Virtual).




  5. Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
    ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
    tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
    será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
    traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
    Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
    traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
    incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de
    honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
    nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
    cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
    fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
    comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
    na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
    cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
    a convocatoria extraordinaria.




  6. As
    persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
    continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á
    oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda
    oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na
    data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas
    lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren
    encomendados.




  7. O
    estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá
    realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola
    Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada
    co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que
    lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este
    alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do
    correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que
    certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar
    co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que
    esta circunstancia se producir.




  8. O
    alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
    terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia
    e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data
    marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou
    traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.




  9. Será
    considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue
    ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente
    ao exame na oportunidade correspondente.




  10. A
    materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
    de medidas voltadas ao
    apoio á diversidade
    (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
    coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
    servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
    Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
    prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
    académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
    (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).




  11. De
    acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
    docencia universitaria, esta materia incorpora a
    perspectiva
    de xénero

    nos seus contidos e organización.
    Será usada
    linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de
    bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de
    xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na
    participación do alumnado en todos os procesos de ensino e
    aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da
    igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos
    nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións
    de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións
    e medidas concretas para as corrixir.


Fontes de información
Bibliografía básica Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Lourido Hermida, Isaac (2011). As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santi
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Figueroa, A. & González-Millán, X. (1997). Communication littéraire et culture en Galice. Paris: L'Harmattan
Lamont, M. & Fournier, M. (1992). Cultivating Differences. Symbolic Boundaries and the Making of Inequalitiy. Chicago and London: The University of Chicago Press
Bourdieu, Pierre (1985). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éditions de Minuit
Castells, Miguel (2003). La era de la información. El poder de la Identidad. Madrid: Alianza Editorial
Lotman, Iuri M. (1996). La Semiosfera. [vol.I : Semiótica de la cultura y del texto -- Vol. II : Semiótica de la cultura, del texto, de la conducta y del espacio -- Vol. III : Semiótica de las artes y de la cultura]. Madrid: Cátedra
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Pageaux, D. H. (2007). Littératures et Cultures en dialogue. Paris: L'Harmattan
Williams, Raymond (1997). Marxismo y literatura. Barcelona: Ediciones Península
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
Even-Zohar, Itamar (2007). Polisistemas de cultura. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Williams, Raymond (1994). Sociología de la Cultura. Barcelona: Paidós Ibérica
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (para ler González-Millán)”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Rees, C. van (1983). “Advances in the Empirical Sociology of Literature and the Arts: The Institutional Approach”. Poetics 12, 285-310
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Nooy, W. de (2005). “Culture in networks”. The Collection and Analysis of Network Data. Summer School of the Quantitative Methods, the Social S
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Casas, Arturo (2007). “Xoán González-Millán: itinerarios teóricos”. Helena González Fernández & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de

Outras referencias bibliográficas relativas á materia podrán constar no documento de planificación do seminario ou directamente ser disponibilizadas através do Campus Virtual.

Bibliografía complementaria Dias, Ângela Maria (org.) (1999). A Missão e o Grande Show. Políticas culturais no Brasil dos anos 60 e depois. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro
Jusdanis, G. (1991). Belated modernity and aesthetic culture: inventing national literature. Minneapolis: University of Minnesota Press
Hohendahl, P. H. (1989). Building a National Literature. The Case of Germany, 1830-1870. Cornell University Press: Ithaca and London
Gramsci, Antonio (2001). Cadernos do Cárcere. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira
Sullà, E. (ed.) (1998). El Canon Literario. Madrid: Arco/Libros
Tato Fontaiña, Laura; Tavares Maleval, M. do Amparo (eds.) (2010). Estudos galego brasileiros 3: lingua, literatura, identidade. Rio de Janeiro / Coruña: UERJ / Universidade da Coruña
Moretti, F. (2005). Graphs, Maps, Trees: Abstract Models for a Literary History. London: Verso
Anderson, B. (1983). Imagined Communities. Reflections on the Origin and Spread of Nationalism. London: Verso
Kiberd, D. (1995). Inventing Ireland. Jonathan Cape: London
Lemieux, V. & Ouimet, M. (2004). L'analyse structurale des réseaux sociaux. Laval (Quebec): Les Presses de l'Université de Laval
Velázquez Álvarez, A. & Aguilar Gallegos, N. (2005). Manual Introductorio al Análisis de Redes Sociales. Medidas de Centralidad. Ejemplos prácticos con UCINET 6.85 y NETDRAW 1.48. Universidad Bolivariana de Chile: Santiago de Chile
Taibo, Carlos (ed.) (2007). Nacionalismo español: esencias, memoria e instituciones. Madrid: Los Libros de la Catarata
Pécaut, Daniel (1990). Os intelectuais e a política no Brasil: entre o povo e a nação. São Paulo: Ática
Mc Crone, David (et al) (1995). Scotland – the Brand: The making of Scottish Heritage. Edinburgh: Edinburgh University Press
Santos, Monserrat Iglesias (ed.) (1999). Teoría de los Polisistemas. Madrid: Arco/Libros
Bertalanffy, L. von (1993). Teoría general de los sistemas: fundamentos, desarrollo, aplicaciones. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Samartim, Roberto L.I. (2003). “A Pré-história do Campo Literário”. A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento português (1495-1557), Santiago de
Rodríguez, J. A. (2005). “Análisis estructural y de Redes”. Cuadernos Metodológicos 16
Sela-Sheffy, R. (1997). “Models and Habituses as Hypotheses in Culture Analysis”. Canadian Review of Comparative Literature / Revue Canadienne de Littérature Comparée XXIV(1), 35-47
Bassel, N. (1991). “National Literature and Interliterary System”. Poetics Today 12(4), 773-780
Torres Feijó, E. J. (2004). “Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Socia
Sela-Sheffy, R. (1990). “The Concept of Canocicity in Polysystem Theory”. Poetics Today 11(3), 511-522


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para poder acompañar correctamente o seminario será preciso ter o nível suficiente (recoméndase un mínimo equivalente ao nível B2 do Cadro Europeu) de comprensión e expresión, tanto oral como escrita, nas línguas de uso na materia.

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento do seminario serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías