Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura e Espectáculo Código 613584107
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións escénicas: teatro, danza, cinema...
Relacións entre texto e artes escénicas.
Discursos en que se relacionan literatura e espectáculo. Recursos e métodos para a investigación interdisciplinar.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado deberá coñecer as relacións entre a literatura e o teatro, o audiovisual, a música e a danza a través da historia e en contextos culturais diversos. AM1
AM3
CM4
O alumnado deberá coñecer os principais focos de información e de reflexión teórica relativas ao estudo das relacións entre a literatura e as producións espectaculares e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico. AI2
AI3
BP3
BP5
CM5
CI2
O alumnado deberá saber empregar a rede informática na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, adquirir a capacidade de utilizar as ferramentas TIC necesarias para o exercicio profesional e investigador. AM2
AM4
AI3
BP3
BP4
O alumnado deberá deseñar e realizar un traballo de investigación orixinal, rigoroso e de extensión limitada en que se analicen as relacións de certos produtos espectaculares coa literatura, pondo en relación os estudos literarios con contextos culturais diversos. AM2
AI1
BP3
BP7
CI3
O alumnado deberá saber traballar de forma autónoma e con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM3
BP2
BP4
CM1
CM5
CI1
Saber realizar unha análise crítica da literatura, dos espectáculos e dos discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. AM3
AI1
BP2
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura na sociedade do espectáculo 1.1. Gustavo Pernas: Os ollos de Victorine ou a construción da cuarta parede
1.2. Aldea global e iconosfera: the pictorial turn
1.3. Performance e textualidade
1.4. Lectura performativa e perfomance da personalidade nas redes sociais
1.5. Jacques Rancière: É posíbel un espectador emancipado?
1.6. Estratexias performativas de identidade: narradores e poetas performativos
2. O medio é a mensaxe: literatura e audiovisual 2.1. O determinismo tecnolóxico e a literatura
2.2. Literaturicidade do roteiro audiovisual
2.3. Chico Buarque, Leonard Cohen e Bob Dylan contemplados desde a literatura
2.4. Narrativas transmedia e ludificación
2.5. Narrativa e cómic

3. Posdrama e literatura 3.1. Deconstrución e paradoxos da literatura posdramática: Heine Müller e Sarah Kane
3.2.Texto-centrismo versus Esceno-centrismo:
___3.2.1. O paradigma artaudiano
___3.2.2. Do happening á non-encenación de Claude Régy
___3.2.3. Kantor (Umarla klasa - A clase morta): tensión entre a realidade preexistente do texto literario e a realidade autónoma da escena.
3.3. O cuestionamento da ficcionalidade: (re)produción, (re)presentación
4. A ruptura coa liña discursiva patriarcal 4.1. Textos escénicos alternativos ao logos androcéntrico
4.2. Experiencias escénicas feministas
4.3. Autoría espectacular feminina na Galiza

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A3 A14 A12 B10 C1 C8 C9 3 20 23
Lecturas A1 A2 B7 C7 C5 2 20 22
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C5 0 4 4
Presentación oral B6 B10 C1 6 6 12
Sesión maxistral A1 A2 C5 2 0 2
Proba mixta A13 A4 B5 B8 B10 C4 2 6 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, que focará ora un texto posdramático, ora a análise dalgún aspecto concreto dun espectáculo non aristotélico, ora un discurso alternativo ao patriarcal desde os palcos, ora as relacións da literatura co audiovisual, ora a análise narratolóxica dun produto dese medio. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, dedicando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros.
Sesión maxistral Destinarase media hora das catro primeiras sesións á exposición e desambiguación dos conceptos teóricos por parte do docente.
Proba mixta A proba mixta desenvolverase como discusión dirixidas. As sesións presenciais consistirán principalmente na realización síncrona destas discusións, tuteladas polo docente, en que o alumnado deberá participar activamente.
Previamente, as/os estudantes terán que preparar as discusións mediante a lectura dos artigos especializados indicados con suficiente antelación. Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos e destrezas.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A4 B5 B8 B10 C4 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 35% da cualificación final. 35
Traballos tutelados A3 A14 A12 B10 C1 C8 C9 O traballo invidivual representará o 35% da cualificación final. Terase en conta a ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes, que será recíproca, isto é escoitará o que se lle di da súa elección e el/ela mesmo/a ponderará ás dos compañeiros/as; a presentación dentro dos prazos e a calidade do mesmo. 35
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 10% da cualificación final. 10
Presentación oral B6 B10 C1 Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo tutelado (10%) como a participación retroalimentadora nos outros traballos (10%). 20
 
Observacións avaliación

Exercicios obrigatorios
Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do traballo tutuledo. Para poder aprobar deberase atinxir unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 en ambos exercicios.
O alumnado que non realizar estas actividades recibirá a cualificación de NON PRESENTADA/O.
A expresión lingüística deficiente (oral ou escrita) poderá ser penalizada até ao 50% do total atribuído a cada exercicio.

Ensino semipresencial e alumnado con dispensa académica
O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o docente comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso, para alén de estar publicados no campus virtual. Aplicaranse os memos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada
Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunhas das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. A retroalimentación nos outros traballos realizarase asincronamente por escrito, no campus virtual.

Integridade académica
Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Poderase contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica Biscainho Fernandes, C. C. (2019). "A dramaturxia galega de autoría feminina no século XXI", eHumanista IVITRA, 15, Monogràfic III, Santa Bárbara (California) (Estados Unidos), UC Santa Barbara, 2019, pp. 324-341. https://www.ehumanista.ucsb.edu/sites/default/files/sitefiles/ivitra/volume15/7.%20Biscainho-Fernand
Valverde, A. (2004). "A performance en Rompente", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2004, 96-105. Compostela: USC
Zavala, L. (). "Cine y literatura. Puentes, analogías y extrapolaciones", en Razón y Palabra nº 71. .
Lehmann, H.T. (1999). "El teatro postdramático: una introdución", Posdramatisches Theater (traduc. de Paula Riva), Telondefondo n°12-decembro 2010.
Ubersfeld, A. (1997). "La escena y el texto", en La escuela del Espectador, 20-58. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Alonso de Santos, J. L. (2007). "Las reglas de la teatralidad" e "La recepción teatral", en Manual de Teoría y Práctica Teatral, 165-194 e 519-545. Madrid: Castalia
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria: 593-613. Vigo: Xerais
Pavis, P. (2007). "Nas fronteiras da encenação" e "Encenação, Perfomance: Qual é a diferença?", en A Encenação Contemporânea, 25-59. São Paulo: Perspectiva
Bermúdez, S (2002). "O capital simbólico das literaturas subalternas: a poesía galega no serodio século XX", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002, 201-208.. . Compostela: USC
Abuín, A (2006). "Performance y textualidad", Escenarios del caos: 151-157. Valencia: Tirant lo Blanch
Martín Rodríguez, I. (2015). Análisis narrativo del guión de videojuego. Madrid: EUG-Síntesis
Cornago, Óscar (2015). Capítulos II e III de Ensayos de Teoría Escénica. Sobre teatralidad, público y democracia. Madrid: Abada Editores
Becerra, Afonso (2018). Confio-te o meu corpo: a dramaturgia pós-dramática. Compostela: ATravés Editora
Fischer-Lichte, E. (2011). Estética de lo performativo. Madrid: Abada Edidtores
Pernas, Gustavo (2006). Os ollos de Victorine e a construción da cuarta parede. Ames: Laiovento
Tenschert, Bataillon, Dort e Raoul-Davis (2003). Questões de Dramaturgia I. Lisboa: Escola Superior de Teatro e Cinema

LECTURAS/VISIONADOS OBRIGATORIOS

Gustavo Pernas Cora (2006): Os ollos de Victorine ou a construción da cuarta parede (fragmentos)
Oscar Cornago: ¿Qué es la teatralidad? Paradigmas estéticos de la modernidad
Patrice Pavis (2007): "A Desconstrução da Encenação Pós-moderna"
Robert Wilson (2015): Adam's Passion
Marta Pérez & Nuria Sotelo (2013): "Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista de creación escénica en Galicia"
Biscaínho-Fernandes: "Literatura e outros espectáculos (para alén do teatro)"

Bibliografía complementaria Figuero Espadas (2013). Guion : nociones sobre la escritura audiovisual. Madrid: CEU
(1999). "A propósito de Guy Debord y la crítica situacionista del espectáculo", en Archipiélago cuadernos de crítica de la cultura n. 39, 87-115. Castelldefels: Pamiela
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613. . Vigo: Xerais
Abuín González e Rodríguez González (2004). "Literatura e cinema: recreacións fílmicas e transferencias culturais", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 569-591. Vigo: Xerais
Abuín e Casas (2004). "O texto espectacular", en Casas (coord.) Elementos de crítica literaria, 415- 470. Vigo: Xerais
Creton, Palmer e Sarrazac (2005). Arts du espectacle, métiers et industries culturelles: penser la généalogie. Paris: Presses Sorbonne Nouvelle
Sánchez Noriega, J. L. (2000). De la literatura al cine. Barcelona: Paidós
Pavis, P (1983). Diccionario del Teatro. Dramaturgia, estética, semiología. . Barcelona: Paidós
Becerra de Becerreá, A (2007). Dramaturxia. Teoría e práctica. Vigo: Galaxia
McKee, R. (2002). El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones. . Barcelona: Alba
Fischer-Lichte, E. (2004). Estética de lo performativo. Madrid: Abada Edidtores
Alemany Ferrer e Chico Rico (eds.) (2012). Literatura i espectacle = Literatura y espectáculo. Alicante : Universidad de Alicante : Sociedad Española de Literatura General y Comparada
Kowzan, Tadeusz (1992). Literatura y espectáculo. Madrid : Taurus
Sarrazac, Jean-Pierre (2003). O futuro do drama. Porto: Campo das Letras
Schechner, R. (2006). Performance Studies. New York: Routledge
Carlson, M (2005). Performance: unha introdución crítica. Vigo: Galaxia
Ubersfeld, A. (1993). Semiótica teatral.. Madrid: Cátedra / Universidad de Murcia
Artaud, Antonin (). Teatro e seu duplo. São Paulo: Livraria Martins Fontes Editora Ltda
Werneck et ali (2009). Texto e imagem: estudos de teatro. Rio de Janeiro: 7 letras
Hormigón, J. A. (1991). “Dramaturgia y trabajo dramatúrgico”, Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. 31-58. Madrid: Publicaciones de la ADE
Abuín, A. (1996). “Para una teoría de la puesta en escena. Hermenéutica y transformación de un texto literario”, Tropelías 5/6, 1994-1995, pp. 5-15.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para o alumnado internacional, recoméndase un nivel mínimo de galego ou español equivalente ao B2.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías