Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A12 |
Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A18 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico, programas de radio e televisión, ponencias, anécdotas, interacciones entre varios falantes á vez, entrevistas, debates... |
A2 A6 A10 A11
|
B8 B9
|
C2 C3 C8
|
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, ensaios, materiais de promoción ou de publicidade. |
A1 A6 A8 A9 A11 A15
|
B1 B3 B4 B5 B6 B8 B10
|
C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura |
A6 A8 A9
|
B4 B5 B6 B7 B8
|
C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Escritura: saber redactar varios tipos de textos, como informes, reseñas, textos informativos, propostas... |
A1 A2 A6 A8 A11 A12 A15
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10
|
C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
Gramática: demostrar comprensión e dominio da gramática inglesa acordes con un nivel C1. |
A6 A8 A12 A15 A18
|
B3 B5 B6 B7 B10
|
C2 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Gramática |
1.1. Conxuncións: conxuncións coordinantes; conxuncións subordinanates; "though/although", "in spite of", "despite"; "for" e "because"; "when", "while", "as" para expresar tempo; "as" con significado de "when/while" ou "because/since"; "as", "when", "while" usado con significado de "although", "but", "seeing that".
1.2. Finalidade: expresada co infinitivo, infinitivos con "go" e "come", cláusulas de finalidad, "in case" e "lest".
1.3. Cláusulas concesivas, comparativas...
1.4. Cláusulas nominais.
1.5. O comparativo. Construccións de comparativo.
1.6. O subxuntivo. |
Vocabulario |
2.1. Puntuación, números, gráficos...
2.2. Turismo e hospitalidade
2.3. Persoas e relacións
2.4. Temas mundiais
2.5. Pensar e sentir |
Expresión escrita |
3.1. Habilidades de presentación
3.2. Gráficas
3.3. Dípticos e trípticos
3.4. Propostas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A6 A12 A18 B3 B6 B9 C2 C3 |
2 |
15 |
17 |
Proba oral |
A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 C5 C6 |
1 |
6 |
7 |
Portafolios do alumno |
A1 A6 A9 A10 A15 A18 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 |
11 |
12 |
23 |
Seminario |
A1 A6 A10 A18 B6 C2 |
10 |
25 |
35 |
Sesión maxistral |
A2 A6 A8 A11 A15 B1 C7 C8 |
30 |
30 |
60 |
Análise de fontes documentais |
A2 A8 A11 B5 B6 C2 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba a realizar a finais do cadrimestre para evaluar a expresión escrita e a comprensión lectora do alumno ademais do seu dominio da gramática, sintaxis e campos semánticos especializados. Os tipos de preguntas variarán seguindo un formato similar ós exercicios realizados durante o curso. |
Proba oral |
Clases prácticas nas que o alumnado traballará en clase co material necesario e recibirá a información precisa para o desenvolvemento das súas habilidades de comunicación, tanto a nivel escrito como oral.
|
Portafolios do alumno |
O alumno irá recompilando as distintas tarefas realizadas durante o curso seguindo os modelos dos contidos do curso. |
Seminario |
Sesións prácticas onde se realizarán lecturas de contidos relacioadas cos temas vistos no apartado de vocabulario, así como o uso de material audiovisual para discusión e debate en clase.
|
Sesión maxistral |
Transmisión de coñecementos teóricos específicos dos contidos deseñados para o curso. |
Análise de fontes documentais |
Prácticas de análisis de textos.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba oral |
Seminario |
Sesión maxistral |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
-Tanto os obradoiros como as diversas exposicións orais e exercicios escritos implican atención personalizada.
-Ademais, o alumno pode plantexar as súas dúbidas durante as horas de titoría presencial, ou ben a través do correo electrónico e o foro da plataforma Moodle, seguindo as instrucións proporcionadas polos docentes.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A6 A12 A18 B3 B6 B9 C2 C3 |
Exame final escrito que consistirá nunha combinación dos seguintes exercicios: práctica de vocabulario; comprensión de textos; traducción de textos breves ao inglés; descrición de gráficas que ilustran tendencias de diferentes temas... |
40 |
Proba oral |
A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 C5 C6 |
Exposición dun proxecto en grupo no que se valorará ademáis as habilidades de presentación. |
20 |
Seminario |
A1 A6 A10 A18 B6 C2 |
Probas de lectura e vocabulario (10%)
Exercicios de escoita para evaluar o nivel de comprensión en lingua inglesa (10%) |
20 |
Sesión maxistral |
A2 A6 A8 A11 A15 B1 C7 C8 |
Terase en conta a participación activa do alumnado durante as sesións maxistrais. |
5 |
Portafolios do alumno |
A1 A6 A9 A10 A15 A18 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 |
Redacciones dos temas estudados no curso que deberán presentar a estructura vista en clase. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Todos os estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.
1ª oportunidade- Para SUPERAR A MATERIA os alumnos deberán reunir aas siguientes condicións:
1º. A nota mínima en cada un dos seguintes apartados "proba oral ", "portafolio do alumno" e "seminario" terá que ser un 40%. A media destes apartados teñe que acadar os 5 puntos sobre 10 para facer media coa proba mixta (=examen escrito). 2º. É obrigatorio chegar ó 50% na proba mixta para facer media cos apartados mencionados no primeiro apartado. 3º. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.
Estudantes con dispensa académica de exención de asistencia O estudantado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) deberá comunicalo ao profesorado na primeira quincena do cuadrimestre. Este alumnado será avaliado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispénsa.
2ª oportunidade O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade e os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron. No caso do Obradoiro, consistirá nunha tarefa adicional a realizar como parte da Proba mixta.
-Isto é válido ÚNICAMENTE para as dúas convocatorias do ano en curso.
Convocatoria adiantada No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%).
Calificación de Non Presentado Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO aqueles estudantes que non participaron en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.
Falta de honradez académica/ implicación de plaxio Aos estudantes que incorran en fraude académica aplicaráselles a sanación correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado 4. b). "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Atención á diversidade A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/). Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Perspectiva de xénero -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Barnet, Sylvan, Bellanca Pat & Stubbs, Marcia (2014). A short guide to college writing. Harvard University Press
Quirk, Randolph & Siney Greenbaum (1985). A University Grammar of English. London: Longman
Hewings, Martin (2013). Advanced Grammar in Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English; with Answers and CD-ROM. Cambridge University Press
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and voabulary. London: MacMillan
Tims, Nicholas et al. (2014). Face2face Advanced Workbook. Cambridge: CUP
Burgess, Sally & Amanda Thomas (2014). Gold Advanced Coursebook. Harlow: Pearson
Edwards, Lynda & Jacky Newbrook (2014). Gold Advanced. Maximiser with key. Harlow: Pearson
Lewis, Susanne (2018). Presentation skills for non-native speakers. Independently published
Fussell, Paul (ed.) (1987). The Norton book of travel. New York. Norton
Sharpley, Richard & David J.(eds.) (2002). Tourism and development: concepts and issues. . Telfer. Clevendon: Channel View Publications.
Maczak, Antoni (1995). Travel in early modern Europe. Cambdridge. Polity Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Thirn, Sheila (2013). Advanced - Student's Book (Real Lives, Real Listening). Harper Collins
Wallwork, Adrian (2013). English for Academic Research: Grammar, Usage and Style (English Edition). Springer
Wallwork, Adrian (2010). English for Presentations at international conferences. Springer
McCarthy, Michael & O'Dell, Felicity (2017). English phrasal verbs in use advanced. (2nd edition). Cambridge
McCarthy, Michael & O'Dell, Felicity (2017). English Vocabulary in use. Advanced (3rd edition). Cambridge
Jones, Christopher (1996). Listening 4 Advanced Student's Book (Cambridge Skills for Fluency). Cambridge
Allsop, Jake (2006). Test your phrasal verbs (Penguin English guides. Penguin |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 3/613G03015 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 |
|
Observacións |
-Os obxectivos de aprendizaxe deste módulo enmárcanse nun nivel C1 dentro da escala descrita no Marco común europeo de referencia para as linguas. -Por outra banda, os estudantes tamén deben lembrar que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo. |
|