Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ensino da lingua oral a xordos e da lingua de signos a oíntes Código 613836034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Letras
Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Web
Descrición xeral Particularidades e características xerais do ensino aprendizaxe das linguas orais e visoxestuais a xordos e ouvintes

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar as características fundamentais dos procesos de ensino, aprendizaxe e avaliación da LO a xordos e da LSE a ouvintes AI1
AI6
AI7
AI9
BI2
BI3
BI8
BI9
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.-Que linguas aprender?A comunicación e a privación lingüística 1.a.- Elementos
1.b.- Procedementos
2.- Que podemos facer os lingüistas para mudar a historia da educación dos xordos? Ensino de lingua oral a xordos 2.a.- Aproximación ao ensino da leitura
2.b.- A leitura das línguas orais
2.c.- A leitura en línguas ideográficas
3.-É dificil para os ouvintes aprender linguas de signos? Ensino das linguas de signos aos ouvintes
3.a.- Métodos de ensino: Autoaprendizaxe.Con profesor. A distancia
3.b.- Gramáticas
3.c.- Dicionarios
3.d.- Estudos lingüísticos e sociolingüísticos
4.- Por que é difícil para as personas xordas aprender lenguas de orais escritas? Ensino das linguas orais a persoas xordas.
4.a.- Historia
4.b.- Análise de propostas
5.- Que repercusións ten a escrita na lingua?, e nos falantes?
A transmisión escrita das linguas de signos
5.a.- Documentación
5.b.- Análise

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A6 A7 B2 B3 B9 C3 C8 10 10 20
Traballos tutelados A9 A1 B8 6 9 15
Presentación oral A7 B2 B8 C8 2 3 5
Análise de fontes documentais B2 B3 B8 C8 C3 10 25 35
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Dinámica na que o alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre os contidos e temáticas propostas, coordinados pola docente. Para poder participar na mesma é preciso a revisión previa das fontes documentais proporcionadas con anterioridade a cada sesión lectiva.
Traballos tutelados A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado presenta de xeito dinámico o traballo tutelado realizado ante o resto de compañeiros e a docente, a partir da cal se fará unha discusión dirixida sobre as temáticas e contidos relacionados.
Análise de fontes documentais Lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se analizarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición

O profesor prestará atención personalizada ao alumnado para o seguimento das diferentes tarefas e actividades que se vaian propoñendo ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B2 B3 B8 C8 C3 As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente tanto nas discusiós dirixidas como no traballo tutelado.
20
Discusión dirixida A6 A7 B2 B3 B9 C3 C8 Dinámica na que o alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre os contidos e temáticas propostas, coordinados pola docente. Para poder participar na mesma é preciso a revisión previa das fontes documentais proporcionadas con anterioridade a cada sesión lectiva. 20
Traballos tutelados A9 A1 B8 A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado. 40
Presentación oral A7 B2 B8 C8 Exposición verbal a través da que o alumnado presenta de xeito dinámico o traballo tutelado realizado ante o resto de compañeiros e a docente, a partir da cal se fará unha discusión dirixida sobre as temáticas e contidos relacionados. 20
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (presentación, traballo/s e análise/discusión de fontes documentais).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou

b) Non entregue o traballo programado, nin realice a presentación correspondente e tampouco se presenten na data establecida para a a proba no período oficial de avaliación. 

3.  No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das tarefas, actividades ou calquera tipo de proba de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4) Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento"

4. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Báez Montero, Inmaculada y Herminda Otero Doval, (2015). Buscando respuestas en lengua de signos. Lugo: Axac, col. En-Señas
Gesser, Audrei (2012). O ouvinte e a surdez. Parábola

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os contidos e actividades serán accesibles para todo o alumnado. No caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE facilitarase a adquisición das competencias da materia dun xeito inclusivo, de acordo as recomendacións e axustes razoables propostos pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías