Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21 |
Coñecer a variación lingüística da lingua española. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Obter un coñecemento detallado sobre a corrección idiomática e os principais aspectos normativos da lingua española. |
A5 A11 A14 A21 A23
|
B3 B4 B5 B6 B8
|
C6
|
Coñecer e aprender a manexar diversos recursos para resolver dúbidas sobre a norma do español. |
A5 A11 A14 A23
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10
|
C6
|
Saber localizar en textos reais errores idiomáticos e corrixilos razoadamente. |
A5 A10 A11 A15 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10
|
C1 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A corrección idiomática. A lingua estándar. A gramática normativa |
1.1. A lingua estándar ou lingua exemplar
1.2. A norma do español |
2. Ortografía e ortoloxía do español |
2.1. Ortografía
2.2. Ortoloxía |
3. Aspectos léxico-semánticos |
3.1. Uso do léxico
3.2. Préstamos e estranxeirismos |
4. Cuestións normativas e clases de palabras |
4.1. Substantivo e adxectivo
4.2. Determinantes e numerais
4.3. Verbo
4.4. Pronome
4.5. Preposición
4.6. Conxunción
4.7. Adverbio |
5. Cuestións normativas na construción sintáctica |
5.1. Concordancia ad sensum
5.2. Anacoluto
5.3. Outros |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C6 |
30 |
6 |
36 |
Lecturas |
A5 A10 A11 A14 A21 A23 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
0 |
15 |
15 |
Obradoiro |
A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 |
20 |
15 |
35 |
Traballos tutelados |
A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 |
8 |
20 |
28 |
Proba mixta |
A5 A10 A11 A14 A15 B4 B5 B7 |
2 |
25 |
27 |
Análise de fontes documentais |
A5 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B7 C6 |
0 |
7 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición teórico-práctica, por parte do profesorado, dos contidos da materia. |
Lecturas |
Lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario. |
Obradoiro |
Realización de prácticas nas que se inclúen procuras de solución a determinados problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise crítica de determinadas lecturas, traballo en grupo. |
Traballos tutelados |
Traballo en grupo no que se aplicarán os coñecementos adquiridos á detección de erros e corrección de textos de forma xustificada. A preparación do traballo farase baixo a tutela do profesorado. |
Proba mixta |
Exame final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. |
Análise de fontes documentais |
O alumnado realizará actividades para a súa familiarización coas fontes documentais esenciais da materia, a fin de facilitar o seu desempeño e autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para todas as probas avaliábeis, o profesorado estará disponíbel en horario de titorías para resolver as dúbidas que poidan xurdir. No caso concreto dos traballos tutelados, ademais, para ter un seguimento do proceso de elaboración, dedicaranse unhas horas de traballo na aula a que os grupos expoñan as dificultades coas que se van atopando e daránselles as indicacións oportunas para superalas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 |
Ao longo do cuadrimestre, realizaranse diversas actividades escritas no marco da aula (exercicios, comentarios...). O profesorado seleccionará até un máximo de catro para a súa entrega e avaliación a través do Campus Virtual. |
25 |
Traballos tutelados |
A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 |
Traballo en grupo (dous ou tres estudantes) no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos. Este traballo contará coa supervisión do profesorado e un seguimento específico no marco das aulas. |
25 |
Proba mixta |
A5 A10 A11 A14 A15 B4 B5 B7 |
Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. |
50 |
|
Observacións avaliación |
1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. 2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo. 3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin. 4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades. 5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba
mixta, así como en cada unha das metodoloxías de avaliación, para poder superar a materia. 6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo ou entrega de exercicios por medio do Campus Virtual, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade. 7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). 8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedementos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual (coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de entrega).
O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instruccións para a realización como os procedementos e datas de entrega a través do Campus Virtual.
As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100 % da calificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Coseriu, Eugenio (1992). Competencia lingüística. Madrid: Gredos.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2014). Diccionario de la lengua española. Barcelona: Espasa, 23.ª ed. En: https://dle.rae.es/
Martínez de Sousa, José (2008). Diccionario de usos y dudas del español actual (DUDEA). Gijón: Trea, 4.ª ed.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana. En: https://www.rae.es/dpd/
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2013). El buen uso del español. Barcelona: Espasa.
Casado Velarde, Manuel (2008). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA, 9.ª ed.
Paredes García, Florentino (coord.) (2012). El libro del español correcto. Claves para hablar y escribir bien en español. Madrid: Instituto Cervantes-Espasa.
Gómez Torrego, Leonardo (2011a). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Madrid: Arco Libros, 2 vols., 4.ª ed. (act.)
Gómez Torrego, Leonardo (2011b). Las normas académicas: últimos cambios. Madrid: SM.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2018). Libro de estilo de la lengua española. Barcelona: Espasa.
Montolío, Estrella (dir.) (2014). Manual de escritura: académica y profesional. Barcelona: Ariel.
Montolío, Estrella (coord.) (2008). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel, 3 vols., reimpr.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2011). Nueva gramática básica de la lengua española. Barcelona: Espasa.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2009). Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010b). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa.
Seco, Manuel (2011). Nuevo diccionario de dudas y dificultades de la lengua española. Barcelona: Espasa.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2012). Ortografía básica de la lengua española. Barcelona: Espasa.
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010a). Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa.
Martínez de Sousa, José (2014). Ortografía y ortotipografía del español actual. Gijón: Trea, 3.ª ed. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
A través do Campus Virtual facilitarase bibliografía complementaria para cada tema. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|