Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21 |
Dominar a gramática da lingua galega. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A25 |
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
O alumnado deberá saber diferenciar, na teoría e na práctica oral, os fonemas vocálicos e consonánticos galegos, ben como as súas realizacións. |
A4 A15
|
B3 B4
|
C1
|
O alumnado deberá demostrar coñecementos avanzados en prosodia e fonética sintáctica da lingua galega. |
A4 A9 A15 A21
|
B3
|
|
O alumnado deberá ser capaz de realizar enunciados orais espontáneos en lingua galega con calidade fonética e prosódica, ben como de locutar textos formais escritos. |
A4 A9 A10 A15
|
B4
|
C3 C6
|
O alumnado deberá ser capaz de recoñecer variedades diafásicas orais da lingua galega e de transitar por elas na súa práctica oral. |
A4 A15 A21
|
B3
|
C1
|
O alumnado deberá recoñecer o valor da diversidade oral da lingua galega e ser quen de superar na súa práctica oral os prexuízos relativos á fonética patrimonial e aos diferentes sotaques (incluído o dos neofalantes). |
A23 A25
|
B8 B10
|
C4 C6
|
O alumnado deberá saber analizar a calidade fonética, prosódica e fonoestilística dun texto oral galego e presentar resultados por escrito de maneira organizada, sintética e dentro dos estándares da redacción académica. |
A1 A2 A10 A15 A21
|
B1 B2 B6 B7
|
C1 C3
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. Comunicación e lingua oral |
1.1. Comunicación e linguaxe
1.2. Comunicación oral. Situación comunicativa, actos de fala e funcións lingüísticas
1.3. Lingua oral. Análise da comunicación oral espontánea e formal
1.4. Estratexias e xestión da comunicación oral |
2. Fonética e Fonoloxía da lingua galega |
2.1. Sons, fonemas e alófonos
2.2. Transcrición fonética, fonolóxica e do discurso oral
2.3. Sistema vocálico
2.4. Sistema consonántico
2.5. Rendibilidade expresiva: fonoestilística |
3. Trazos prosódicos da lingua galega |
3.1. A cadea falada: fonética sintáctica
3.2. A sílaba
3.3. Shandi e eufonía
3.4. O acento e a entoación
3.5. Dicción e locución |
4. Modelos de declamación-recitación-oratoria para o galego |
4.1. Prexuízos, diglosia e fórmulas recitativo-oratorias colonizadas
4.2. A definición dunha maneira galega de declamación: modelos activos na lusofonía e propostas desde a Galiza |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A4 A10 A25 B7 C6 |
16 |
0 |
16 |
Workshop |
A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 |
26 |
36 |
62 |
Workbook |
A4 B1 B3 B6 B7 C6 |
0 |
19 |
19 |
Supervised projects |
A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 |
2 |
34 |
36 |
Oral presentation |
A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 |
6 |
10 |
16 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Workshop |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva, análise de textos orais de carácter dialectal, comentario fonético de textos de tipoloxía variada, prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, resolución de problemas, discusións didrixidas e estudos de casos. |
Workbook |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor. |
Supervised projects |
Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos relacionados coa oralidade, con que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fones documentais de diverso tipo.
O primeiro, escrito, consistirá na análise -transcrición fonética incluída- do modelo oral dun fragmento extraído dos medios de comunicación ou das redes sociais e a achega de melloras desa oralidade. O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos de dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro.
Do primeiro traballo derivará unha presentación oral. |
Oral presentation |
Cada estudante realizará unha presentación oral presencial do priimeiro dos traballos tutelados ao conxunto do grupo. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Oral presentation |
|
Description |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización dos "Traballos Tutelados". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workshop |
A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 |
A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será una condición indispensábel para poder ser avaliado.
O obradoiro será avaliado através do portafolio dixital até ao 40% da cualificación total posíbel. |
40 |
Supervised projects |
A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 |
Cada un dos dous traballos será avaliado até un 20% da cualificación final. Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma e o grao de consecución das destrezas propias da materia. |
40 |
Oral presentation |
A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 |
Serán valorados a calidade fonética, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. |
20 |
|
Assessment comments |
Cuestións
xerais Para superar a materia,
o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a
5 valores sobre 10. Serán requisitos indispensábeis: (1) participar nun mínimo do 80% das prácticas do obradoiro e realizar os dous traballos tutelados; (2) obtener unha cualificación mínima equivalente a 4 valores sobre 10 en cada un dos traballos tutelados. A persoa que non realizar os dous traballos tutelados será considerada NON PRESENTADA, ben como quen non entregar ningunha das actividades contempladas na avaliación. O alumnado terá de entregar
os traballos no prazo fixado e deberán seguir as pautas marcadas en cada caso,
polo que os traballos entregados fóra de prazo ou que non cumpran as pautas non
serán obxecto de avaliación. Así mesmo, todos os traballos deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de
corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de
Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). Matrícula parcial e dispensa académica As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico. Estas persoas acompañarán o curso a través das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto, que o profesor comunicará ao alumnado atinxido ao inicio do curso e que estarán publicados no campus virtual. Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas.
Segunda oportunidade e convocatoria adiantada Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. Antes da data oficial do exame teñen de ser entregados os "Traballos tutelados". No caso da "Presentación oral",
marcarase un día para a súa realización. As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír. Honestidade académica
Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC". Apoio á diversidade A materia poderá ser adaptada
ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre
académico (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no
seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
|
Sources of information |
Basic
|
Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Biscainho-Fernandes, C-C (2021). Centro Dramático Galego: cando a arte de dicir o verso está colonizada. Nós Diario (23/07/2021)
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Torres Feijó, Elias (2019). Galego simbólico penhaguai. Portal Galega da Lingua
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Fernández Rei, Elisa (2005). O estándar prosódico. en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consell
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Freixeiro Mato, X. R. (2016). Tipos de marcadores discursivos no galego oral e escrito. Revista Galega de Filoloxía 17: 77-118
Regueira Fernández, X. L. (2019). Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política. Revista Galega de Filoloxía 20: 119-147 |
|
Complementary
|
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60 |
Fornerase bibliografía específica por temas. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Lingua Galega 1/613G02002 | Lingua Galega 2/613G02014 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|