Identifying Data 2023/24
Subject (*) Latin Literature Code 613G01045
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Ferraces Rodriguez, Arsenio
E-mail
a.ferraces@udc.es
Lecturers
Ferraces Rodriguez, Arsenio
E-mail
a.ferraces@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/AFerracesRodriguez/
General description Esta materia propón unha aproximación á literatura latina da Antigüidade (s. III a.C.-V d.C.) e á súa influencia na posteridade, con estudio de aspectos ideolóxicos e códigos formales dos xéneros. Os contidos e actividades previstas centraránse en figuras concretas ou en textos específicos representativos dun xénero.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A1
A2
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina A13
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina A16
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica A23
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica A11
B1
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Tener capacidad de análisis y síntesis, de valorar críticamente el conocimiento y de ejercer el pensamiento crítico B7
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade B8

Contents
Topic Sub-topic
1. Conceptos xerais 1.1. O sistema literario na Antigüidade: Literatura/Textos/Letras.
1.2. Cuestións de denominación, delimitación e periodización: 'literatura romana'/'literatura latina'.
1.3. Imitación e emulación.
2.- Textos científicos e técnicos en prosa e en verso: visión panorámica. 2.1. Agricultura
2.2. Medicina.
2.3. Arquitectura
2.4. Textos de maxia
3.- Autores e obras en prosa.
2.1. Catón, Varrón, Columela.
2.2. Celso, Escribonio Largo, Gargilio Marcial
2.3. Da 'Historia Natural' de Plinio o Vello aos recetarios médicos tardoantigos.
4.- Autores e obras en verso e textos en prosa rítmica. 4.1. Xeórxicas de Virxilio
4.2. Medicamina faciei feminae, de Ovidio; Liber medicinalis de Quinto Sereno.
4.3. Incantamenta magica, Defixionum tabellae.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A2 A16 B1 B7 14.5 18.5 33
Objective test A1 A13 2 0 2
Supervised projects A11 A13 B3 B5 B6 0 25.5 25.5
Workbook A2 B8 0 35 35
Guest lecture / keynote speech A1 A13 A16 A23 15 0 15
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal.
Objective test Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos.
Supervised projects O estudante elaborará polo menos un traballo individual coa orientación e a asistencia do profesor. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia.
Workbook O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
O estudante asistirá a titorías presenciales concertadas previamente a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A2 A16 B1 B7 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 20
Objective test A1 A13 Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 40
Supervised projects A11 A13 B3 B5 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia 40
 
Assessment comments

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.

Os estudantes que non teñan superado a materia na primeira oportunidade poderán someterse na segunda oportunidade á proba obxectiva e preparar un novo traballo tutelado, coas mesmas porcentaxes de calificación ca as establecidas para a primeira oportunidade. Para o 20 % restante, é decir, para a porcentaxe de calificación que corresponde a Análise de fontes documentais poderán preparar un traballo sobre lecturas asignadas específicamente polo profesor. Tanto o traballo tutelado coma o correspondente ás lecturas deberán ser entregados presencialmente na mesma data ca a establecida no calendario académico oficial para a proba obxectiva ou exame.

De non realizar a proba obxectiva, o estudante será cualificado como 'Non Presentado'.

Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre, non mais tarde da primeira ou segunda semana  do período de clases, unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. En modalidade de dispensa académica o estudante será eximido da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais, pero deberá realizar a proba obxectiva e entregar o/s traballo/s tutelado/s, nas datas previstas e coa mesma porcentaxe de cualificación ca os establecidos para a modalidade de non dispensa académica. Na modalidade de dispensa o 20% da cualificación atribuido a Análise de fontes documentais será compensado entregando un traballo sobre lecturas previamente asignadas polo profesor ao efecto nunha sesión de tutoría presencial.


Sources of information
Basic Leighton D. Reynolds e Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (ed.) (1987). Géneros literarios latinos. Salamanca: Universidad de Salamanca
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid: Atenea
E.J.Kenney-W.V.Clausen (1989/90). Historia de la literatura clásica. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (1997). Historia de la literatura latina. Madrid: Cátedra
Michael Von Albrecht (1992/7). Historia de la literatura romana. Barcelona: Herder

Recursos web

Xerais

Bibliotheca Augustana: bibilotheca latina / bibliotheca graeca

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html#la

The Latin Library

http://www.thelatinlibrary.com/index.html

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.