Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Idioma Moderno: Portugués Código 613G01051
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
Lourenzo Modia, Cilla
Rubert de Araujo, Andréa
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
a.rubert@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita.
O alumnado debe adquirir todas as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Apresentar-(se) e despedir(-se). Cumprimentar. Dar informações pessoais. 1.1. Alfabeto. Questões gerais de ortografia. Artigo. Pronome pessoal tónico. Substantivo e adjetivo. Interrogativo. Numeral cardinal. Presente do Indicativo. Advérbio de afirmação e de negação.
1.2. Dados pessoais (morada, estado civil, profissão, nacionalidade). Formas de tratamento.
2. Localizar e descrever lugares. Pedir informações. Indicar direções.

2.1. Demonstrativo. Preposição e locução prepositiva. Contração. Advérbio e locução adverbial de lugar. Conjugação perifrástica.
2.2. Cidade. Casa. Universidade.
3. Relatar ações quotidianas. Perguntar e dizer as horas. Fazer compras, reservas e pedidos. 3.1. Acentuação. Pronome pessoal átono. Advérbio e locução adverbial de tempo.
3.2. Dia-a-dia. Banco. Alimentação. Local de trabalho. Alojamento.
4. Fazer planos. Expressar gostos e preferências. Convidar, aceitar e recusar convites. Falar ao telefone. Escrever cartas. Falar sobre o tempo.

4.1. Comparativo e superlativo. Posessivo. Conjunção e locução conjuntiva. Numeral ordinal.
4.2. Lazer. Épocas festivas. Férias e viagens. Transporte. Tempo cronológico. Tempo atmosférico. Telefonema, mensagem e carta. Desporto.
5. Descrever pessoas e objetos. Aconselhar e dar instruções.

5.1. Imperativo. Relativo.
5.2. Família. Saúde. Corpo humano. Cores. Vestuário e calçado.
6. Relatar acontecimentos passados. Defender pontos de vista.
6.1. Pretérito Imperfeito, Pretérito Perfeito Simples e Pretérito Mais-Que-Perfeito do Indicativo. Indefinido. Advérbio e locução adverbial de modo.
6.2. Festas e tradições. Costumes.
7. Apresentar caraterísticas profissionais. Enfrentar uma entrevista. Elaborar um Curriculum Vitae. Fazer inquéritos. Relatar acontecimentos futuros.

7.1. Pronome pessoal átono de CD e de CI. Futuro e Condicional do Indicativo.
7.2. Vida profissional. Precisão léxico-semântica. Falsos amigos. Expressões idiomáticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A8 A10 A15 B1 B3 B5 B7 B8 C2 C4 0 10 10
Obradoiro A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 30 16 46
Prácticas a través de TIC A8 B1 B3 0 7 7
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 0 15 15
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 C4 2 1 3
Sesión maxistral A8 A15 B1 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 26 10 36
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 0 30 30
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que cada estudante terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción e interacción orais (monólogos, diálogos, debates etc.).
Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas.
Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións.
Na proba oral poderán empregarse textos, imaxes ou materiais audiovisuais como apoio.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; realizaranse actividades centradas na produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos); resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica.
Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, o alumnado levará a cabo diversas actividades, ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que cada estudante informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades, co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, cada alumno/a poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento, quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 Os traballos non presenciais (individuais e grupais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final. Concederase especial relevancia á aprendizaxe colaborativa.
20
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 C4 Cada estudante terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Obradoiro A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 10
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que subirá ao campus virtual. 

1.2. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba obxectiva
deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os
restantes elementos de avaliación.

1.3. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado
en formato "rúbrica" nas aulas ou a través do campus virtual. O / A docente achegará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

1.4. Os traballos tutelados entregaranse na  aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.5. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das
actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada.

1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

1.7. Tanto as actividades como as probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias
mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de
Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado no campus virtual).

1.8. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante).

1.9. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.

1.10. A
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas
ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa cal se deberá contactar nos prazos estabelecidos
por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da orientadora ADI da
facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

1.11. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención na aula de alumnos de e de alumnas
etc.).

Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para os modificar e fomentar valores de
respecto e de igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para as corrixir.

2. CUALIFICACIÓN  NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e
superar tamén aquelas probas (orais e / ou escritas) fixadas polo
profesorado da materia.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)

3.1.
Será considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non
compareza á proba escrita ou que non entregue ningunha das actividades.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará
ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente
co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante (os traballos relativos ao obradoiro solicitaránselle por e-mail) e, se non puidese asistir ás titorías,
deberá contactar cos / coas docentes a través do correo
electrónico.


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

5.1. O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados (30 %).


Fontes de información
Bibliografía básica Coelho, J. (2015). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Matos, M. (2013). Dicionário Ilustrado de Português. Lisboa: Lidel
Fagim, V. (2022). Estou a estudar português. Santiago de Compostela: Através Editora
Coelho, L. / Oliveira, C. (2014). Gramática Aplicada Português Língua Estrangeira -A1/A2/B1. Lisboa: Texto Editora
Malcata, H. (2011). Guia Prático de Fonética. Acentuação e Pontuação. Lisboa: Lidel
Ventura, H. / Caseiro, M. (2011). Guia Prático de Verbos com Preposições. Lisboa: Lidel
Monteiro, D. / Pessoa, B. (). Guia Prático dos Verbos Portugueses. Lisboa: Lidel
Arruda, L. (2016). SOS Português! Língua não materna. Gramática A1/B1. Porto: Porto Editora
Arruda, L. (2013). SOS Português! Língua não materna. Vocabulário A1/B1. Porto: Porto Editora
Dicionários em linha

Dicionário da Língua Portuguesa da Academia das Ciências de Lisboa: https://dicionario.acad-ciencias.pt/

Dicionário Priberam Online de Portuguès Contemporâneo: https://dicionario.priberam.org/

Infopédia. Dicionário Porto Editora: https://www.infopedia.pt/dicionarios/lingua-portuguesa/

Outros

Guia de conversação inglês-português e português-inglês da Porto Editora: https://www.infopedia.pt/guias-de-conversacao/ingles-portugues


Ciberdúvidas da Língua Portuguesa: https://ciberduvidas.iscte-iul.pt/

Conversor texto-voz Text-to-Speech: https:// ttsfree.com/pt
Bibliografía complementaria (). .
Coelho, L. / Oliveira, C. (2006). Aprender Português 1. A1-A2 . Lisboa: Texto Editores
Lemos, H. (2003). Comunicar em português . Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2013). Dialogar em português. Lisboa: Lidel
Dias, A. C. (2012). Entre nós 1. Método de português para hispano-falantes. A1/A2. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2012). Gramática Ativa 1. Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2011). Novo português sem fronteiras 1. Lisboa: Lidel
Kuzka, R. / Pascoal, J. (2014). Passaporte para português 1. Lisboa: Lidel
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalantes . Vigo: Xerais
Pinheiro, M. C. (2007). Português ao vivo. Textos e exercícios. Nível 1 . Lisboa: Lidel
Silva, M. (2011). Português atual 1. Lisboa: Lidel
Coelho, L. / Oliveira, C. (2015). Português em foco 1. Lisboa: Lidel
Pinto, L. P. (2002). Português lúdico . Lisboa: Lidel
Tavares, A. (2014). Português XXI - 2 . Lisboa: Lidel
Lemos, H. (2013). Praticar português. Nível elementar . Lisboa. Lidel
Rosa, L. M. (2011). Vamos lá começar! Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa. Lidel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías