Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Terminoloxía e linguaxes específicas Código 613836054
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Profesorado
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo é introducir, en primeiro lugar, o alumno no coñecemento das distintas variedades da lingua, para rematar centrándose nas linguas profesionais ou de especialidade e sometendo algunhas das máis importantes a unha caracterización. O contido da materia completarase, polo demais, cunha introdución ao estudo da terminoloxía en xeral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. AI4
AI7
Saber confeccionar calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AI7
AI8
AI9
AI10
Coñecer a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. AI5
AI6
AI7
AI8
AI9
AI10
Saber confeccionar calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AI1
AI2
AI3
AI5
AI6
AI7
AI9
AI10
BI2
BI5
BI7
CM1
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ás linguaxes específicas


1.1. Variedades da lingua
1.2. Linguas especiais
1.3. Linguas de especialidade ou profesionais
2. A comunicación profesional 2.1. Diversos tipos de linguaxe especializada
3. A terminoloxía

3.1. A formación de termos
3.2. A fixación terminolóxica


4. A terminografía


4.1. Planificación do dicionario terminolóxico
4.2. Formación do corpus
4.3. A redacción dun dicionario terminolóxico



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A3 A6 A7 0 25 25
Obradoiro A5 A7 7 0 7
Discusión dirixida A1 A2 A3 7 0 7
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A7 12 0 12
Traballos tutelados A1 A7 0 18 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Unha serie de lecturas sobre a materia. Poderán dar lugar á realización de recensións ou á aplicación dos contidos a casos prácticos.
Obradoiro Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios... de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial.
Discusión dirixida Titorías en grupo. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno.
Sesión maxistral Clases expositivas e interactivas. Introduciranse conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en exercicios, comentarios, etc.
Traballos tutelados Un traballo tutelado terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Tutorías de libre disposición.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A3 Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. 15
Obradoiro A5 A7 Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. 10
Traballos tutelados A1 A7 Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. 75
 
Observacións avaliación

Na primeira convocatoria, os traballos requeridos deberán entregarse, como máximo, dúas semanas despois de rematar as aulas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da cualificación final.

Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

1.  (a) Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude danormativa vixente 

    (b) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 


Fontes de información
Bibliografía básica

ALCARAZ, E. (ed.) (2007): Las lenguas profesionales y académicas, Barcelona, Ariel.

ALCINA CAUDET, AMPARO Y GAMERO PEREZ, SILVIA (eds.) (2002): La traducción científico-técnica y la terminología en la sociedad de la información. Servicio de Publicaciones de la Universidad Jaume I, Castellón.

ARNTZ, R.; PICHT, H. (1995): Introducción a la terminología, Humanes, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

BRUMME, J. (2001): La historia de los lenguajes iberorrománicos de especialidad: la divulgación de la ciencia, Barcelona, IULA, Vervuert, Iberoamericana.

CABRÉ, M.T. (1993): La terminología. Teoría, metodología, aplicaciones, Barcelona, Ed. Antártida.

CABRÉ, M. T., y FELIÚ, J. (eds.) (2001): La terminología científico-técnica, Barcelona, IULA.

CIAPUSCIO, G., y KUGUEL, I. (2002): “Hacia una tipología del discurso especializado: aspectos teóricos y aplicados”, en García Palacios, J., yFuentes Morán, M. T. (eds.), Texto, terminología y traducción, Salamanca, Ediciones Galmar, 2002, págs. 37-74.

GONZALO GARCIA, C. y GARCIA YEBRA, V. (eds.) (2004): Manual de documentación y terminología para la traducción especializada. Arco/Libros S.L., Madrid.

GUERRERO RAMOS, G., y PÉREZ LAGOS, F. (eds.) (2002): Panorama actual de la terminología, Granda, Comares.

GUTIÉRREZ RODILLA, B.M. (1998): La ciencia empieza en la palabra, Capellades, Ediciones Península, S.A.

GUTIÉRREZ RODILLA, B. M. (2005): El lenguaje de las ciencias, Barcelona, Ediciones Península.

LERAT, P. (1997): Las lenguas especializadas, Barcelona, Ariel.

REY, A. (1995): Essays on Terminology, Amsterdam/Philadelphia, John Benjamins Publishing Comapany.

PORTO DAPENA, J. A. (2002): Manual de técnica lexicográfica, Madrid, Arco/Libros.

SAGER, J.C. (1993): Curso práctico sobre el procesamiento de la terminología, Humanes, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

UNIÓN EUROPEA (s.a.): InterActive Terminology For Europe (IATE), http://iate.europa.eu

VIVANCO CERVERO, V. (2006): El español de la ciencia y la tecnología, Madrid, Arco/Libros.

WÜSTER, E. (1998): Introducción a la teoría general terminológica y a la lexicografía terminológica, Barcelona, IULA.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O nivel de esixencia nesta materia require un dominio da lingua propio dun nativo ou similar a este, polo que os alumnos que non teñan o castelán como lingua de instalación, deberán ter recoñecido un nivel C1 nesta lingua.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías