Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación Código 613584104
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Mariño Mexuto, Marta
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
m.marinom@udc.es
Web
Descrición xeral Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patróns formais para a presentación de traballos por escrito e a súa defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para os/as investigadores/as.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. AM5
AM6
AM7
AM9
BP3
BP4
BP5
CM3
CM5
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas para a investigación en humanidades. AM2
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AI3
BP1
BP5
BP8
BI1
CM1
CM2
CM5
CM6
CI2
CI3
Elaborar textos escritos académicos de diversa tipoloxía. AI1
BP1
BP5
BP7
BI2
CM1
CM5
CI1
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre un asunto literario e/ou cultural concreto. AM5
AM6
BM2
BM3
BP7
BI2
BI3
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos introdutorios Nocións preliminares
2. Tipos de traballos de investigación Traballo fin de mestrado, relatorio, tese, artigo, edición crítica, monografía etc.
3. Organización do traballo de investigación - Escolla do tema
- Hipótese(s) previas
- Obxectivos
- Escolla do título
- Metodoloxías
- Corpus
- Conclusións
4. Obtención e clasificación da información - Selección de fontes (documentais, bibliográficas etc.)
- Recursos de información
- Aproximación ás bases de datos
5. Aspectos formais - Estruturación do traballo
- A redacción
- Resumos e palabras chave
- Normas internacionais de citacións bibliográficas
- Citacións e notas (funcións e sistemas)
- Criterios gráficos
- Tipografías
- Índice(s)
6. Presentación dos traballos - Ferramentas para a expresión oral
- Preparación da exposición
- O acto de defensa de traballos de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 9 27 36
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 5 15 20
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 0 15 15
Presentación oral B2 B10 B3 1 2 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas ou o emprego das TIC.
Seminario Nas sesións dedicadas ao seminario desenvolverase o traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora.
Traballos tutelados Consistirá na realización dun breve ensaio, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora.
Presentación oral Exposición oral, na aula, do traballo tutelado ou dos retos e dificultades que presenta o seu proceso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a realización dos traballos e das presentacións orais, especialmente en cuestións como a escolla do tema, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas inidicacións escritas.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%).
As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 60
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 10
Presentación oral B2 B10 B3 Avaliación da presentación oral do traballo tutelado ou dos retos e dificultades que presenta o seu proceso. 20
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros/as autores/as sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co estabelecido na normativa académica. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%). As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal)

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro.


Fontes de información
Bibliografía básica Alcina Franch, José (1994). Aprender a investigar: métodos y trabajo para la redacción de tesis doctorales (Humanidades y Ciencias Sociales). Madrid: Compañía Literaria
Soriano, Ramón (2008). Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice
Eco, Umberto (2001). Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa
Phillips, Estelle M. & Pugh, Derek S. (2005). La tesis doctoral. Cómo escribirla y defenderla. Un manual para estudiantes y sus directores. Barcelona: Bresca
López Yepes, José et al. (2005). Las tesis doctorales. Producción, evaluación y defensa. Madrid: Fragua
Pantoja Vallejo, Antonio (coord.) (2009). Manual básico para la realización de tesinas, tesis y trabajos de investigación. Madrid: EOS Universitaria
Dias, Maria Olívia (2008). Manual de sugestões para estudantes: estudar e fazer trabalhos académicos com método . Viseu: Psicosoma
Montolío, Estrella (coord.) (2009). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel
Fernandes, António José (2002). Métodos e Regras para Elaboração de Trabalhos Académicos e Científicos. Porto: Porto Editora
Estrela, Edite (coord.) (2009). Saber Escrever uma Tese e Outros Textos. Lisboa: Dom Quixote
Briz, Antonio (coord.) (2008). Saber hablar. Madrid: Aguilar
Sierra Bravo, Restituto (1994). Tesis doctorales y trabajos de investigación científica. Madrid: Paraninfo

Bibliografía complementaria

Proporcionaranse outros recursos bibliográficos específicos e en liña para os temas tratados nesta materia a través do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Recursos para a investigación da literatura/613484007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías