Na avaliación desta materia, teranse en conta os comentarios realizados (100 %).
As actividades entregaranse a través do Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50 % da nota correspondente.
Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia, etc.); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación.
O plaxio (a apropiación de textos ou ideas doutros autores sen indicar a súa procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta á ética académica (como a copia), será penalizada de acordo co establecido na normativa académica.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)
A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno entregue menos de tres comentarios. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O procedemento de avaliación da segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron calificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas iguais ou superiores a 5.
ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA
Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades. Entregarán as actividades a través do Campus Virtual e concertarán as titorías por correo electrónico.