Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) Código 613584118
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Lema Paris, Ánxela
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
anxela.lema@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Estudo da aplicabilidade do paradigma dos estudos de xénero á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso dos sistemas literarios galego e de lingua portuguesa.
Na sección de contidos figuran os temas específicos que serán tratados na materia.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM8
AI1
AI2
AI3
BM1
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Incorporar a perspectiva de xénero e feminista aos estudos literarios AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM8
AM9
AP1
AI1
AI3
BP2
BP3
BP4
BP6
BI2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas na análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AM1
AM2
AM4
AM5
AM9
AP1
AI1
AI3
BM1
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM2
AM4
AM5
AM9
AP1
AI1
AI2
AI3
BM1
BM2
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AP1
AI2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM8
AM9
AP1
AI1
BM1
BM2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Sexo, xénero e texto 1.1. Autoría e sistema sexo-xénero
1.2. A escrita diversa na literatura galega
2. Poesía queer galega
2.1. Análise do canon literario na poesía galega contemporánea
2.2. Repensar o erotismo, o sexo e os afectos desde as non-monogamias feministas
2.3. Deconstrución da mononorma na poesía contemporánea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 1 22 23
Sesión maxistral A13 A1 A2 A6 A7 A10 A8 A9 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C4 C7 C5 6 12 18
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A5 A10 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 0 16 16
Obradoiro A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 8 8 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Obradoiro
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A5 A10 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 20
Obradoiro A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%).

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias ou se detecte calquera tipo de uso fraudulento de recursos tecnolóxicos,  poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)."


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica

Amigo Ventureira, Ana (2022): Biciosas o la necesidad de queerizar lo queer (Madrid: Kaótica Libros).

Foucault, Michel (1969): “Qu’est ce qu’un auteur?”, Littoral, 9, 3-32 [En liña]

https://es.scribd.com/document/217023840/Qu-Est-ce-Qu-Un-Auteur-

Foucault [última consulta: 2/12/2019].

Nogueira, María Xesús (2020): “Outros desejos, outras palavras. A representação de identidades sexuais não-normativas na literatura galega contemporânea”. Daniel Amarelo ed. Nós xs inadaptadxs (Santiago de Compostela: Através Editora), 31-43.

Pérez Fontdevila, A. (2019): «Qué es una autora o qué no es un autor», en Pérez Fontdevila, A. e Torras Francés, M. (eds.), ¿Qué es una autora? Encrucijadas entre género y autoría, 25-59, Barcelona: Icaria.

Reimóndez, María (2018): “Silencios que non son: o contínuum lesbiano nas narradoras galegas”, en Boguszewicz, Maria / González, Ana Garrido / Vilavedra Fernández, Dolores, en Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria, 87-114 (Varsovia: Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade da Varsovia, Secretaría Xeral de Política Lingu?.stica da Xunta de Galicia).

VV.AA (2019): Bisexualidades feministas. Contra-relatos desde una disidencia situada (Buenos Aires: Madreselva Editorial).

Vasallo, Brigitte (2018): Pensamiento monógamo, terror poliamoroso (Madrid: La Oveja Roja).


Obras de lectura obrigada

A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.

 



Bibliografía complementaria

Bibliografía complementar

Blanchot, Maurice (2002 [1955]): El espacio literario. Palant, V. e Jinkis, J. (trads.) (Madrid: Editora Nacional).

Coll, Elisa (2020): Resistencia bisexual. Mapas para una disidencia habitable (Madrid: Melusina).

Elpidio Domínguez Ruiz, Ignacio (2017): Bibofia. Etnografía de la bisexualidad en el activismo LGTB. (Barcelona-Madrid: Egales Editorial).

Esteban, Mari Luz (2011): Crítica del pensamiento amoroso (Barcelona: Bellaterra).

González Fernández, Helena (1998): “Ocupa-la palabra”, Madrygal. Revista de estudios gallegos, 1, 57-59.

Hermo, Gonzalo (2013) “Rostros marondos ou sobre como reler a poesía erótica dos 90”, Proxecto derriba, 27 xuño [En liña] http://proxecto-derriba.org/rostrosmarondos-ou-sobre-como-reler-a-poesia-erotica-dos-90/ [última consulta 2/12/2019].

Hornscheidt, Lann (2022): Desamarmos o capitalismo. O amor como acción política. María Reimóndez (trad.) (Vigo: Catro Ventos Editora).

Kamuf, P. (1999): «Escribir como mujer». Joysmith, C. (trad.). Fe, M. (coord.), Otramente: lectura y escritura feministas, 204-227, México: Fondo de Cultura Económica: Facultad de Filosofía y Letras de la UNAM.

Lauretis, T. d. (20132 [1989]): «Tecnología del género». Bach, A. M. e Routlet, M. (trads.), Ca la dona, <http://blogs.fad.unam.mx/asignatura/adriana_raggi/wp-content/uploads/2013/12/teconologias-del-genero-teresa-de-lauretis.pdf>

Nunes Brións, Andrea; Lema París, Ánxela (2023): O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias (Vigo: Edicións Xerais de Galicia).

Reisz, Susana (1996): “Escritura feminina’ e estratexias de auto-representación”, Unión libre. Cadernos de vida e culturas, 1, 53-65.

Romero, Marga (2005): “Poetizar o mundo como muller. Movemento poético da Festa da Palabra Silenciada: trece anos de poesía galega de mulleres”, Grial. Revista galega de cultura 165, pp. 691-716.

Rosso, Nadia (2017): “Las raíces opresivas del amor, la transformación desde los

afectos”, [En liña] https://www.academia.edu/31066850/Las_ra%C3%ADces_opresivas_del_amor_la_transformaci%C3%B3n_desde_los_afectos [última consulta: 2/12/2019].

Rich, Adrienne (1996) [1980]: “Heterosexualidad obligatoria y existencia lesbiana”, Rivera Garretas, María-Milagros (trad.), DUODA. Revista d’estudis feministes, 10, 15-45.

Rosso, Nadia (2009): “La monogamia como pre-definitoria del amor; el poli-amor

como estrategia política” [En liña] https://archive.org/stream/LaMonogamiaComoPre-definitoriaDelAmorElPoliamorComoEstrategia/ ElPoli-amorComoEstrategiaPoltica#mode/2up [última consulta: 2/12/2019].

Suárez Briones, Beatriz (2011) [2005]: “Queerizando a autoridade: da morte do

'autor' á súa resurrección posmoderna”, en Casas, Arturo (coord.), Autor, autoridade, identidade(s). Grial, 165, 18-25. [En liña] http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/186 [última consulta: 2/12/2019].

Schweickart, Patrocinio P. (1999): “Leyéndo(nos) nosotras mismas: hacía una teoría feminista de la lectura ”, Lucotti, Claudia (trad.), en Fe, Marina (coord.), Otramente: lectura y escritura feministas, 112-151 (México: Fondo de Cultura Económica: Facultad de Filosofía y Letras de la UNAM).


A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías