Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A5 |
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A7 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A10 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
B11 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C9 |
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
AM1 AM7
|
|
|
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que trascenda os limites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural, en especial nos ámbitos hispánico e galego-portugués. |
AM2
|
|
CM2 CM4
|
Entender a literatura en relación con outros campos culturais e utilizar ferramentas e tecnoloxías apropiadas para o seu estudo |
AM2 AI3
|
BP1 BP3 BP5
|
CM5
|
Analisar e interpretar tanto textos como mecanismos e procesos de comunicación aplicando diferentes modelos teóricos. |
AM5 AP1
|
|
|
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. |
AM4 AM9
|
|
|
Asumir a importancia e os beneficios sociais da aprendizaxe, e coñecer os medios para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
BP2 BP4 BP8
|
|
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas en entornos novos de forma efectiva, aplicando os coñecementos e habilidades desenvolvidos en contextos interdisciplinares. |
|
|
CM1 CM6
|
Desenvolver habilidades de xestión da información, de capacidade de síntese, análise e pensamento crítico relacionadas cos propósitos académicos e o desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
|
|
CI1 CI3
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
|
BP7
|
|
Saber utilizar e crear indicadores cualitativos e cuantitativos, incluíndo as estatísticas, para coñecer mellor as desigualdades de xénero e as diferenzas en necesidades, condicións, valores e aspiracións de mulleres e homes. |
|
BP2
|
CM3 CM4
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural. Entender a importancia de comprender e erradicar as desigualdades |
AM6
|
|
CM3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Da Literatura para a Cultura |
1.1. Cuestións xerais, históricas e metodolóxicas
1.2. Procesos de canonización e construción do coñecemento |
2. Teorías sistémicas e sociolóxicas |
2.1. Os sistemas culturais (Itamar Even-Zohar)
2.2. Os campos culturais (Pierre Bourdieu)
2.3. As teorias empíricas de base sociolóxica para a análise da cultura |
3. Métodos e ferramentas para a análise da cultura |
3.1. Análises cuantitativas e cualitativas de base empírica: Bases de dados
3.2. Métodos de análise e representación: Análise de Redes Sociais |
4. Planificación cultural e mudanza social |
4.1. Obxectivos e resultados dos estudos na cultura
4.2. Aplicacións socioeconómicas e profisionais: Estudos de caso |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A4 A6 A7 B6 B11 C4 C5 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A2 A5 A6 B5 C3 C6 |
4 |
15 |
19 |
Traballos tutelados |
A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 |
2 |
10 |
12 |
Lecturas |
A10 C7 |
1 |
20 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
A2 |
1 |
1 |
2 |
Glosario |
A7 A9 C5 |
2 |
2 |
4 |
Seminario |
B10 C9 |
4 |
10 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o estudantado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario. |
Discusión dirixida |
Presentación polo profesor ou por estudantes dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais. |
Traballos tutelados |
Realización de abordaxens concretas relacionadas cos asuntos focados na materia. Estes traballos poderán ser realizados de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio das sesións). |
Lecturas |
Realización dunha seria de lecturas breves (artigos ou capítulos de libro) previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados na materia. |
Prácticas a través de TIC |
Aplicación e teste das TIC aos estudos na cultura. |
Glosario |
Apresentación e discusión colaborativa de conceitos fundamentais para o entendimento das varias ferramentas teórico-metodolóxicas focadas na materia. |
Seminario |
Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma das lecturas atribuídas polo profesor no inicio das sesións ou, eventualmente, dos resultados dalgún dos traballos tutorizados. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos e metodolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contelúdos, destrezas e competencias abordados na materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Seminario |
|
Descrición |
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do(s) Traballo(s) Tutorizado(s), das Lecturas e dos seminarios. De maneira xeral, recomendase que cada estudante asista polo menos a unha sesión de atendemento previa á realización das abordaxes atribuídas.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o estudantado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está especialmente contemplada para estudantes a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro e para o procedente de fóra do espazo académico europeu. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 |
Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. |
60 |
Lecturas |
A10 C7 |
Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. |
30 |
Seminario |
B10 C9 |
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A
avaliación da materia será feita de forma continua na primeira
oportunidade. Nela serán levados en conta non apenas os
elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén,
de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas
e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de
ensino-aprendizaxe.
Todas
as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10.
Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das
tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
de formato y corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que figuran no documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística"
(aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
no Campus Virtual).
Calquera
falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de
honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á
oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda
oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na
data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas
lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren
encomendados.
O
estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá
realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola
Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada
co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que
lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este
alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do
correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que
certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar
co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que
esta circunstancia se producir.
O
alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia
e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data
marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou
traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
Será
considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue
ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente
ao exame na oportunidade correspondente.
A
materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
de medidas voltadas ao apoio á diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
(no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).
De
acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva
de xénero
nos seus contidos e organización. Será usada
linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de
bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de
xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na
participación do alumnado en todos os procesos de ensino e
aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da
igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos
nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións
de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións
e medidas concretas para as corrixir.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Lourido Hermida, Isaac (2011). As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santi
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Figueroa, A. & González-Millán, X. (1997). Communication littéraire et culture en Galice. Paris: L'Harmattan
Lamont, M. & Fournier, M. (1992). Cultivating Differences. Symbolic Boundaries and the Making of Inequalitiy. Chicago and London: The University of Chicago Press
Bourdieu, Pierre (1985). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éditions de Minuit
Castells, Miguel (2003). La era de la información. El poder de la Identidad. Madrid: Alianza Editorial
Lotman, Iuri M. (1996). La Semiosfera. [vol.I : Semiótica de la cultura y del texto -- Vol. II : Semiótica de la cultura, del texto, de la conducta y del espacio -- Vol. III : Semiótica de las artes y de la cultura]. Madrid: Cátedra
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Pageaux, D. H. (2007). Littératures et Cultures en dialogue. Paris: L'Harmattan
Williams, Raymond (1997). Marxismo y literatura. Barcelona: Ediciones Península
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
Even-Zohar, Itamar (2007). Polisistemas de cultura. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Williams, Raymond (1994). Sociología de la Cultura. Barcelona: Paidós Ibérica
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (para ler González-Millán)”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Rees, C. van (1983). “Advances in the Empirical Sociology of Literature and the Arts: The Institutional Approach”. Poetics 12, 285-310
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Nooy, W. de (2005). “Culture in networks”. The Collection and Analysis of Network Data. Summer School of the Quantitative Methods, the Social S
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Casas, Arturo (2007). “Xoán González-Millán: itinerarios teóricos”. Helena González Fernández & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de |
Outras referencias bibliográficas relativas á materia podrán
constar no documento de planificación do seminario ou directamente
ser disponibilizadas através do Campus Virtual. |
Bibliografía complementaria
|
Dias, Ângela Maria (org.) (1999). A Missão e o Grande Show. Políticas culturais no Brasil dos anos 60 e depois. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro
Jusdanis, G. (1991). Belated modernity and aesthetic culture: inventing national literature. Minneapolis: University of Minnesota Press
Hohendahl, P. H. (1989). Building a National Literature. The Case of Germany, 1830-1870. Cornell University Press: Ithaca and London
Gramsci, Antonio (2001). Cadernos do Cárcere. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira
Sullà, E. (ed.) (1998). El Canon Literario. Madrid: Arco/Libros
Tato Fontaiña, Laura; Tavares Maleval, M. do Amparo (eds.) (2010). Estudos galego brasileiros 3: lingua, literatura, identidade. Rio de Janeiro / Coruña: UERJ / Universidade da Coruña
Moretti, F. (2005). Graphs, Maps, Trees: Abstract Models for a Literary History. London: Verso
Anderson, B. (1983). Imagined Communities. Reflections on the Origin and Spread of Nationalism. London: Verso
Kiberd, D. (1995). Inventing Ireland. Jonathan Cape: London
Lemieux, V. & Ouimet, M. (2004). L'analyse structurale des réseaux sociaux. Laval (Quebec): Les Presses de l'Université de Laval
Velázquez Álvarez, A. & Aguilar Gallegos, N. (2005). Manual Introductorio al Análisis de Redes Sociales. Medidas de Centralidad. Ejemplos prácticos con UCINET 6.85 y NETDRAW 1.48. Universidad Bolivariana de Chile: Santiago de Chile
Taibo, Carlos (ed.) (2007). Nacionalismo español: esencias, memoria e instituciones. Madrid: Los Libros de la Catarata
Pécaut, Daniel (1990). Os intelectuais e a política no Brasil: entre o povo e a nação. São Paulo: Ática
Mc Crone, David (et al) (1995). Scotland – the Brand: The making of Scottish Heritage. Edinburgh: Edinburgh University Press
Santos, Monserrat Iglesias (ed.) (1999). Teoría de los Polisistemas. Madrid: Arco/Libros
Bertalanffy, L. von (1993). Teoría general de los sistemas: fundamentos, desarrollo, aplicaciones. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Samartim, Roberto L.I. (2003). “A Pré-história do Campo Literário”. A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento português (1495-1557), Santiago de
Rodríguez, J. A. (2005). “Análisis estructural y de Redes”. Cuadernos Metodológicos 16
Sela-Sheffy, R. (1997). “Models and Habituses as Hypotheses in Culture Analysis”. Canadian Review of Comparative Literature / Revue Canadienne de Littérature Comparée XXIV(1), 35-47
Bassel, N. (1991). “National Literature and Interliterary System”. Poetics Today 12(4), 773-780
Torres Feijó, E. J. (2004). “Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Socia
Sela-Sheffy, R. (1990). “The Concept of Canocicity in Polysystem Theory”. Poetics Today 11(3), 511-522 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para poder acompañar correctamente o seminario será preciso ter o nível suficiente (recoméndase un mínimo equivalente ao nível B2 do Cadro Europeu) de comprensión e expresión, tanto oral como escrita, nas línguas de uso na materia. Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento do seminario serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento. |
|