Identifying Data 2023/24
Subject (*) Spanish Literature in the Golden Age 2 Code 613G01026
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Martinez Lopez, Maria Josefa
E-mail
maria.josefa.martinez@udc.es
Lecturers
Martinez Lopez, Maria Josefa
E-mail
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
General description O obxectivo desta materia é ampliar o estudo de autores e obras dos séculos XVI e XVII, completando o panorama básico ao que alumno accedeu na materia «Literatura Española» de 2º de Grao. A materia ocúpase das produccións prosísticas do Século de Ouro, con un enfoque histórico-filolóxico. Preténdese desenvolver a capacidade de lectura comprensiva e crítica e a capacidade de relacionar os aspectos históricos, culturais e estéticos. Do mesmo xeito, preténdese que o estudante acade dominio técnico na análise de textos literarios desta época.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ter un coñecemento das produccións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura) A2
A7
A15
A17
A18
B3
B6
B8
Coñecer os principais autores do Século de Ouro español,e valorar críticamente as súas produccións (particularmente os textos en prosa). A17
A18
Coñecer as técnicas e método de traballo e análise da ciencias humanas e sociais A1
A10
A11
A16
B1
B2
B7
C6
Valorar críticamente a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse e ser capaz de aproveitala para aprender e desenvolver o coñecemento B1
B2
B7
C3
Ter capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos A5
B4
B10
C1
Traballar de forma autónoma e con iniciativa C5
Utilizar as TIC'S para o exercicio como ferramenta de aprendizaxe C3
Capacidade para interrelacionar os distintos ámbitos da Filoloxía e da Cultura A9
B5
C6

Contents
Topic Sub-topic
Introdución
1. Contexto histórico-filolóxico.
2. Modelos e xéneros prosísticos.
Prosa do século XVI 1. Prosa humanística: (diálogo, epístola, misceláneas, outras).
2. Prosa de ficción 1: pervivencia de xéneros medievais.
3. Prosa de ficción 2: os xéneros novos. Literatura pastoril e picaresca, etc.
Prosa do século XVII 1. Prosa cervantina: El Quijote.Novelas ejemplares
2. Prosa intelectual e moral: Quevedo, Los sueños

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A7 A16 A17 B1 B3 0 60 60
Collaborative learning A1 A2 A5 A10 B2 B4 B5 B8 C1 C3 C5 15 0 15
Guest lecture / keynote speech A17 B5 21 0 21
Workshop A1 A2 A5 A9 A10 A11 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C6 15 15 30
Introductory activities A1 A2 A5 A9 A11 B7 3 0 3
Mixed objective/subjective test A1 A9 A11 A17 C1 C6 3 15 18
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e secundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a sía explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativo. As lecturas deberán facerse seguindo a selección realizada polos profesores que o estudante atopará na reprografía da Facultade. No caso de obras máis extensas, haberá que seguir as edicións que se mencionan na bibliografía desta guía. É importante que todos os estudantes conten coas mesmas edicións, alén da calidade filolóxica dos textos recomendados, para facilitar o seguimento das explicacións na aula e as correccións posteriores de traballos e exames. Na introducción a cada unha das seccións, proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía secundaria para a contextualización dos temas.
Collaborative learning Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Guest lecture / keynote speech Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre os profesores. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados
Workshop O obradoiro consistirá nunha serie de traballos prácticos. O alumnado realizará comentarios, discusións dirixidas, análise de documentos e proposta razoadas de investigación sobre un tema determinado.
Introductory activities
Mixed objective/subjective test Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.

Personalized attention
Methodologies
Collaborative learning
Description
Ao longo do cuadrimestre fixaranse as sesións de titorías con cada un dos estudantes para supervisar o traballos tutelados e dar as orientacións relativas á aprendizaxe colaborativa.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A5 A9 A10 A11 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C6 A asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións interactivas de aprendizaxe colaborativa e obradoiro será controlada e avaliada de xeito continuado. A avaliación consistirá na realización de dous comentarios literarios de textos prosísticos por valor de 20% cada un (20% + 20%), sumando estes dous exercicios o 40% do total das probas avaliables. As probas terán lugar en horario lectivo nas datas que se indicarán no cronograma da materia.

40
Mixed objective/subjective test A1 A9 A11 A17 C1 C6 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
60
 
Assessment comments

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 en la prueba mixta.

MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado
sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON
PRESENTADO" cando non se presente ao exame.

Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que
suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo
Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán
as seguintes probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán
de acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.

Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá
nunha proba mixta por valor do 100%.

Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos
exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na
convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11,
apartado 4b). O control farase mediante o programa de detección de plaxios
Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise
da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).


Sources of information
Basic

Lecturas obligatorias. S. XVI

  • Montemayor, Jorge de Los siete libros de la Diana, ed., J. Montero, B. Crítica, 1996; ed. A. Rallo Gruss, M. Cátedra, 1991 (selección).
  • Valdés, Juan de, El diálogo de la lengua, ed., L. Pons Rodríguez, M. BCRAE, 2022.

Lecturas obligatorias. S. XVII

  • Alemán, Mateo, Guzmán de Alfarache (1ª parte), ed. L. Gómez Canseco, B. Galaxia Gutenberg, 2012; M. Akal, ed. B. Brancaforte, 1996; M. Cátedra, ed. J. M. Micó, 1992/94; B, Planeta, ed. F. Rico, 1987.
  • Cervantes, Miguel de (1998) El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ed., F. Rico; ed., Luis Murillo, M. Castalia, 1978.
  • Cervantes, Miguel de, Novelas ejemplares, ed. J. García, B, Crítica, 2005; ed. H. Sieber, M. Cátedra, 1994; ed. J. B., Avalle Arce, M. Castalia, 1982.
  • Quevedo, Francisco de, Los sueños, ed. J. O Crosby, Madrid, Castalia, 1993 (selección de la profesora).
Subjects that it is recommended to have taken before
Introduction to Literary Studies /613G01005
Classical Language and Culture /613G01006
Spanish Literature/613G01011
Medieval Spanish Literature/613G01022
Spanish Literature in the Golden Age 1/613G01023

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.