Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués Código 613584120
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web http://https://www.udc.gal/gl/filo/MLCD/
Descrición xeral Estudo dos principais elementos e instrumentos culturais que explican tanto o funcionamento como as relacións entre os varios sistemas que conforman o intersistema cultural galego-portugués

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Colocar o estudo da literatura nun marco cultural amplo, ultrapasando fronteiras nacionais e atendendo fundamentalmente ao espazo galego-portugués. AM1
AM6
AM8
AI1
Desenvolver a capacidade creativa na análise de textos literarios, produtos artísticos e realidades culturais desde unha perspectiva comparatista. AM3
Empregar unha análise de tipo comparatista, transnacional e plurilingüística ao estudo da literatura. AM4
AI2
AI3
Utilizar as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) precisas para o desenvolvemento do traballo e para a adquisición de coñecementos e destrezas ao longo da vida. BM3
BP1
BP3
BP5
Tomar conta, como profesional e como cidadán/á, da relevancia da adquisición de coñecementos ao longo de toda a vida. BP1
BP2
BP4
Colaborar para a comprensión intercultural desde a asunción da diversidade. BP4
CM4
Traballar a capacidade de síntese e a adopción dunha perspectiva crítica a fin de poder desenvolver proxectos de investigación de calidade. CM1
CM2
CM5
CM6
CI1
CI2
Saber distinguir, tanto nas análises teóricas como nas empíricas, os efectos das variábeis sexo e xénero AM1
AM6
BP2
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. O intersistema cultural galego-portugués 1.1. Materiais, normas e repertorios
2. Relacións literarias e culturais no intersistema lusófono 2.1. Produtores/as, institucións e eventos.
2.2. Interseccións: Saudosismo, Neotrovadorismo, Iberismo, ...
3. Industrias e políticas culturais no intersistema lusófono 3.1. Cadro normativo, políticas culturais e planificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A8 B7 B8 C4 2 1 3
Discusión dirixida A13 A3 A12 C7 C5 C6 C8 3 15 18
Seminario A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 5 10 15
Traballos tutelados A3 A4 A14 A12 B4 B3 C1 C7 2 12 14
Glosario A14 B6 C2 C5 2 2 4
Lecturas A1 A4 A8 C1 C4 C7 C5 1 15 16
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Apresentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Seminario Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma das lecturas atribuídas polo profesor no inicio das sesións ou, eventualmente, dos resultados dalgún dos traballos tutorizados. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos e metodolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contelúdos, destrezas e competencias abordados na materia.
Traballos tutelados Realización de abordaxens concretas relacionadas cos asuntos abordados na materia. Estes traballos poderán ser realizados de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio das sesións).
Glosario Apresentación e discusión colaborativa de conceitos fundamentais para o entendimento das varias ferramentas teórico-metodolóxicas focadas na materia.
Lecturas Realización dunha seria de lecturas breves (artigos ou capítulos de libro) previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Lecturas
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do(s) Traballo(s) Tutorizado(s), das Lecturas e dos seminarios. De maneira xeral, recomendase que cada alumno/a asista polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición das lecturas atribuídas.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está especialmente contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A14 A12 B4 B3 C1 C7 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Seminario A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 15
Lecturas A1 A4 A8 C1 C4 C7 C5 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 25
 
Observacións avaliación
  1.     A avaliación da materia será feita de forma continua na primeira oportunidade. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
  2.     Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  3.     Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
  4.     Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de formato e corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual).
  5.     Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
  6.     As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
  7.     O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que esta circunstancia se producir.
  8.     O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
  9.     Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente ao exame na oportunidade correspondente.
  10.     A materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de medidas voltadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal ).
  11.     De acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Será usada linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as corrixir.

Fontes de información
Bibliografía básica Salinas Portugal, Francisco (2007). "A língua e a literatura portuguesas na configuração do campo literário galego". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca.
Seabra, José Augusto (1999). "Apostila. A geração da Renascença Portuguesa e a revista Nós".. Nova Renascença.
Torres Feijó, Elias J. (). "Contributos sobre o objecto de estudo e metodologia sistémica. Sistemas literários e literaturas nacionais".. Bases metodolóxics para unha historia comparadas das literaturas da Península Ibérica. USC.
Fernández del Riego, Francisco (2001). "Galegos e portugueses na área da cultura común". Congreso de Literatura Galega e do Norte de Portugal: o libro e a lectura. Consellería de Cultura, C
Valiente Fernández, Alicia (2007). "La recepción de la cultura portuguesa en la revista Nós". Revista de Filología Romántica 24.
Torres Feijó,Elías J. (2007). "O 25 de Abril e as suas imediatas conseqüências para e no campo do protossistema cultural galeguista". . Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos 2.
Samartim, Roberto López-Iglesias / Cordeiro Rua, Gonçalo (2009). "O pensamento cultural galego em referência a Portugal: posiçom e funçom de ideias e grupos no Tardofranquismo e na Transiçom". Congresso Internacional "O pensamento luso-galaico-brasileiro entre 1850 e 2000. Imprensa Nacio
Pozo Garza, Luz (2001). "Poesía portuguesa en Nordés". Congreso de literatura galega e do norte de Portugal. Xunta de Galicia
Pociña López, Andrés José (2007). "Portugal en la obra de Eduardo Pondal". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca.
Vázquez Cuesta, Pilar (1992). "Relacións entre as literaturas galega e portuguesa". Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega.
Casas, Arturo (2003). "Sistema interliterario y planificación historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico". Interlitteraria 8
Freixeiro Marto, Xosé Ramón (1994). "Unha visión das relacións culturais galego-portuguesas nos anos vinte a través da correspondencia entre Teixeira de Pascoaes e Noriega Varela". Boletín Galego de Literatura 11
Petrov, Petar et alii (2012). Avanços em literatura e cultura portuguesas. Século XX. AIL-ATRAVÉS eDITORA
Abuín González / Tarrío Varela, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparadas das literaturas da Península Ibérica. . Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Dias, A. F. (1998). História e crítica da literatura portuguesa.. Verbo.
Samartim, Roberto López-Iglesias (2017). Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Santiago de Compostela: Laiovento
Rodrigues Baptista, António (1993). Rosalía de Castro no horizonte dos 'saudosistas' portugueses. Da crítica de António Sérgio á veneración de Teixeira de Pascoaes". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca.
  1. ALONSO ESTRAVIZ, Isaac (2002). Relações de Teixeira de Pascoaes com escritores e intelectuais. Portal Galego da Língua. Consultado em http://agal-gz.org/faq/lib/exe/fetch.php?media=contributos-pgl:relacoes_de_teixeira_de_pascoaes.pdf.
  2. BALTRUSCH, Burghard (2009). A Galiza e a Lusofonia. Os Estudos Portuguesesna Universidade de Vigo. In Ana Gabriela Macedo & Maria Eduarda Keating (orgs.), IX Colóquio de Outono. Censura e inter-dito/Censorship and inter-diction (pp. 253-269). Braga: Centro de Estudos Humanísticos.
  3. BELLO VÁZQUEZ, Raquel (2012). Portugal como referente na Galiza do século XVIII. O caso de José Andrés Cornide. In Petar Petrov, Pedro Quintino de Sousa, Roberto L.I. Samartim e Elias J. Torres Feijó (eds.), Avanços em Literaturas e Culturas Africanas e em Literatura e Cultura Galega (pp.271-288). Santiago de Compostela/ Faro: AIL/Através Editora.BELLO VÁZQUEZ, Raquel (2015). A existência de uma comunidade luso-galega como elemento afetivo nas visitas a Santiago de Compostela procedentes de Portugal. Primeiros resultados através de inquéritos quantitativo-qualitativos. In Elias J. Torres Feijó, Raquel Bello Vázquez, Roberto Samartim e Manuel Brito-Semedo (eds.). Estudos da AIL em Teoria e Metodologia. Relacionamento nas Lusofonias II (pp. 87-96). Santiago de Compostela/ Coimbra: AIL.
  4. CORDEIRO RUA, Gonçalo & RODRÍGUEZ PRADO, Mª Felisa (2002). Sistema literário galego e mundo lusófono primeira metade de setenta (1969-1974). Portugal para quê?. In Regina Zilberman (org.). Atas do VII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas. Brown University-Providence, Rhode Island, Estados Unidos, 1-7 de julho de 2002 [CD-Rom] (pp. 172-198). [s.l.]: Associação Internacional de Lusitanistas. Consultado em https://lusitanistasail.press/index.php/ailpress/catalog/book/25.
  5. DIAS, Eduardo Mayone (1996). Iberismo político e iberismo cultural (Relações entre Portugal e Espanha desde a segunda metade do século XIX). In Ramón Lorenzo & Rosario Álvarez (eds.), Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta (pp. 773-782). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
  6. FERNÁNDEZ CARBALLIDO, Xurxo (2013). A situação actual do ensino da língua portuguesa na Galiza. Diacrítica, 27-1, 277-286.FERNÁNDEZ CARBALLIDO, Xurxo (2019). O ensino da língua portuguesa na Galiza. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Faculdade de Filologia (Tese de Doutoramento, inédita).
  7. FERNÁNDEZ REI, Francisco (1995). A «questione della lingua» galega. In Henrique Monteagudo (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega sobre a norma do galego culto (pp. 177-195). Vigo: Galaxia.
  8. FERNÁNDEZ SOUTO, Ana Belén & VÁZQUEZ GESTAL, Montse (2011). Public relations strategies applied to the implementation of a ‘contry-brand’ in the Galicia-north Portugal Euro-region. The Portuguese journal of social science, vol. 10 (2). Consultado em http://pjss.iscte-iul.pt/index.php/pjss/article/view/21.
  9. HARRINGTON, Thomas S. (2001). Risco y Portugal: contactos anteriores a la teoría de nacionalismo galego y la revista Nós. Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca, 7, 247-262.
  10. LOIS, Rubén Camilo, ESCUDERO GÓMEZ, Luis & GUSMÃO, Inês (2019). El debate actual sobre la(s) frontera(s) aplicado al caso ibérico: elementos de des-fronterización y re-fronterización entre España y Portugal en el siglo xxi. Revista de historiografia, 30, 157-180.
  11. LÓPEZ FERNÁNDEZ, Teresa (1991). Névoas de Antano. Ecos dos Cancioneiros galego-portugueses no século XIX. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.
  12. LOURIDO, Isaac (2019). O espaço literário ibérico na última década. Hipóteses para o estudo das fronteiras e das relações entre sistemas. In Cristina Martínez Tejero & Santiago Pérez Isasi (eds.), Perspetivas críticas sobre os estudos ibéricos (pp. 203-221). Veneza: Edizioni Ca’ Foscari. DOI:http://doi.org/10.30687/978-88-6969-323-6.
  13. MARCO, Aurora (1996). Exemplificaçom das relaçons culturais entre Galiza e Portugal. Agália, 46, 197-209
  14. MEDEIROS, António F. G (2003). Discurso Nacionalista e Imagens de Portugal na Galiza. Etnográfica: revista do Centro de Estudos de Antropologia Social, VII (2), 321-349.
  15. NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M[anoel] (1993). Portugal e o Galeguismo até 1936. Algumas Considerações Históricas. Penélope. Revista de história e ciências sociais, 11, 67-82.
  16. PAZOS-JUSTO, Carlos (2011). A imagem da Galiza e dos galegos em Portugal entre fins do século XIX e primeiras décadas do XX: do imagotipo negativo ao imagotipo de afinidade. Veredas, 16, 39-69.
  17. PAZOS-JUSTO, Carlos (2016). A imagem da Galiza em Portugal. De João de Redondella a Os Galegos são nossos irmãos. Santiago de Compostela: Através Editora.
  18. RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Elias (2018). Análise e balanço do quadro legislativo para o relacionamento intercomunitário: o caso da Lei Paz-Andrade. Corunha: Universidade da Corunha, Faculdade de Filologia (Trabalho Fim de Grau, inédito). Consultado em https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/21774.RODRÍGUEZ PRADO, Mª Felisa (2004). Inovaçons repertoriais no campo cultural galeguista na década de 70 e as transferências do mundo luso-afro-brasileiro. In [Atas do] VIII Congresso Luso-Afro-Brasileiro de Ciências Sociais. A questão social no novo milénio. Consultado em https://www.ces.uc.pt/lab2004/inscricao/pdfs/painel53/Felisa_Rodriguez_Prado.pdf.
  19. RODRÍGUEZ PRADO, Mª Felisa (2014). Textos ficcionais e práticas culturais de portugueses com relação a Santiago de Compostela: contrastes e homologias. In Elias J. Torres Feijó, Raquel Bello Vázquez, Roberto Samartim e Manuel Brito-Semedo (eds.). Estudos da AIL em Teoria e Metodologia. Relacionamento nas Lusofonias I (pp. 143-157). Santiago de Compostela/ Coimbra: AIL.
  20. SAMARTIM, Roberto e PAZOS-JUSTO, Carlos (2019): Portugal e(m) nós. Contributos para a compreensão do relacionamento cultural galego-português. Vila Nova de Famalicão: Edições Humus.
  21. SOEIRO, Teresa (2016). Galiza no Porto: evocação da Semana Cultural Galega de 1935. Portvgalia, Nova Série, 37, 89-129.
  22. SOUSA, João Pedro de (2000). Imagens da Galiza na imprensa portuguesa. Consultado em http://bocc.ubi.pt/pag/sousa-jorge-pedro-Imagens-Galiza.html.SOUTO, Elvira (1986). Galiza na Seara Nova. Agália, 7, 332-337.
  23. TORRES FEIJÓ, Elias J. (2019): Galeguismo precário e Portugal. Entre os Jogos Florais de Tui e a Academia Galega através das revistas culturais (1891-1906): os sistemas literários galeguista e portguguês e o seu relacionamento. Santiago de Compostela: Andavira.
  24. TORRES FEIJÓ, Elias J. (2019): Portugal para quê? Seis marcos no relacionamento galego-português. Santiago de Compostela: Andavira.
  25. TORRES FEIJÓ, Elias J. & SAMARTIM, Roberto (2018). Sobre conflito linguístico e planificação cultural na Galiza contemporânea. Dez contributos. Santiago de Compostela: Através Editora.
  26. VÁZQUEZ CUESTA, Pilar (1991). Portugal e nós. A Trabe de Ouro, 6, 191-203.
  27. VÁZQUEZ CUESTA, Pilar (1995). Portugal-Galicia, Galicia-Portugal. Un diálogo asimétrico. Colóquio/Letras, 137/138, 5-21.
  28. VENTURA, António (1988). A ‘Seara Nova’ e a Galiza. Contribuição para o estudo das relações culturais luso-galegas. CLIO. Revista do Centro de História da Universidade de Lisboa, 6, 141-150.
  29. VILLARES, Ramón (1983). As relacións da Galiza con Portugal na época contemporânea. Grial, 81, 301-314
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para poder acompañar correctamente o seminario será preciso ter o nível suficiente (recoméndase un mínimo equivalente ao nível B2 do Cadro Europeu) de comprensión e expresión, tanto oral como escrita, nas línguas de uso na materia.

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento do seminario serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías