Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Variedades do Español Código 613G01032
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Estudiaranse as variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas do español actual. O eixe da materia serán as variedades xeográficas, que se abordarán tamén nos seus aspectos diafásicos e diastráticos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e aplicación das metodoloxías da Dialectoloxía. A1
A2
A3
B7
Coñecemento da variación lingüística do español A10
A14
A15
A20
A21
B1
B3
B5
C4
Coñecemento da formación e desenrolo das distintas variedades diatópicas do español. A15
A18
A20
A21
A22
B5
B8
C4
Coñecemento das variedades de uso do español. A1
A2
A3
A5
A10
A20
A21
B5
B7
B8
B10
C1
Análise, comentario e identificación de textos orais o escritos das diferentes variedades do español. A1
A2
A3
A9
A10
A20
A21
B2
B8
C1
Coñecemento e recoñecemento das características das principais variedades diatópicas do español. A1
A2
A11
A19
A21
B1
B5
B6
B8

Contidos
Temas Subtemas
1. A variación na lingua 1.1. Lingua histórica e lingua funcional. Lingua e dialecto
1.2. Variación difásica, diastrática, diacrónica e diatópica
2. Variedades diatópicas do español. A variación dialectal en España 2.1. Introducción: a formación das linguas en España
2.2. Variedades históricas romances que perviven
2.2.1 Asturiano-leonés
2.2.2. Aragonés
2.3. Variedades meridionais do español
2.3.1. Características xerais
2.3.2. As variedades andaluzas
2.3.3. As variedades extremeñas, murcianas e canarias
2.4. O español nas áreas bilingües
3. Variedades diatópicas do español. O español de América 1. Orixe. Español de América, andaluz e canario. O español atlántico.
2. División dialectal do español de América.
3. Principais rasgos do español de América.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A18 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 1 25 26
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 15 20 35
Actividades iniciais B1 B6 1 0 1
Lecturas A3 A11 A20 A21 A22 B3 B6 B7 0 14 14
Sesión maxistral A1 A3 A18 A19 A20 A21 C4 15 20 35
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará obrigatoriamente co seguimento do profesorado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesor. Pode incluír prácticas a través de TIC. Principalmente consistirá en análise e comentario de mapas dialectais e de textos breves, orais ou escritos, de diversas variedades do español.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Lecturas Lectura reflexiva e asimilación de diversos artígos ou capítulos de libros.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Valorarase a participación do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Algunhas actividades dos obradoiros levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica o uso das titorías.

A atención personalizada é obrigatoria durante a elaboración do traballo tutelado, cuxa formulación e desenvolvemento son diferentes para cada estudante.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios e o traballo tutelado despois da súa avaliación.

As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, os foros do Campus Virtual ou Teams.

O alumnado con dispensa académica ou con medidas de apoio á diversidade está especialmente invitado a empregar as titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A18 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará co seguimento do profesorado. Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a profundidade da análise, ademais da relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia. Podrerá realizarse individualmente, en parella ou en grupo. Expoñeráse na aula se o número de matriculados o permite. 30
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 Análise e comentario de textos e mapas dialectais de diversas variedades do español. 70
 
Observacións avaliación

- O traballo
tutelado
. É obrigatoria a titorización e seguimento por parte do profesorado
das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se admitirá un traballo
que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

- Os traballos ou
actividades que non se realicen na aula entregaranse a través do Campus Virtual
da UDC nos prazos fixados en cada caso ou por correo
electrónico.

-
As actividades e o traballo deben cumprir coas esixencias de corrección
lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica,
rexistro formal etc.). Dependendo da gravidade da
falta, por cada unha descontarase entre 0,25 (acentuación) e 1 punto. A
penalización será menor para os alumnos Erasmus ou doutros programas de
intercambio alleos ao espazo hispanoamericano.

- Deberase gardar
unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na
recepción.

-
No referente ao plaxio e outras faltas de honradez académica aplicarase o
estipulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario e no Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC (artigo 11, apartado 4b)

- Cualificarase como non
presentado
quen non entregue ningunha actividade, incluído o traballo tutelado.

- Na segunda
edición de actas
(segunda oportunidade) poderanse recuperar todos os
instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As
actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no
Campus Virtual da UDC. As tarefas e o traballo tutelado, que obrigatoriamente
será individual, entregaranse a data establecida para o exame oficial.

- Na convocatoria
adiantada
de novembro/decembro realizarase un exame teórico-práctico.

-
Alumnado con dispensa académica recoñecida e matrícula a tempo parcial:
aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas
de entrega, que se acordarán entre profesor e alumno. O traballo tutelado será
individual e non será necesario expoñelo na aula. Nestes casos, favorecerase o
uso das titorías, presenciais ou virtuais.

- Estudantes que
precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas
de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e
flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención
á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade do centro
(pat.filoloxia@udc.gal).

- Alumnado Erasmus
e de intercambi
o: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou
superior para cursar esta materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Aleza Izquierdo, Milagros y Enguita Utrilla, José M.ª (coords.) (2010). La lengua española en América: normas y usos actuales. València: Universitat de València
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2011). Nueva gramática de la lengua española. Fonética y fonología. Madrid: Espasa
Sánchez Méndez, Juan (2003). Historia de la lengua española en América. Valencia: Tirant Lo Blanch
Alvar, Manuel (dir.) (1996). Manual de dialectología hispánica. El español de América. Barcelona: Ariel
Alvar, Manuel (dir.) (1996). Manual de dialectología hispánica. El español de España. Barcelona: Ariel
Lipski, John M. (1996). El español de América. Madrid: Cátedra
Frago Gracia, Juan Antonio y Franco Figueroa, M. (2001). El español de América. Cádiz: Universidad de Cádiz
Narbona, Antonio; Rafael Cano, y Ramón Morillo-Velarde (1998). El español hablado en Andalucía. Barcelona: Ariel
García Mouton, Pilar (2007). Lenguas y dialectos de España. Madrid: Arco/Libros, 5.ª ed.
Coseriu, Eugenio (1981). “Los conceptos de `dialecto', ‘nivel’ y ‘estilo de lengua’ y el sentido propio de la dialectología”. Lingüística Española Actual, III, pp. 1-32.

Bibliografía complementaria Abad Nebot, Francisco (1982). "Variedades dialectales y literarias de la lengua". en VV. AA.: Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra, pp. 285-313
Frago Gracia, Juan Antonio (1996). Andaluz y español de América: historia de un parentesco lingüístico. Sevilla: Junta de Andalucía
Ariza, Manuel (1994). Comentario de textos dialectales. Madrid: Arco/Libros
Piñeros, Carlos-Eduardo (2006-11). Dialectoteca del español. Iowa: University of Iowa (http://www.uiowa.edu/~acadtech/dialects/).
Saralegui, Carmen (1997). El español americano: teoría y textos. Pamplona: EUNSA
Fontanella de Weinberg, Beatriz (1992). El español de América. Madrid: MAPFRE
Vaquero, María (1998). El español de América I. Pronunciación. Madrid: Arco/Libros
Vaquero, María (1998). El español de América II. Morfosintaxis y léxico. Madrid: Arco/Libros
Frago Gracia, Juan Antonio (1993). Historia de las hablas andaluzas. Madrid: Arco/Libros
Narbona Jiménez, Antonio (coord.) (2009). La identidad lingüística de Andalucía. Sevilla: Centro de Estudios andaluces, Junta de Andalucía
Sánchez Rei, Xosé Manuel (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Edicións Laiovento

En cada tema poderanse indicarar máis referencias bibliográficas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Español Actual/613G01028

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías