O alumnado ten dúas oportunidades para superar a
materia: a primeira ó remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de
xullo.
1. Avaliación da
primeira oportunidade:
1.1. Para superar a materia na primeira
oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico,
a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escrita
deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e
aprobar (5) unha proba oral final na
que se avaliarán a expresión e a interacción oral.
A profesora comunicará en Moodle coa suficiente
antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á
realización da proba oral.
1.3. É obrigatorio realizar ao longo do
cuadrimestre un conxunto de exercicios
ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados
en dous bloques:
Bloque A ["Solución de problemas"]:
actividades de práctica dos contidos
gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]:
actividades de práctica da produción,
comprensión e interacción oral.
Ademáis das actividades presenciais que se
realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado
deberá realizar unha tarefa non presencial.
Agás causa debidamente xustificada e sempre coa
autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades
entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.
Para que estas
actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter
realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,
o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima
de 5 sobre 10 en cada bloque.
1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto,
a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
a. Un 45%
valorará o exame escrito (se cumprir os requisitos do apartado 1.1), coas
seguintes porcentaxes:
Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita,
comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%
b. Un 15%
valorará a proba oral (se cumprir os requisitos do apartado 1.2).
c. Un 40%
valorará as actividades de
avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os
requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:
Bloque A: actividades de gramática, léxico,
expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B: actividades de produción, comprensión e
interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o
léxico): 15%
A materia considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son
recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación.
Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.
Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
2. Avaliación
da segunda oportunidade:
2.1. De suspender a materia na primeira
oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba
oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita
deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
A data, lugar, hora e outras indicacións para a
realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa
suficiente antelación.
2.2. De suspender a materia na primeira
oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a
segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.
A profesora fará públicas en Moodle coa
suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas,
datas de solicitude e entrega...).
Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
3. Na convocatoria
extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e
competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita
(nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5
sobre 10; 30% da nota final).
Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación o
alumnado recibirá a cualificación NP
de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.
5. O alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora,
pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación
continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non
presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías
avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que
para o resto do alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade,
aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo por
tal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación)
deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e
persoal.
A realización fraudulenta ou irregular das probas
e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará
automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas
metodoloxías avaliables.
7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.