Identifying Data 2023/24
Subject (*) Idioma Moderno: Alemán Code 613G01053
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
German
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Martín Cancela, Elena
E-mail
elena.martin@udc.es
Lecturers
Martín Cancela, Elena
E-mail
elena.martin@udc.es
Web http://www.udc.es/es/filo/graos/index.html
General description A materia está concibida como unha disciplina de iniciación á lingua alemá básica e de introdución ao coñecemento non só da língua senón tamén dos aspectos culturais dos países de fala alemá.
A materia está deseñada tendo en conta que a mayoría do alumnado se enfronta por vez primeira ao alemá, é decir, pártese dun nivel cero de coñecemento.
Ao final do curso espérase alcanzar as competencias do nivel A1, segundo o especificado no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas do Consello de Europa.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Atopar e empregar de xeito crítico as ferramentas básicas das TIC para producir discursos orais breves sobre temas cotias ou de interese persoal e académico. A8
A10
A15
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C3
Empregar de xeito crítico as ferramentas básicas das TIC para producir textos escritos breves sobre temas cotias ou de interese persoal e académico. A8
A10
A15
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C3
Desenvolver a capacidade de contrastar aspectos léxicos, fraseolóxicos e gramaticais do segundo idioma co propio. A1
A2
A5
A8
A9
A10
A15
B3
B5
B6
B7
C2
C6
Desenvolver a capacidade de contrastar aspectos de civilización propios das mentes que falan o segundo idioma estranxeiro e alleos. A18
B8
B10
C4

Contents
Topic Sub-topic
Grundlagen der deutschen Sprache Aussprache, Syntax, Groß- und Kleinschreibung, das Alphabet.
Begrüßung und Verabschiedung Vorlieben, Verbkonjugation, W-Fragen, Präpositionen "in, aus, nach".
Angaben zur Person und Berufe Verbkonjugation, Präpositionen "als, bei, mit", Ja-/Nein-Fragen, die Verneinung, "doch", Wortbildung mit -in.
Gegenstände und Eigenschaften Bestimmter unbestimmter Artikel und Negativartikel im Nominativ und Akkusativ; Nomen (Genus und Plural), Personalpronomen im Nominativ.
Freizeit, Jahreszeiten, Wochentage Verben "haben" und "möchten",bestimmter unbestimmter Artikel und Negativartikel im Dativ.
Verben mit Vokalwechsel, trennbare Verben, "man", temporal Präpositionen "in, an, zu", Position 1 im Satz.
Familienwörter, Sprachen, Nationalitäten Possessivartikel, Personalpronomen im Akkusativ, das Genitiv.
Lebensmittel, Verpackungen, Mengenangaben Modalverben, Satzklammer bei Modalverben, Nullartikel, Steigerung "gern".
Uhrzeiten, Tageszeiten, Monate Modalverben, temporale Präpositionen, das Futur.
Die Wohnung, Zimmer und Gebäude Lokale Präpositionen, Dativ, "legen-liegen, stehen-stellen, setzen-sitzen", Personalpronomen im Dativ.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A5 A8 A10 A15 B1 B2 B3 B8 C4 C6 3 0 3
Workshop A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C3 C6 25 15 40
Guest lecture / keynote speech A5 A8 A15 A18 B1 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C6 15 7 22
Mixed objective/subjective test A1 A2 A8 A10 A15 B6 B7 C2 C4 C6 2 18 20
Speaking test A2 A8 A10 A15 B4 B5 C2 C4 3 10 13
Supervised projects A1 A5 A8 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C2 C3 C4 C6 7 20 27
ICT practicals B5 B10 C3 C4 5 5 10
Workbook A2 A10 B1 B2 B3 B5 B7 C3 C6 0 9 9
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Trátase da primeira toma de contato coa lingua alemá, na que se realizarán diferentes aclaraciones e actividades dirixidas a obter información relevante sobre o alumnado e o seu nivel de partida na língua alemá, co fin de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe eficaz e significativo.
Workshop Cada un dos temas tratados levará asignado unha serie de tarefas e exercicios, a realizar na aula, destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas. Será de especial relevancia a participación activa e aproveitamento de todo o alumnado nestas sesións e será tido en conta para a calificación final da materia.
Guest lecture / keynote speech Sesións teóricas e prácticas impartidas polo profesorado sobre os contidos da materia.
Mixed objective/subjective test Proba escrita con preguntas de tipo diverso que permita conocer e avaluar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado.
Speaking test Presentación pública oral dun tema proposto polo profesorado. Poderán facerse tamén intervencións por parte do alumnado ou do profesorado.
Supervised projects O estudantado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número, datas de entrega e indicacións fixaranse semanalmente.
ICT practicals Explicacións e uso de ferramentas informáticas e novas tecnoloxías como apoyo ao aprendizaxe da lingua alemá.
Workbook O alumnado deberá consultar diferentes materiais fora da aula para a adquisición e asimilación dos contidos, así como para a correcta realización de diferentes actividades.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Mixed objective/subjective test
Supervised projects
Speaking test
Description
A atención personalizada dependerá da metodología empregada e das necesidades do alumnado. Realizarase de xeito conxunto na aula e tamén de manera individual.

Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesorado orientará ao alumnado de cara á devandita proba.

Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso.

Ao final do curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Ademáis, o alumnado pode, en calquera momento, solicitar unha tutoría para tratar calquera dúbida ou dificultade que atope ao longo do curso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C3 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado (ata un 10%). Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral).

- O alumnado matriculado nesta materia participará nun EAG ou nun Proxecto de aprendizaxe colaborativo online, isto poderá supoñer ata un 10% da calificación no obradoiro*. (Ver nota en observacións)
20
Mixed objective/subjective test A1 A2 A8 A10 A15 B6 B7 C2 C4 C6 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
45
Supervised projects A1 A5 A8 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C2 C3 C4 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
20
Speaking test A2 A8 A10 A15 B4 B5 C2 C4 - Realizarase unha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
15
 
Assessment comments

*EAG ou Proxecto de aprendizaxe colaborativo

  • No caso de que non fora posibel a realización desta actividade, o 10% correspondente pasará a cubrirse mediante traballos tutelados, quedando a porcentaxe desa metodoloxía en 30% e a do obradoiro en 10%. Esta situación comunicarase na primeira semana do cuadrimestre.

Requisitos para superar a materia en 1ª
oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a
    será avaliado como Non Presentado en acta.

  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo
    global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba
    mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da
    materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.


2ª Oportunidade


  • As persoas que non superasen a proba mixta na 1ª
    oportunidade deberán repetila na data oficial establecida para esta
    oportunidade.
  • As persoas que non entregasen o superasen as
    actividades de traballos tutelados deberán recuperalas mediante
    actividades similares. O estudantado deberá poñerse en contacto co/coa responsable da materia para concretar as características das actividades (pautas, temática e datas).
  • A porcentaxe
    correspondente á actividades presenciais na aula (obradoiro 20%), recuperarase mediante actividades acordadas co profesorado.


Convocatoria adiantada

  • A distribución da avaliación será a seguinte: 45% proba mixta, 15% proba oral (a concretar co profesorado) e 40% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación de Non Presentado


  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria,
    todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será
    cualificado como Non Presentado.


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica


  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de
    exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o
    réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC  (Arts.
    2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e
    probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha
    data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente
    xustificado.

  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do
    seguinte modo: Proba oral (15%), Traballos Tutelados (40%), Proba Mixta
    (45%).


Prácticas ilícitas e fraude académica


  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas
    ilícitas (uso de tradutores  automáticos para a elaboración de
    traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da
    materia.

  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica
    aplicaráselle a sanación correspondente recollida no Regulamento
    disciplinar do estudiantado da UDC
     (art. 11, apartado 4. b)).
  • Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de
    acordo co establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación
    das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario
     artigo
    14.

Sources of information
Basic

Werner, G.(2001).Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt.

Braucek, B., Castell, A. (2013). Gramática básica del alemán A1-B1.Ed. Idiomas. Hueber.

Lemcke, C., Rohrmann, L. (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1.Langenscheidt.

Rusch, P., Schmitz, H. (2007). Einfach Grammatik.Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt.
Complementary

Al Dreyer, H., Schmitt, R. (2000).Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber

Castell, A. (1997).Gramática de la lengua alemana. Idiomas

Castell, A. (1997).Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas

Corcoll, B., Corcoll, R. (2006).Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder

Corcoll, B., Corcoll, R.(2006).Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder

Fandrych, C., Tallowitz, U.(2008).Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Queda expresamente prohibido o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa.


Recomendacións para o correcto seguimento da materia
  • O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
  • O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor.
  • O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
  • Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo por cada 3 horas presenciais.
  • Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso.
  • Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.

Espérase do alumnado:

• Activa e regular asistencia e participación na aula.

• Traballo constante e preparación previa e posterior das clases.

• Lectura da bibliografía recomendada.


Medidas de apoio á diversidade (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirada adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade.


Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á persoaresponsable da Facultade e/ou á Unidade de Atención á Diversidade(ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazosoficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


Normativa en materia de igualdade

Dacordo coa normativa en materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas necesarias para corrixilas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.