Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A7 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A10 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B3 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar a historia da literatura e da cultura desde unha perspectiva contextual, considerando as condicións históricas e sociais particulares que condicionaron as posibilidades de acceder á literatura no caso dos homes e das mulleres. |
AM1 AM6 AM7 AM8 AM9 AP1 AI3
|
BM3 BP1 BP2 BP3 BP4 BP7
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CI1
|
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico en que se producen e os cambios que trouxo a adopción desa perspectiva.
|
AM1 AM6 AM7 AM8 AM9
|
BP2 BP4
|
CM2 CM3 CM4 CM5
|
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados |
AM1 AM6 AM7 AM8 AM9 AI1
|
BM3 BP2 BP4 BP5 BP7
|
CM2 CM3 CM4 CM5 CM6
|
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e organizados, en que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan puntos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva. |
AM1 AM2 AM6 AM7 AM8 AM9 AP1 AI1 AI3
|
BM3 BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP7
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CI1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución.
|
A institución literaria e as mulleres. |
2. A muller na literatura: da Idade Media á actualidade |
Muller, cánone e historiografía literaria.
|
3. Axencia feminina e campo literario |
Os outros roles: do mecenato á tradución. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C2 C5 |
12 |
22 |
34 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 B7 B10 C7 C5 |
1 |
0 |
1 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A6 C4 C7 C5 |
0 |
22 |
22 |
Proba oral |
A1 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 |
2 |
14 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Sesións expositivas e dinámicas do profesor e traballo participativo do alumnado na análise e comentario dos textos. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia. |
Traballos tutelados |
O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). |
Proba oral |
O traballo deberá ser defendido oralmente na aula e sometido a un breve debate co profesorado e o alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Traballos tutelados |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
|
Descrición |
O estudantado poderá, sempre que for preciso, requerir atención personalizada da docente, especialmente para establecer as orientacións sobre o traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A1 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 |
O traballo deberá ser defendido oralmente nas aulas e sometido a un breve debate co profesorado e estudantado.
|
40 |
Seminario |
A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C2 C5 |
A asistencia regular ás aulas valorarase positivamente. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A6 C4 C7 C5 |
O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). |
50 |
|
Observacións avaliación |
1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo. 3. En caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte do estudantado, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como se for na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade de ser necesario.
4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non realice o traballo tutelado, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.
5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente.
6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
8. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle.
As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ZAVALA, Iris M. (1995). Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Madrid: Anthropos
LOCANE, Jorge J. (2022). De Carmen Balcells a indent literary agency. Para un mapeo y caracterización del agente literario de la literatura lationoamericana. Revista Chilena De Literatura, (105), pp. 151–175..
BUTLER, Judith (2007). El Género en disputa. Feminismo y la subversión de la identidad. Barcelona: Paidós
SEGARRA, M. y A. CARABI, eds. (2000). Feminismo y crítica literaria. Barcelona: Icaria
DUBY, G. & PERROT, M. (1991-1993). Historia de las mujeres. Madrid: Taurus
VÉLEZ-SAINZ, Julio (2015). La defensa de la mujer en la literatura hispánica. Siglos XV-XVII. Madrid: Cátedra
VILLARREAL, J. P. M. (2019). La edición femenina decimonónica. Patrocinio de Biedma: entre el asociacionismo y las redes de colaboración editorial. Lectora, 25, pp. 105-117.
FERNÁNDEZ, Pura (2008). La mujer de letras o la letraherida: discursos y representaciones sobre la mujer escritora en el siglo XIX. Madrid: CSIC
ARCHER, Robert (2001). Misoginia y defensa de las mujeres. Antología de textos medievales. Madrid: Cátedra
AGUILAR SALINAS, M. (2021). Redes y escritoras ibéricas en la esfera cultural de la primera Edad Moderna. Madrid: Editorial Iberoamericana - Vervuert
ROMERO LÓPEZ, Dolores (ed.) (2016). Retratos de traductoras en la Edad de Plata. Madrid: Escolar y Mayo Eds.
JOHNSON, Roberta (ed.). (2021). Una nueva historia de los feminismos ibéricos. Tirant lo Blanch |
A docente proporcionará bibliografía específica e textos de lectura obrigatoria a través da plataforma do Campus Virtual. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|