Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A20 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua española. |
A22 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a importancia do contacto lingüístico, literario e cultural dentro do espazo románico e a súa influencia na diferenciación das distintas linguas e tradicións literarias. |
A1 A7 A11 A15 A20 A22 A23
|
|
|
Ser capaz de distinguir e analizar os elementos que proceden do contacto lingüístico nas linguas románicas. |
A9 A14 A15
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9
|
C4 C6 C8
|
Valorar a importancia da diversidade cultural e das relacións interculturais. |
|
B5 B8
|
C4 C7
|
Coñecer e valorar a importancia do espazo lingüístico e literario románico en relación con outras tradicións lingüísticas e literarias, en particular coa da lingua obxecto de estudo do grao. |
A14
|
B5 B7 B8 B10
|
C4
|
Coñecer e ser capaz de utilizar os principais recursos e aplicacións existentes para o estudo dos contactos lingüísticos e literarios en relación coas linguas románicas. |
A14
|
B1 B2 B3 B5 B6 B9
|
C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O contacto entre o latín e outras linguas como factor de formación e diferenciación das linguas románicas. |
1.1. Marco histórico e cultural.
1.2. O latín e as linguas prerromanas.
1.3. O latín e as linguas de superestrato (linguas xermánicas, árabe, eslavo, húngaro, turco e outras).
1.4. O latín e o grego como lingua de adstrato.
|
2. Algunhas situacións de bilingüismo e/ou diglosia na Romania actual. |
2.1. A situación lingüística en España e/ou Francia e/ou Italia.
|
3. Tradicións literarias e xéneros na Idade Media románica: o seu percorrido por distintas linguas. |
3.1. A alegoría: do "Roman de la Rose" á "Commedia" de Dante. Fontes latinas e tradicións europeas.
3.2. O conto: do "exemplum" á "novella".
3.3. Petrarca e o petrarquismo.
3.4. Contactos líricos e tradicións (lírica culta e tradicional). |
4. A lenda de Tristán e a súa difusión noutras tradicións literarias. |
4.1. Tristán de Béroul e Tristán de Thomas.
4.2. Os relatos breves: Lai de Chevrefeuille e Folies Tristan.
4.3. As versións alemás: Eilhart d'Oberg e Gottfried de Strasbourg.
4.4. A Tristams Saga norueguesa.
4.5. As transformacións en prosa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A7 A11 A15 B1 B5 B7 B8 |
0 |
17 |
17 |
Traballos tutelados |
A1 A7 A9 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C6 C7 C8 |
0 |
20 |
20 |
Proba mixta |
A7 A14 B5 B7 |
2 |
24 |
26 |
Sesión maxistral |
A7 A14 A23 B3 B5 B8 C4 |
14 |
0 |
14 |
Análise de fontes documentais |
A14 A15 A20 A22 A23 B1 B3 B5 B7 B8 B9 C4 C6 C8 |
16 |
16 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
3.5 |
0 |
3.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Lectura de fontes primarias e/ou secundarias necesarias para adquirir os coñecementos e destrezas relacionados coa materia. |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo guiado polas profesoras sobre unha das seccións do programa da materia (lingüística ou literaria). |
Proba mixta |
Proba de carácter teórico-práctico que avaliará os coñecementos e destrezas adquiridos e que terá lugar ao final do curso. |
Sesión maxistral |
Explicación por parte da profesora dos contidos do programa, que inclúe a formulación de preguntas por parte dos alumnos. |
Análise de fontes documentais |
Estudo de textos e outras fontes que conduzan ao mellor coñecemento e dominio da materia do programa e a adquirir de forma máis eficaz as destrezas asociadas ao mesmo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estas metodoloxías comportan un seguimento particularizado da profesora, dentro e fóra da aula, segundo un calendario que se indicará ao principio do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A7 A9 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C6 C7 C8 |
Valorarase a asistencia ás titorías correspondentes, a corrección no contido e na expresión, de modo que se deducirá puntuación por faltas de ortografía e, en xeral, por unha expresión deficiente. Os alumnos/as Erasmus serán obxecto dunha consideración diferenciada en canto ás faltas de expresión, aínda que é esixible un mínimo de corrección lingüística. |
50 |
Proba mixta |
A7 A14 B5 B7 |
Realización dunha proba escrita sobre o contido da materia. Aplicaranse os mesmos criterios de corrección lingüística ca na actividade anterior. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Se o alumno/a realiza o 50% das actividades propostas (o traballo tutelado), aínda que non se presente ao exame, será avaliado/a (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumnado deberá completar as actividades que se solicitan. A entrega do traballo farase o día do exame oficial. Non admitiránse os traballos via e-mail, sempre en papel. Para ser considerado Aprobado na
primeira oportunidade, o alumno/a deberá realizar todas as actividades
propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5, tanto no traballo coma na proba mixta. Na segunda
oportunidade, o alumno/a deberá recuperar as actividades suspensas (traballo e/ou exame) e obter en cada unha delas un mínimo de 5. O sistema de avaliación será obxecto de adaptación
para o alumnado con dispensa académica. Terán que facer o traballo tutelado (50 %) e 5 recensións bibliográficas sobre o temario para completar o outro 50 % da evaluación. Calquera falta de honradez académina se penalizará de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". Artículo 14. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); o coa titora ADI da Fac. de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
(). .
Munteanu Colán, Dan (2000). "La génesis de las lenguas románicas, resultado del contacto lingüístico", en Actes du XXIIè. Congrès Interanational de Linguistique et de Philologie Romanes (Bruxelles, juillet 1998), . Tübingen: Niemeyer
Munteanu Colán, Dan (2002). "Vectores en el contacto lingüístico: dominio hispánico", Revista de filología española.
Munteanu Colán, Dan (1996). El papiamento, lengua criolla hispánica. Madrid: Gredos
Bruyne, E. (1946). Etudes d´esthétique médiévale. Brujas: De Tempel
Russell, Peter E. (1991). Fernando de Rojas, La Celestina. Comedia o tragicomedia de Calisto y Melibea. Castalia: Madrid
Barolini, T. (1993). Il miglior fabbro. Dante e i poeti della Commedia. Tirín: Bollati Boringhieri
Corti, M. (1995). La Commedia di Dante e l´oltretoma eslamico. Belfagor, L, III.
Varvaro, Alberto (2001). Linguistica romanza. Corso d'introduzione. Napoli: Liguori (hay también versión francesa)
Curtius, Ernst Robert (1955). Literatura Europea y Edad Media Latina. México-Madrid-Buenos Aires: F.C.E.
Gargallo, José Enrique y Mª Reina Bastardas (2007). Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel
Tagliavini, Carlo (1973). Orígenes de las lenguas neolatinas. México: Fondo de Cultura Económica
Ariani, M. (1999). Petrarca. Roma: Salerno Editrice
Benson, R. L. (1977). Protohumanism and Narrative Technique in Early Thirteenth-Century Italian Ars Dictaminis. Ravenna: Longo |
Proporcionarase bibliografía específica para cada tema dentro da aula. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|