Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Tradicións Literarias e Culturais Código 613584110
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/AFerracesRodriguez/
Descrición xeral A materia 'Tradicións literarias e culturais' pretende levar a cabo un enfoque integrado dos feitos literarios e culturais desde as perspectivas diacrónica e comparada. O punto de partida é unha reflexión sobre os termos de tradición e legado, e as súas relacións cos conceptos de identidade cultural e canon. A continuación distinguiranse, por unha parte, os contidos e códigos formais que integran o patrimonio literario ou cultural herdado en cada momento, e, por outra, as canles mesmas de transmisión e as formas de recepción dese legado.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar o estudo de obras pertencentes á literatura española no plano das diferentes tradicións literarias e culturais europeas AM1
Poñer en relación as producións literarias con outras manifestacións artísticas e intelectuais AM2
AM8
AM9
CM5
Tomar conciencia da continuidade e da diversidade cultural nos eixos sincrónico e diacrónico CM3
CM4
Coñecer e utilizar con efectividade as ferramentas de estudo básicas no ámbito dos estudos literarios e culturais AI3
BP1
BP3
BP4
Adquirir destrezas básicas en materia de comunicación científico-académica e planificación da investigación BP7
CM2
CI1
Explorar campos e liñas de investigación innovadoras no ámbito dos estudos literarios e culturais referidos ao mundo hispánico AM5
AI1
BP5
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións conceptuais: literatura, cultura, tradición. 1.1. O concepto de literatura da Antigüidade ós tempos modernos.
1.2. Literatura e cultura: tradición literaria e cultural.
1.3. Diversidade de fontes.
2. Os textos. 2.1. A mandrágora.
2.2. A peonía.
2.3. Outras plantas.
2.4. Maxia animal.
3. A maxia nas fontes. 3.1. Amuletos e fórmulas máxicas na Antigüidade.
3.2. Estudo de formas e elementos compositivos das fórmulas máxicas
3.3. As 'precationes' ou súplicas paganas.
3.4. Antigüidade Tardía e Idade Media: cristianización de procedementos e fórmulas.
3.5. Pervivencia da maxia antiga ata a actualidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 B7 B8 C2 C3 8 16 24
Traballos tutelados A12 B4 B10 C8 C9 0 21 21
Lecturas A1 A2 A8 B6 C4 C7 C5 0 5 5
Sesión maxistral A1 A2 A8 A9 7 15 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Reservarase unha parte das sesións presenciais para o debate de cuestións concretas relativas aos contidos previamente expostos. Asimesmo, proporase ós estudantes a preparación previa de certos aspectos que serán tratados en sesións posteriores, efectuando, por exemplo, procura de información sobre un tema dado. Estas actividades terán unha dinámica de traballo en grupo.
Traballos tutelados Os estudantes elaborarán un traballo, coa orientación do profesor e sobre un tema acordado previamente. O traballo estará centrado en algún aspecto da elaboración, transmisión e recepción dun tema da tradición cultural ou literaria, preferentemente dentro do dominio cultural hispánico.
Lecturas A instancia do profesor, os estudantes realizarán por conta propia a lectura de fontes bibliográficas, que poderán estar referidas ben a aspectos xerais da materia ou ben ao tema do traballo tutelado. Unha parte destas lecturas constituirán a base para levar a cabo sesións de debate en aulas presenciais. Outra parte terá carácter complementario e poderá ser realizada durante o período que media entre o fin das aulas presenciais e o prazo establecido para a avaliación.
Sesión maxistral O profesor destinará as sesións maxistrais a expor oralmente os contidos dos temas e subtemas. Empregará instrumentos auxiliares como textos, documentos gráficos ou sonoros, remisión a páxinas web ou guions en formato power-point. A exposición razoada estará aberta ao debate e á aclaración de dúbidas plantexadas polos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os estudantes contarán coa asistencia do profesor para a programación e supervisión do traballo tutelado. A tal efecto concertaranse en cada caso titorías específicas ao longo do segundo cuatrimestre. Antes de iniciar o traballo o alumno asistirá a unha titoría presencial para acordar co profesor o tema e mais o calendario de realización e entrega.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 B7 B8 C2 C3 Valorarase o grado de participación dos estudiantes na discusión e debate durante as sesións destinados ao efecto. Especial importancia terá a capacidade de síntese, o grado de competencia na argumentación oral e a habilidade para resolver problemas ou conflitos. 20
Sesión maxistral A1 A2 A8 A9 Valorarase a asistencia e a participación activa dos estudantes nas sesións presenciais. 10
Traballos tutelados A12 B4 B10 C8 C9 No traballo individual elaborado por cada estudante serán tidos en conta os aspectos seguintes: a) a correción na expresión escrita e na configuración editorial do documento; b) a claridade e a exposición ordenada dos argumentos; c) o rigor e a profundidade da argumentación; d) a adecuación aos contidos da materia. 50
Lecturas A1 A2 A8 B6 C4 C7 C5 Os estudiantes darán conta das lecturas obrigatorias a través da elaboración de fichas específicas ou, no seu caso, facendo uso evidente da información, valorado polo profesor, na elaboración do traballo tutelado. 20
 
Observacións avaliación

Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre -e sempre antes do inicio do período de clases- unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. A avaliación realizaráse en función únicamente das metodoloxías 2: Traballos tutelados (65%) e 3: Lecturas (35%). Neste caso as lecturas terán carácter específico, á marxe dos traballos tutelados.


Os criterios para a avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados á primeira en canto ao traballo tutelado, é decir, o 50 % da nota final. As cualificacións obtidas nas restantes metodoloxías serán compensadas na segunda oportunidade cun traballo específico sobre lecturas asignadas explícitamente polo profesor para tal fin, é decir, para compensar o 50 % restante da calificación.

No caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte dun estudante, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0,0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade cando isto fose necesario.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado con dispensa académica.

Será considerado NON PRESENTADO o alumno que non presente o traballo tutelado, que deberá ser entregado presencialmente durante unha tutoría na data establecida polo profesor. O tema do traballo deberá ser acordado previamente tamén co profesor nunha titoría específica para tal fin.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade conforme ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Fontes de información
Bibliografía básica Reynolds, L.D. - Wilson, N.G. Madrid, Gredos, 1986. (1986). Copistas y Filólogos. Las vías de transmisión de las literaturas griega y latina.. Madrid; Gredos
Highet, G. (1954). La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental.. México, Fondo de Cultura Económica.
Eliot, T.S. (2003). La unidad de la cultura europea notas para la definición de la cultura. Madrid, Encuentro
Curtius, E.R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina.. México, Fondo de Cultura Económica.
García Jurado, F. (2016). Teoría de la tradición clásica. Conceptos, historia y métodos. México, UNAM
Cristóbal, V. (2005). Tradición clásica: concepto y bibliografía. Edad de Oro 24, pp. 27-46
García Jurado, F. (2015). Tradición frente a recepción clásica. Historia frente a estética. Receptor frente a lector. Nova Tellus 33/1, 2015, 11-40

Bibliografía complementaria Kallendorf, C.W. (2007). A Companion to the Classical Tradition. Oxford, Blackwell Publishing
Signes Codoñer, J. (2005). Antiquae lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa.. Madrid; Cátedra
González Rolán, T. - Saquero, P. - López Fonseca, A. (2002). La Tradición Clásica en España (siglos XIII-XV).. Madrid; Edciones Clásicas
Bolgar, R.R. (1954). The Classical Heritage and its Beneficiaries. Cambridge U.P.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías