Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura, Memoria e Historia Código 613584119
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Rivadulla Costa, Diego
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
diego.rivadulla@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo e análise da produción, transmisión e recepción das obras literarias que reconstrúen a memoria e/ou a historia, individual ou colectiva.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM1
AM3
AM4
AP1
AI1
BP1
BP4
BP5
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CI1
Realizar análises de textos literarios encadrándoos no contexto cultural que os integra, de forma que sexa capaz de levar a bo fin investigacións avanzadas desde un enfoque orixinal e creativo. Nestas análises seguirá os principios e os métodos propios das correntes teóricas máis relacionadas cos contenidos da materia. AM1
AM3
AM4
AP1
AI1
BM2
BP1
BP2
BP3
BP5
BP7
CM1
CM2
CM4
CM6
Realizar comentarios críticos contemplando diferentes modelos teóricos e xenéricos, aplicando os diferentes fundamentos ideolóxicos da análise cultural e incorporando a perspectiva transnacional aos estudos literarios. AM1
AM4
AM5
AM6
AM9
AP1
AI1
BM2
BP1
BP2
BP3
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Cadro teórico e conceptual.
1.1. Relacións entre literatura, ficción e historia.
1.2. Os estudos de memoria cultural.
2. Representacións literarias do pasado

2.1. Xéneros literarios: poesía, narrativa e teatro histórico ou documental. Produción, transmisión e recepción.
2.2. Funcións sociais e políticas da ficción histórica. Ficción histórica e construción nacional.
3. Memoria e historia na literatura galega

3.1. Teatro histórico.
3.2. Narrativa da guerra civil.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A5 A6 A10 A12 B5 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 0 22 22
Traballos tutelados A1 A3 A4 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B8 B2 B10 C1 C4 C7 C5 C6 3 24 27
Análise de fontes documentais A1 A4 A10 B4 B7 7 0 7
Sesión maxistral A1 A6 B10 9 8 17
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Para cada tema, será establecido un conxunto de lecturas, que se publicarán no Campus Virtual.
Traballos tutelados A/o alumna/o realizará un traballo tutelado sobre algún dos contidos da materia ou sobre algunha das obras de lectura obrigada. A extensión e características dese traballo serán acordadas na aula, en horario de atendemento ou a través do correo electrónico, entre o profesorado e cada estudante.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos que se realizará na aula e con carácter colectivo.
Sesión maxistral Exposicións do docente co fin de introducir o contexto histórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado terá dispoñibilidade para atender o alumnado a través do correo electrónico, da plataforma Teams ou da atención presencial. A atención personalizada será necesaria para o desenvolvemento do traballo tutelado.

A atención personalizada, a través dos medios mencionados, é especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado a tempo parcial e con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B8 B2 B10 C1 C4 C7 C5 C6 O traballo tutelado tratará sobre algúns dos puntos do programa ou sobre algunha das obras de lectura. A extensión e as restantes características deste traballo serán acordadas na aula.
60
Análise de fontes documentais A1 A4 A10 B4 B7 A participación activa nesta actividade será avaliada e sumada á nota final. 20
Lecturas A1 A3 A4 A5 A6 A10 A12 B5 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. 20
 
Observacións avaliación

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que o profesorado dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo tutelado (70%).

2. Proba mixta (para avaliar lecturas e análise de textos) (30%)

 

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO

O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

 

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesorado con antecedencia suficiente.

6. IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.

7. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. 


Fontes de información
Bibliografía básica Rivadulla Costa, Diego (2019). (Des)memoria cultural e ficción literaria: o caso da narrativa galega actual sobre o franquismo. Codina Solà & Pinheiro (eds.): Iberian Studies: Reflections across Borders and Di
Casas, Arturo (2002). A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Thompson, John (2009). As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galiza contemporánea. Vigo: Galaxia
Erll, Astrid & Nünning, Ansgar (eds.) (2008). Cultural Memory Studies. An International and Interdisciplinary Handbook. Berlin/New York: Walter de Gruyter
Mota Alves, Fernanda; Afonso Soares, Luísa & Vasconcelos Rodrigues, Cristiana (eds.) (2016). Estudos de memória. Teoría e análise cultural. Ribeirão: Edições Húmus
Vilavedra, Dolores (2011). Guerra civil y literatura gallega. Cuadernos de la Revista internacional de estudios vascos, 8, 62-77
Sánchez Zapatero, Javier (2010). La cultura de la memoria. Pliegos de Yuste, 11-12, 25-30
Even-Zohar, I. (1994). La función de la literatura en la creación de las naciones de Europa. Villanueva, D. (ed.): Avances en teoría da literatura. Universidade de Santiago, pp. 357-377
Kohut, K. (ed.) (1997). La invención del pasado:la novela histórica en el marco de la postmodernidad. Frankfurt-Madrid: Vervuert,
Halbwachs, Maurice (2004). La memoria colectiva. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza
Lukács, G. (1966). La novela histórica. México: Era
Vilavedra, Dolores (2015). Literatura en el espacio público. Rivas y su obra: un punto de inflexión en la recuperación de la memoria histórica. Olivar, 16(24), 1-17
Velasco Souto, Carlos (2008). Memoria histórica, identidade nacional e discurso literário na Galiza. IX Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas, 1–25
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Barata, J. O. (2001). O Espaço Literário do Teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Marinho, Mª de F. (1999). O Romance Histórico em Portugal. Porto: Campo das Letras
Ogando, Iolanda (2004). Teatro histórico: construción dramática e construción nacional. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Marinho, Mª de F. (2005). Um Poço sem Fundo. Novas Reflexoes sobre Literatura e História. Porto: Campo das Letras

Será fornecida bibliografía específica para cada tema a través do Campus Virtual. 

Bibliografía complementaria

Os traballos contarán cunha bibliografía acaída ao tema/obra escollida por cada estudante.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías