Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual |
A2
|
|
|
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A11
|
|
|
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos literarios e culturais, así como interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A14
|
|
|
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A18
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
A20
|
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOCO 1. QUESTÕES GERAIS E METODOLÓGICAS
Tema 1. Da retórica para a literatura nacional
|
1.1. Processos de nacionalização e canonização literária: o caso português
1.2. Ferramentas teórico-metodológicas para a análise da função e posição da literatura nos campos culturais
|
BLOCO 2. DA INVASÃO FRANCESA À REPÚBLICA (1807-1910)
Tema 2. O campo literário português no século XIX
Tema 3. Do Romantismo para o Realismo
Tema 4. Crise política e campo literário finissecular |
2.1. Produção, tradição e tradução
2.2. Agentes canonizados: Herculano, Garret, Camilo e Eça de Queirós.
2.3. Escritoras portuguesas do século XIX
3.1. Novos e velhos: a “Questão Coimbrã”
3.2. O programa realista: as “Conferências Democráticas”
4.1 Repertorios e autorias
4.2. Cesário Verde
|
BLOCO 3. A PRIMEIRA REPÚBLICA E O ESTADO NOVO (1910-1974)
Tema 5. O campo literário português perante a República (1910-1933)
Tema 6. O(s) Modernismo(s)
Tema 7. O campo literário português no Estado Novo (1933-1974) |
5.1. Renascença e Saudosismo: Teixeira de Pascoaes (e a Galiza)
5.2. Integralismo Lusitano: Afonso Lopes Vieira (e a tradição)
6.1. “Orpheu” a “Presença” e outras revistas
6.2. O “drama em gente” de Fernando Pessoa
6.3. Florbela Espanca e outras escritoras
7.1. A cultura de Estado: Salazarismo (e colonialismo)
7.2. A Resiliência, a Resistência e a Periferia: Presencismo, Neorrealismo e Surrealismo |
BLOCO 4. DA REVOLUÇÃO DOS CRAVOS AO NÓBEL (1974-1998)
Tema 8. O campo literário português depois do 25 de abril
Tema 9. O cânone e as produtoras |
8.1. O romance: José Cardoso Pires, António Lobo Antunes e José Saramago
8.2. A poesia: Helberto Helder, Eugénio de Andrade e Ana Hatherly
9.1. As Novas Cartas Portuguesas
9.2. Agustina Bessa-Luís, Lídia Jorge e outras escritoras |
BLOCO 5. A LITERATURA PORTUGUESA NO SÉCULO XXI
Tema 10. Aproximação do campo literário portuguès do Século XXI |
10.1. Agentes, grupos, repertórios, prémios, revistas, mercados, encontros, instituições, internacionalização, ... |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A2 A18 A20 B1 B3 B7 C4 |
3 |
15 |
18 |
Presentación oral |
B6 B7 |
3 |
14 |
17 |
Estudo de casos |
A2 A14 B1 C4 |
2 |
25 |
27 |
Sesión maxistral |
A18 B5 B7 C4 |
21 |
12 |
33 |
Obradoiro |
A2 A11 B3 B6 B7 C4 |
16 |
10 |
26 |
Traballos tutelados |
A2 A14 A18 B1 B3 B7 |
6 |
20 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Cada estudante escollerá dunha listaxe de leituras fornecida polo profesor no inicio das sesións unha leitura breve (en formato artigo ou capítulo de libro e con foco na participación da muller no campo literario portugués ou no relacionamento intersistémico galego-portugués) que será abordada de acordo coas instrucións recollidas polo docente no documento coa planificación da materia. O resultado desta abordaxe será obxecto de presentación oral e comentário no conxunto da turma. |
Presentación oral |
Cada alumno/a deberá abordar de acordo coas instrucións do profesor e apresentar oralmente ao conxunto da turma un libro relacionado cos conteúdos da materia e escollido dunha listaxe de leituras fornecida polo docente no inicio das sesións. Os materiais utilizados na exposición oral (diapositivos, esquemas, fragmentos etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente. |
Estudo de casos |
Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia. Aínda que serán realizados de preferência de forma autónoma polo alumnado a súa elaboración contará co acompañamento e a asesoría do profesor. |
Sesión maxistral |
Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Cada estudante realizará durante as sesións de docencia interactiva un conxunto variado de actividades (consulta de fontes documentais, análise de textos de diverso tipo, elaboración de esquemas, liñas temporais ou mapas conceituais, etc.). Tres destas actividades serán seleccionadas para avaliación. |
Traballos tutelados |
Utilizando metodoloxías con base na “aprendizaxe colaborativa”, o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutorizado focado de preferencia para a pesquisa, a documentación, a síntese e, sobre todo, a apresentación de conteúdos sobre a literatura portuguesa do século XXI. O traballo será apresentado ao conxunto da turma e contará cunha parte expositiva e outra interactiva. Os materiais utilizados nesta actividade serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente. Tanto a composición da equipa como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Presentación oral |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do Traballo Tutorizado, das Leituras e dos Estudos de Caso.
De maneira xeral, canto ao Traballo Tutorizado, para além dos momentos habilitados durante as sesións semanais, cada equipa asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á súa apresentación.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro ou para calquera estudante cuxas condicións (laborais, de conciliación, de cuidados, ...) non permitan un acompañamento regular das aulas ou dos traballos propios da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 A14 A18 B1 B3 B7 |
Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". O traballo en equipa, a corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. |
25 |
Lecturas |
A2 A18 A20 B1 B3 B7 C4 |
Será avaliada a consecución dos obxectivos fixados para esta actividade, nomeadamente a estrutura e conteúdos dos materiais achegados. Da mesma maneira, serán obxecto de avaliación a cualidade da apresentación dos conteúdos específicos e dos materiais utilizados. |
10 |
Presentación oral |
B6 B7 |
Para alén da utilidade das presentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. |
10 |
Obradoiro |
A2 A11 B3 B6 B7 C4 |
Serán tamén obxecto de avaliación o correcto cumprimento das tarefas encomendadas no decurso destas actividades, a capacidade analítica e crítica, a participación informada e coerente e, cando corresponder, a participación e o traballo en equipa. |
30 |
Estudo de casos |
A2 A14 B1 C4 |
Será avaliada a capacidade analítica e crítica, o entendemento dos procesos focados e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para as actividades destas características. |
25 |
|
Observacións avaliación |
1. A avaliación da materia será feita de forma continua na primeira oportunidade. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe. 2. Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 3. Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas. 4. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de formato e corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual). 5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 6. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade deberán realizar e superar unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas abordaxes de leituras ou estudos de caso (4 valores) que lle foren encomendados. 7. O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada co docente unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas lecturas ou estudos de caso (4 valores) que lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que esta circunstancia se producir. 8. O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía, unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas lecturas ou estudos de caso (4 valores) que lle foren encomendados. 9. Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente ao exame na oportunidade correspondente. 10. A materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de medidas voltadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal). 11. De acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Será usada linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as corrixir.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1.AA.VV. (1984). Literatura e realidade (que é o Realismo?). Lisboa: Dom Quixote 2.Amaral,
F. Pinto de (1991). O mosaico fluido. Modernidade e pós-modernidade na
poesia portuguesa mais recente (autores revelados na década de 70).
Lisboa: Assírio & Alvim 3.Barreira, C. (1981). Nacionalismo e modernismo. De Homem Cristo Filho a Almada Negreiros. Lisboa: Assírio & Alvim 4.Bernardes,
José Augusto Cardoso et al (dir.) (1995-2002). BIBLOS. Enciclopédia
VERBO das literaturas de língua portuguesa. Lisboa-São Paulo: Verbo (5
vols.) 5.Bessa-Luís, A. (1979). A vida e a obra de Florbela Espanca. Lisboa: Arcádia 6.Buescu, Maria Leonor Carvalhão (1994). História da literatura. Lisboa: IN-CM 7.Coelho,
Jacindo Prado (ed.) (1987). Dicionário de literatura: literatura
portuguesa, brasileira, galega, estilística literária. Porto:
Figueirinhas (5.vols. e atualização de 2002-2003) 8.Cruz, L. (1971). Viragem do romance português. Paris: Fundação Calouste Gulbenkian 9.Dias, A.F. (1998). História e crítica da literatura portuguesa. São Paulo: Verbo 10.Ferreira, A. (ed.) (1980). Antologia de textos da "Questão Coimbrã". Lisboa: Moraes Ed. 11.Ferreira, João Palma (1985). Literatura portuguesa: história e crítica. Lisboa: IN-CM 12. Gavilanes, José Luis & Apolinário, António (eds.) (2000): Historia de la Literatura Portuguesa. Madrid: Cátedra. 13.
George, João Pedro (2002). O meio literário português (1960/1998)
prémios literários, escritores e acontecimientos. Algés: Difel 14.Guerra da Cal, Ernesteo (1981). Língua e estilo em Eça de Queiroz [trad.]. Coimbra: Almedina 15.Guimarães, Fernando (1969). A Poesia da presença e o aparecimento do neo-realismo. Porto: Inova 16.Lopes, Óscar (s.d.). Oliveira Martins e as contradições da Geração de 70. Porto: Biblioteca Fenianos 17.Lourenço,
Eduardo (2003). Lourenço, Eduardo. Título Pessoa revisitado : leitura
estruturante do drama em gente. Lisboa: Gradiva 18.Macedo, Helder (1999). Nós uma leitura de Cesário Verde. Lisboa: Presença 19.Machado, Álvaro Manuel (1998). A Geração de 70. Uma revolução cultural e literária. Lisboa: Presença 20.Marinho, Maria de Fátima (1999). O romance histórico em Portugal. Porto: Campo das Letras 21.Martins,
A. Coimbra (1967). Ensaios Queirosianos. O Mandarim assassinado. O
incesto d'Os Maias. Imitação capital. Lisboa: Publicações Europa-América 22.Martins, Fernando Cabral (coord.) (2008). Dicionário de Fernando Pessoa e do modernismo português . Lisboa: Caminho 23.Melo e Castro, E.M. (1980). As vanguardas na poesia portuguesa do século XX. Lisboa: ICALP 24.Morao, Paula (1991). O Só de António Nobre uma leitura do nome. Lisboa: Caminho 25.Pascoaes, Teixeira de (1988). A Saudade e o saudosismo dispersos e opúsculos (Pinharada Gomes ed.). Lisbao: Assirio e Alvim 26.Petrov,
Petar el al (ed.) (2012). Avanços em literatura e cultura portuguesas.
De Eça de Queirós a Fernando Pessoa. Santiago de Compostela-Faro:
AIL-Através Editora 27.Petrov, Petar el al (ed.) (2012). Avanços
em literatura e cultura portuguesas. Século XX. Santiago de
Compostela-Faro: AIL-Através Editora (vols.1-3) 28.Pimentel, F.
Vieira (1981). Tendências da estética finissecular. D. João da Câmara.
Um caso exemplar. Ponta Delgada: Universidade dos Açores 29.Pimentel,
F.J. Vieira (ed.) (2002). Presença : labor e destino de uma geração,
1927-1940: estudos e ensaios. Coimbra: Angelus Novus Editora 30.Pires, Daniel (1986). Dicionário das revistas literárias portuguesas do século XX. Lisboa: Contexto 31.Popper, Karl R. (1987). O Realismo e o objectivo da ciência. Lisboa: Dom Quixote 32.Quadros, António (1989). O primeiro modernismo português: vanguarda e tradição. Lisboa: Publicações Europa-América 33.Rebelo,
Helena (coord.) (2011). Lusofonia. Tempo de reciprocidades (Actas do IX
Congresso da AIL). Porto: Afrontamento (2 vols.) 34.Reis, Carlos (coord.) (1989). Literatura portuguesa moderna e contemporânea. Lisboa: Universidade Aberta 35.Reis, Carlos (dir.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. Lisboa: Verbo (9 vols.) 36.Rodriguez,
J.L. et al (eds.) (2008). Da Galiza a Timor. A Lusofonia em foco (Actas
do VIII Congresso da AIL). Santiago de Compostela: USC (3 vols.) 37.Saraiva, António José (1982). As ideias de Eça de Queirós. Amadora: Bertrand 38.Saraiva, António José e Lopes, Óscar (1992). História da literatura portuguesa. Porto: Porto Editora 39.Simões, M.L. Netto (1975). Narrativa portuguesa em processo de framentação. Petrópolis: Vozes 40.Taibo,
Carlos (2010). Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas
de Fernando Pessoa. Santiago de Compostela: Através Edirora 41.Torres, A. Pinheiro (1977). O Neo-Realismo literário português. Lisboa: Moraes Ed. 42.VV.AA. (1991). A arte e a sociedade portuguesa no século XX (1910-1990). Lisboa: Livros Horizonte. |
Bibliografía complementaria
|
Torres Feijó, Elias J. (2003). "Introducción", in La brasileña de Prazins. Madrid: Cátedra
(). Agália. Revista de Estudos na Cultura. http://www.agalia.net
(). Arquivo Pessoa. http://arquivopessoa.net
Castro, A. (1960). Balzac em Portugal. Coimbra
Silva, Manuela Parreira da (ed.) (2001). Cartas de Mário de Sá-Carneiro a Fernando Pessoa. Lisboa: Assírio & Alvim
Martines, Enrico (ed.) (1998). Cartas entre Fernando Pessoa e os directores da presença. Lisboa: IN-CM
(). Casa Fernando Pessoa. http://casafernandopessoa.cm-lisboa.pt/index.php?id=2233
(). Colóquio/ Letras. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian
(). Correntes d'Escritas. Revista de Cultura Literária de Póvoa de Varzim.
(). Dicionário Histórico de Portugal. http://arqnet.pt/dicionario/
Hourcade, P. (1963). Guerra Junqueiro et le problème des influences françaises en son oeuvre. Paris
(). Jornal de Letras, Artes e Ideias. http://visao.sapo.pt/JL
(). Literatura portuguesa (Instituto Camões). http://cvc.instituto-camoes.pt/conhecer/bases-tematicas/literatura-portuguesa.html
(). Projecto Vercial. http://alfarrabio.di.uminho.pt/vercial/index.html
Guimarães, Fernando (ed.) (2001). Simbolismo, saudosismo e modernismo antologia de poesía portuguesa. Lisboa: Quase
Monteiro, João César (1969). Sophia de Mello Breyner Andersen. http://www.youtube.com/watch?v=3JA7lxeovVY |
O docente poderá indicar referencias bibliográficas específicas para cada un dos temas en que están organizados os conteúdos da materia. Se foren indicadas leituras (nomeadamente aos efeitos da apresentación oral que figura no presente guía) estas deberán contemplar, no conxunto da turma, a necesaria variedade en relación tanto co xénero literario como das persoas produtoras. A selección de obras de leitura/ apresentación poderá ser feita a partir de unha listaxe orientativa fornecida polo profesor responsábel pola materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Portuguesa 1/613G02026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa/613G02027 | Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043 |
|
Materias que continúan o temario |
Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046 | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047 |
|
Observacións |
Para o alumnado de mobilidade (programa Erasmus ou outros) poder acompañar correctamente a materia será preciso ter o nível
suficiente (recoméndase un mínimo equivalente ao nível B2 do Cadro
Europeu) de comprensión e expresión, tanto oral como escrita, en calquera variante galego-portuguesa. Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento. |
|